Diseño del blog

La USC convoca 14 plazas para Auxiliar de Aquivos, Bibliotecas e Museos.

may 04, 2022

¡Próximo período de inscripción na USC!

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2022 pola que se convocan probas selectivas para acceso á escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, subgrupo C1, pola quenda de acceso libre.

Convócase probas selectivas para cubrir 14 prazas na escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, subgrupo C1, pola queda de acceso libre.
Resérvanse 3 prazas para seren cubertas por persoas con discapacidade de grao igual ou superior ó 33%.
As prazas convocadas terán o seu destino nas localidades de Santiago de Compostela e Lugo. 
O sistema de selección das persoas aspirantes será o de concurso – oposición. 

Entre outros requisitos destácase estar en posesión do título de bacharel ou técnico e será requisito indispensable para o ingreso ter acreditada a aptitude médica para o desempeño. 
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín oficial del Estado. 
Para a presentación de solicitudes, as/os aspirantes deben posuír un destes medios de identificación electrónica válidos. 
No caso de persoal da USC: credencias corporativas. 
No caso de persoal alleo á USC: certificados persoais clase 2CA, certificados incluídos no DNI electrónico ou claves concertadas no sistema Cl@ve. 

A solicitude presentarase acompañada da seguinte documentación: 

- Fotocopia do certificado de coñecemento de lingua galega ( Celga 3, certificado de aptitude do curso de iniciación de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega, de acordo co previsto na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega. 
- As persoas aspirantes que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ó 33% e opten pola cota de reserva para persoas con discapacidade deberán marcar o cadro corresponde da solicitude e acreditalo mediante certificado expedido para o efecto polos órganos competentes. 
- Os aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ó 33% poderán solicitar, no formulario de inscrición do proceso selectivo, a adaptación de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios, reflectindo con claridade as necesidades que ten o/a candidato/a de adaptacións específicas e o seu motivo.

Os dereitos de exame serán de 32.48 euros, e estarán exentas do pagamento: 

- Persoas con discapacidade igual ou superior o 33% ademais das familias numerosas clasificadas na categoría especial, terán a exención do total do da taxa. 
- As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral e as persoas que figuren como demandantes de emprego, polo menos seis meses anteriores a data de publicación da convocatoria, terán a exención do 50% da tasa.

PRIMEIRO EXERCICIO. 
Estarán exentas de realizar este exercicio, as persoas aspirantes que acreditaran documentalmente xunto coa solicitude estar en posesión do certificado CELGA 3 ou equivalente. 

SEGUNDO EXERCICIO. 
Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 120 preguntas tipo test máis 5 de reserva, baseadas no contido do programa, con 4 respostas alternativas, das clase só unha será a correcta. 

TERCEIRO EXERCICIO. 
Consistirá na realización de dous sopostos prácticos para elexir entre tres propostos polo tribunal. Cada suposto versará sobre o bloque A do programa e estará desagregado en 15 preguntas curtas.


TEMARIO DA OPOSICIÓN

Bloque A:
1. As bibliotecas universitarias: concepto, función, con especial referencia á situación en España e Galicia. A Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela (BUSC): estrutura, regulamento, persoas usuarias e servizos.
2. Cooperación en bibliotecas universitarias: tendencias e modelos de cooperación. Iniciativas cooperativas no ámbito español e de Galicia. A cooperación e as alianzas da BUSC.
3. Edificios, instalacións e equipamentos das bibliotecas universitarias: tendencias actuais e adaptación ás necesidades dos usuarios.
4. Desenvolvemento de coleccións nas bibliotecas universitarias. Coleccións impresas e coleccións de recursos electrónicos. Selección e sistemas de adquisición de fondos bibliográficos. Principais tarefas auxiliares. As coleccións especiais da BUSC.
5. A organización de fondos bibliográficos: libre acceso, depósito. Sistemas de clasificación e ordenación topográfica. A preparación dos materiais para o seu uso.
6. O control físico das coleccións: condicións de instalación dos materiais. Os recontos. A expurgación das coleccións. Preservación e conservación do fondo bibliográfico e documental.
7. Conceptos básicos dos estándares de normalización empregados nas bibliotecas universitarias: descrición bibliográfica (ISBD, regras de catalogación españolas, RDA); clasificación bibliográfica (CDU); identificación (ISBN, ISSN, D.L., NIPO, DOI, etc.) e codificación (Marc21); identificadores e perfís de autor (ORCID, Dialnet).
8. Os sistemas integrados de xestión bibliotecaria e as novas plataformas de servizos bibliotecarios. O OPAC e as ferramentas de descubrimento. O Catálogo automatizado da BUSC: estrutura e funcionalidades. Tarefas auxiliares en circulación e proceso técnico.
9. O movemento Acceso Aberto: concepto e orixe. Principais iniciativas de difusión nacionais e internacionais en materia de arquivos e bibliotecas. Os repositorios dixitais. Minerva, repositorio institucional da USC.
10. O patrimonio bibliográfico e documental: concepto, características e medidas de preservación. Principais bibliotecas dixitais de fondo antigo en Galicia e España. As coleccións e fondos documentais dixitalizados da BUSC e do Arquivo Histórico Universitario (AHUS).
11. Servizos orientados ás persoas usuarias na BUSC (I): acceso ao documento, Información e atención ao público.
12. Servizos orientados aos usuarios na BUSC (II): apoio á docencia e investigación. A formación en competencias informacionais na BUSC. O Portal de investigación da USC.
13. A atención ás persoas usuarias no AHUS. Condicións de acceso e consulta de documentos na sala. As cartas de servizo dos arquivos.
14. Márketing e promoción dos servizos bibliotecarios. A difusión dos servizos na BUSC. O sitio web da BUSC e as redes sociais.
15. As fontes de información: concepto e tipoloxía. Principais fontes de información multidisciplinares, en humanidades e ciencias sociais, en ciencia e tecnoloxía e en ciencias da saúde. Recursos existentes na USC.
16. O libro e as bibliotecas ata a invención da imprenta. Invención e difusión da imprenta. Os incunables.
17. O libro e as bibliotecas durante os séculos XVI ao XX.
18. A industria editorial e o comercio do libro na actualidade, con especial referencia á situación en España e Galicia. Panorama actual da edición científica e a súa repercusión nas bibliotecas universitarias.
19. Concepto e clases de arquivos. Funcións do arquivo. Os arquivos universitarios. O Arquivo Histórico Universitario da USC: regulamento, servizos e fondos.
20. A arquivística: concepto e principios. O documento de arquivo: definición, valores e ciclo vital. As agrupacións documentais e os instrumentos de control, xestión e descrición de documentos.
21. Sistemas ordinarios e extraordinarios de ingreso de documentos nos arquivos. As transferencias e os préstamos de documentos: Instrución 1/2020, da Secretaría Xeral, para o tratamento e a xestión da documentación administrativa na USC.
22. Principais técnicas e procesos vinculados ao tratamento documental: instalación, inventario, organización (clasificación e ordenación) e descrición dos documentos.
23. Lexislación estatal e autonómica sobre bibliotecas. Lei 10/2007, da lectura, do libro e das bibliotecas: capítulo I, Disposicións xerais; capítulo IV, Réxime xurídico do libro; capítulo VI, As bibliotecas; disposicións adicionais primeira e terceira. Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia: título preliminar, Disposicións xerais; título I, Do sistema galego de bibliotecas; título II, Definición e estrutura da Rede de bibliotecas públicas de Galicia, réxime de prestacións dos servizos bibliotecarios; título III, Bibliotecas universitarias, bibliotecas especializadas; título IV, Réxime sancionador.
24. Lexislación estatal e autonómica sobre arquivos. Real decreto 1708/2011, do 18 de novembro, polo que se establece o Sistema español de arquivos e se regula o Sistema de arquivos da Administración xeral do Estado e dos seus organismos públicos e o seu réxime de acceso: capítulo I, Disposicións xerais; capítulo II, Sistema español de arquivos. Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia: título preliminar, Disposicións xerais; título I, Dos documentos; título II, Dos arquivos; título III, capítulo I, Do sistema de arquivos de Galicia, Definición e estrutura; capítulo IV, Os arquivos das universidades públicas de Galicia; título IV, Réxime sancionador.
25. Lexislación estatal e autonómica sobre o patrimonio histórico español. Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español: título preliminar, Disposicións xerais; título VII, Do patrimonio documental e bibliográfico dos arquivos, bibliotecas e museos. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia: título preliminar, Disposicións xerais; capítulo VII, Bens que integran o patrimonio documental e bibliográfico.
26. Lexislación de propiedade intelectual. Lei 2/2019, do 1 de marzo, pola que se modifica o texto refundido da Lei de propiedade intelectual. Titularidade. Dereitos persoais ou morais e dereitos patrimoniais. Duración dos dereitos de autor. Entidades de xestión de dereitos de propiedade intelectual. A protección dos dereitos recoñecidos na lei. Ámbito de aplicación. Limitacións e excepcións do copyright para bibliotecas e arquivos.

Bloque B:
1. A Constitución española de 1978: estrutura e contido. Dereitos e deberes fundamentais. A súa garantía e suspensión. O Tribunal Constitucional. O Defensor do Pobo.
2. A Lei de procedemento administrativo común das administracións públicas: disposicións xerais. Os interesados no procedemento. Normas xerais de actuación das administracións públicas. Termos e prazos.
3. A Lei de réxime xurídico do sector público: disposicións xerais. Órganos colexiados das administracións públicas.
4. A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades: estrutura das universidades públicas. Ensinanzas e títulos.
5. Os estatutos da USC.
6. Lei de emprego público de Galicia: obxecto, principios e ámbito de aplicación. Clases de persoal. Dereitos e deberes individuais dos empregados públicos.

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: