Diseño del blog

O Concello de Carballo publica as bases e convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para Traballadores/as sociais

oct 14, 2022

O CONCELLO DE CARBALLO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA UNHA LISTA DE SUSTITUCIÓN DE TRABALLADOR/A SOCIAL

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  •  Nacionalidade. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea, nos termos previstos no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto do Empregado Público. Así mesmo os estranxeiros con residencia legal en España poderán acceder ás Administracións Públicas, como persoal laboral, en igualdade de condicións que os españois.
  • Idade: Ter cumpridos 16 anos.
  • Capacidade funcional: Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas que son obxecto do presente contrato. 
  • Habilitación: Non ter sido despedido/a mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional á cal se pertencía. Idéntico requisito seralles esixido aos nacionais doutros Estados, no seu caso. 
  • Compatibilidade: Non estar incurso en causas de incompatibilidade de conformidade co establecido na Lei 53/1984 de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas
  • Titulación: Estar en posesión do título de Grao de Traballo Social ou Diplomado/a en Traballo Social, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
  • Carné de conducir: Dado que entre as tarefas ou funcións atribuídas aos Traballadores/as socias, segundo a Relación de Posto de Traballo deste concello de Carballo, se inclúe a realización de visitas domiciliarias e realizar seguimento de casos, os/as aspirantes deberán estar en posesión de carné de conducir B1.
  • Estar en posesión do CELGA 4, ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo antes da finalización do prazo de presentación de instancias. A dita acreditación do coñecemento de lingua galega realizarase de conformidade ao previsto na normativa de aplicación, con arranxo ao Sistema de Certificación de Lingua galega (CELGA) actualmente vixente, ou as súas certificacións equivalentes, debidamente homologadas polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (nos termos do previsto na Orde de 16 de xullo de 2007 e na Orde de 10 de febreiro de 2014, que modifica a anterior)


As citadas solicitudes presentaranse no citado Rexistro xeral do Concello en horas de oficina durante o prazo de cinco días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Tamén se publicará no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello e na web municipal, é dicir, ate o día 21/10/2022


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 60 minutos


Consistirá en contestar por escrito, un cuestionario, tipo test, de 40 preguntas con respostas alternativas das que só unha será válida, relacionadas co contido do programa anexo á convocatoria 


EXERCICIO 2.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 60 minutos


Consistirá na realización dun/varios supostos prácticos, que se desenvolverá por escrito, determinados polo Tribunal con carácter inmediatamente previo á realización do exercicio, e relacionado/s directamente co temario xeral e específico 


Unha vez rematado o tempo de exame, o Tribunal poderá determinar a lectura do exercicio, se así o estima conveniente, no curso da cal o tribunal poderá dialogar e formularlles preguntas aos/ás aspirantes en relación tanto á exposición escrita dos/das aspirantes como en relación ao temario anexo á convocatoria. A lectura do exercicio en ningún caso poderá ser superior a 30 minutos para cada un/una dos/das aspirantes


Neste exercicio valorarase fundamentalmente a claridade de ideas e a capacidade expositiva, así como a sistemática na exposición do suposto e o plantexamento e formulación de conclusións. 


PROBA DE GALEGO

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 45 minutos


Unicamente obrigatorio para os/as aspirantes que non teñan acreditado estar en posesión, ou en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de solicitudes, do nivel de coñecemento de galego requirido CELGA 4 ou equivalente.


Consistirá nunha redacción en galego sen axuda de dicionario, dun documento administrativo relacionado coas funcións do posto de traballo.


Deseguido cada aspirante realizará unha proba oral dun máximo de 10 minutos


XESTIÓN DO DA LISTAXE DE SUBSTITUCIÓNS


O nomeamento/contratación dos/as aspirantes efectuarase atendendo á súa clasificación na bolsa de traballo, por orde decrecente de puntuación


Os chamamentos realizaranse por vía telefónica efectuándose, como mínimo, dúas chamadas, entre as 8.00 horas e as 15.00 horas.


Coa finalidade de posibilitar a mellor tramitación do procedemento, os interesados son responsables de comunicarlle ao Concello calquera alteración do seu número de contacto.


O/a empregado/a público/a que efectúe as chamadas fará constar mediante dilixencia a disposición do interesado a cubrir temporalmente a praza que corresponda. De non atender as chamadas, entenderase que o aspirante desiste de cubrir a praza


Os/as aspirantes que sendo requiridos para o seu nomeamento/contratación renuncien dúas veces seguidas ou non poidan ser chamados por causa non imputable á Administración, pasarán a ocupar a derradeira posición na bolsa de traballo para os efectos de novos nomeamentos. O mesmo proceso aplicarase a aquelas persoas que renuncien o desempeño do seu posto de traballo unha vez iniciada a prestación


TEMARIO:

  1. A Constitución Española de 1978: Estrutura e principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. Garantías dos dereitos fundamentais e liberdades públicas. A suspensión dos dereitos.
  2.  A organización territorial do Estado. As comunidades autónomas na Constitución española de 1978. O Estatuto de Autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma galega en materia de servizos sociais
  3. A organización municipal. Órganos necesarios. O Alcalde e os Tenentes de Alcalde. A Xunta de Goberno Local. O Pleno da Corporación. A organización municipal complementaria.
  4. O réxime local. A Administración Local na Constitución Española e o principio de autonomía local. A potestade regulamentaria das Entidades Locais: Regulamentos e Ordenanzas. O procedemento de elaboración e aprobación. Os Bandos
  5. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Réxime de sesións e acordos. Actas e certificacións de acordos
  6. O persoal ao servizo da Administración Local: clases e réxime xurídico. Integración en Escalas, subescalas e Clases
  7. Dereitos e deberes dos empregados públicos. Réxime de incompatibilidades. Situacións administrativas. Réxime retributivo. Responsabilidade das autoridades e persoal ao servizo das administracións públicas.
  8. O procedemento administrativo común: concepto e clases. Principios xerais do procedemento administrativo. Dereitos dos cidadáns no procedemento administrativo. Dimensión temporal do procedemento administrativo: días hábiles. Regras sobre o cómputo de prazos.
  9. Fases do procedemento administrativo. Formas de terminación do procedemento: a obriga de resolver. A falta de resolución expresa: o silencio administrativo. Notificación e publicación dos actos administrativos. A notificación electrónica
  10. Os recursos administrativos: principios xerais. Actos susceptibles de recurso. Clases de recursos.
  11. A protección de datos de carácter persoal no ámbito das administracións públicas. Confidencialidade e manexo de datos persoais. Os dereitos de rectificación e cancelación na Lei orgánica 3/2018 de 5 de decembro, de Protección de Datos persoais e garantía dos dereitos dixitais
  12. Actividade subvencional das administracións públicas. Procedemento de concesión e xestión das subvencións. O reintegro de subvenciones. A publicidade das subvencións concedidas.
  13. Os servizos sociais no ámbito local: Competencias das entidades locais en materia de servizos sociais segundo a Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. 
  14. Marco competencial autonómico dos servizos sociais: Lei de servizos sociais de Galicia. Estrutura, niveis de atención, equipo profesional de Servizos Sociais. Profesional de referencia. 
  15. Decreto 99/2012 do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. Conceptos xerais. 
  16. Convenio programa para o desenvolvemento para as prestacións básicas de servizos sociais nas corporacións locais. Principios xerais do Plan Concertado.
  17. Natureza e funcións dos servizos sociais comunitarios básicos. 
  18. Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención a persoas en situación de dependencia. Graos de dependencia. Valoración da situación de dependencia. Recoñecemento do dereito. Financiamento do sistema e aportación das persoas usuarias. 
  19. Prestación e catálogo de servizos de atención para a autonomía e atención á dependencia. Procedemento de elaboración do PIA e seguimento do PIA. Programa de asignación de recursos
  20. O Servizo de axuda no fogar no ámbito local. Orde 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o Servizo de axuda no fogar en Galicia.
  21. A teleasistencia e o programa de xantar na casa. Obxectivos e funcións.
  22. O Regulamento do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Carballo e a Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de Axuda no Fogar do Concello de Carballo.
  23. O traballo social como disciplina. Perfil profesional do/a traballador/a social. Funcións e competencias.
  24. Deontoloxía no traballo social e ética profesional. O Código ético. A confidencialidade e o segredo profesional
  25. Metodoloxía do Traballo Social. Conceptos e fases do método Básico. Niveis de actuación
  26. A Planificación no traballo social: elaboración de programas e proxectos sociais
  27. Técnicas aplicadas ao traballo social: instrumentos de coñecemento, intervención e avaliación
  28. As técnicas instrumentais de recollida de datos aplicadas ao traballo social.
  29. Traballo social comunitario. Metodoloxía da Intervenció
  30. O informe social. Orde do 1 de abril de 2013 pola que se aproba o modelo de informe social unificado para a área de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía persoal e se aproba a súa utilización no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
  31. Ferramentas informáticas para o traballo social: SIUSSGAL, SIGAD, MATIASS, HSU. Concepto e finalidade.
  32. A Historia social única: o Decreto 89/2016, do 30 de xuño, polo que se regula a creación, uso e acceso a historia social única electrónica.
  33. Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia. Acollemento familiar na Comuniade Autónoma
  34. Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia. Principios rectores e familias de especial consideración respecto á lei
  35. Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais de Galicia. As obrigas das entidades
  36. O sistema español de Seguridade Social: pensións contributivas. Pensións non contributivas. As incapacidades e prestacións. O Ingreso Mínimo Vital.
  37. A situación de desemprego. Integración laboral e social. Os subsidios de Desemprego.
  38. Lei 10/2013 do 27 de novembro de Inclusión Social de Galicia e Decreto 14/2019 de desenvolvemento da Lei de inclusión social de Galicia. Definición, persoas beneficiarias, estrutura dos tramos, requisitos xerais de acceso e exencións
  39. A Renda de inclusión social de Galicia (RISGA). Modificación, suspensión e extinción da RISGA
  40. As axudas de inclusión social de Galicia (AIS). Tramitación.
  41.  A abordaxe das situacións de emerxencia desde a atención primaria. Axudas específicas: Definición e requisitos.
  42. Dereito de familia: matrimonio, filiación, tutela, adopción. Educación sexual e planificación familiar. 
  43. Actuacións perante situacións de desprotección social do menor: risco e desamparo. Medidas de protección. 
  44. Guía de detección do maltrato infantil da Xunta de Galicia
  45. Colectivos específicos: menores. O papel dos Servizos Sociais. Medidas de protección. Recursos e programas coa infancia e a adolescencia. 
  46. Os puntos de encontro familiar en Galicia: regulación no Decreto 96/2014, do 3 de xullo. Obxectivos dos puntos de encontro familiar. Dereitos e deberes das persoas usuarias
  47. Colectivos específicos: persoas con discapacidade. Procedemento para a valoración e o recoñecemento da discapacidade.
  48. Necesidades e recursos das persoas con discapacidade. Programas. Centros de atención a persoas con discapacidade
  49. Colectivos específicos: persoas maiores. Aspectos sociais do envellecemento. Necesidades sociais das persoas maiores. Recursos. Servizos de apoio. 
  50. Colectivos específicos: Muller. O papel do/a traballador/a social na atención á muller no ámbito municipal. Actuacións dos profesionais nos servizos sociais para a atención das mulleres que sofren violencia de xénero
  51. Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro de medidas de Protección integral contra a violencia de xénero. Novidades introducidas polo Real Decreto Lei 9/2018, do 3 de agosto, de medidas urxentes de desenvolvemento do pacto de estado contra a violencia de xénero. Centros de información a muller (CIM): requisitos para o seu funcionamento, servizos, equipo e funcións na rede asistencial galega.
  52. Lei 11/2007, de 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Formas de violencia de xénero. Acreditación da situación de violencia. Protección e asistencia. Medidas. Organización do sistema de protección.

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: