Diseño del blog

O Concello de Lugo publica as bases e convocatoria para 1 praza de técnico/a medio en xestión

nov 25, 2022

O CONCELLO DE LUGO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA CUBRIR 1 PRAZA DE TÉCNICO/A MEDIO EN XESTIÓN

REQUISITOS E SOLICITUDES

  • Estar en posesión, ou en condicións de obter na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes do Título de Enxeñeiro/a técnico, Diplomado/a universitario/a, Arquitecto/a técnico ou Título universitario de grao ou equivalente. 
  • No caso de titulacións obtidas no extranxeiro deberase estar en posesión da correspondente convalidación ou da credencial que acredite a homologación.
  • Ter a nacionalidade española ou cumprir os requisitos establecidos no artigo 57 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, no suposto de acceso ao emprego público de nacionais doutros Estados. 
  •  Poseer a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
  • Ter cumplidos dezaséis años e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Non estar separada ou separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para emprego ou cargo público por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionarias/os, ou para exercer funcións similares ás que desenvolvían no caso de persoal laboral, no que fora separada/o ou inhabilitada/o. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitada/o ou en situación equivalente nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público


O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles contados, dende o seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1

Obrigatorio e Non eliminatorio

Tempo: 120 minutos


Consistirá en contestar un cuestionario de 100 preguntas tipo test, máis tres (4) preguntas de reserva, correspondente ao conxunto do programa, con tres respostas alternativas propostas polo Tribunal, das cales só unha delas será correcta.


EXERCICIO 2

Obrigatorio e Non eliminatorio

Tempo: 120 minutos


Consistirá en un ou varios supostos prácticos que formulará o tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio e que estará relacionado cos contidos do programa e coas funcións propias das e dos titulares destas prazas.


COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA


Realizarase unha proba de coñecemento da lingua galega que fixará o órgano de selección atendendo á categoría e ás funcións da praza. Este exercicio puntuarase como apto ou non apto. 


Estarán exentos da realización deste exercicio aquelas persoas aspirantes que acheguen, no prazo regulamentario de presentación de solicitudes, o título CELGA 4 ou equivalentemente debidamente homologado, correspondente ao nivel de estudios esixidos para participar nas probas selectivas, segundo a Orde de 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014


TEMARIO:

  1. A Constitución española de 1978: estrutura e contido. A reforma constitucional. Dereitos fundamentais e liberdades públicas. 
  2. A Coroa. As Cortes Xerais. As funcións das Cortes Xerais. O Goberno e a Administración. O Goberno: composición e funcións. Relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais. 
  3. O poder xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial. O Tribunal Constitucional. Organización e funcións. Recursos e procesos ante o Tribunal Constitucional. 
  4. A Comunidade Autónoma Galega. O Estatuto de autonomía. O Parlamento de Galicia. Administración autonómica de Galicia. Organización e estrutura básica. 
  5. O réxime local español. Principios constitucionais. As entidades locais. A potestade regulamentaria dos entes locais. Ordenanzas, regulamentos e bandos. 
  6. As entidades locais territoriais. O municipio. Poboación e termo municipal. Organización e competencias. A provincia e outras entidades locais territoriais.
  7. O municipio de Lugo. Organización municipal específica: Pleno, Alcalde, Xunta de Goberno Local, tenentas e tenentes de Alcalde e concelleiras e concelleiros delegados. Comisións do Pleno e outros órganos complementarios. Poboación e termo municipal.
  8. Bens, actividades e servizos das entidades locais. A contratación local. O persoal ao servizo das entidades locais.
  9. O procedemento administrativo común. Principios. Estrutura. Fases do procedemento administrativo
  10. Procedemento administrativo sancionador. A responsabilidade patrimonial da Administración pública. Especial referencia á Administración local
  11. A revisión dos actos administrativos. Os recursos administrativos. A xurisdición contenciosoadministrativa: o recurso contencioso-administrativo. 
  12. As facendas locais. Recursos das facendas locais. Especial referencia aos recursos do municipio. O orzamento das entidades locais. Contido e aprobación. Control e fiscalización do gasto público.
  13. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. A forma e a motivación. 
  14. A eficacia dos actos administrativos. O principio de autotutela declarativa. O principio de autotutela executiva. A execución forzosa dos actos administrativos. A vía de feito. 
  15. A notificación: contido, prazo e práctica en papel e a través de medios electrónicos. A notificación infrutuosa. A publicación. 
  16. A invalidez do acto administrativo. Supostos de nulidade de pleno dereito e anulabilidade. A revisión de actos e disposicións pola propia Administración. A revogación de actos. A rectificación de erros. 
  17. Disposicións xerais sobre o procedemento administrativo. Os medios electrónicos aplicados ao procedemento administrativo común. A iniciación do procedemento: clases, subsanación e mellora de solicitudes. Presentación de solicitudes, escritos e comunicación. Os rexistros administrativos. 
  18. A adopción de medidas provisionais. O tempo no procedemento. Termos e prazos: cómputo, ampliación e tramitación de urxencia. 
  19. Ordenación do procedemento. A instrución: as súas fases. A tramitación simplificada do procedemento administrativo común.
  20. Terminación do procedemento. A obriga de resolver. Contido da resolución expresa: principios de congruencia e de non agravación da situación inicial. A terminación convencional.
  21. O incumprimento dos prazos para resolver e os seus efectos. A falta de resolución expresa: o réxime do silencio administrativo. A desistencia e a renuncia. A caducidade.
  22. Recursos administrativos: principios xerais. Actos susceptibles de recurso administrativo. Regras xerais de tramitación dos recursos administrativos. Clases de recursos. Procedementos substitutivos dos recursos administrativos. 
  23. A potestade sancionadora: concepto e significado. Principios do exercicio da potestade sancionadora. Especialidades do procedemento sancionador. Medidas sancionadoras administrativas. Especial referencia á potestade sancionadora local
  24. A responsabilidade da Administración pública: caracteres. Os presupostos da responsabilidade.danos resarcibles. A acción de responsabilidade. Especialidades do procedemento administrativo en materia de responsabilidade. A responsabilidade patrimonial das autoridades e persoal ao servizo das Administracións Públicas. 
  25. Os contratos do sector público: as directivas europeas en materia de contratación pública. Obxecto e ámbito de aplicación da Lei de Contratos do Sector Público. Contratos suxeitos a regulación harmonizada. Contratos administrativos e contratos privados. 
  26. Disposicións xerais sobre a contratación do sector público: racionalidade e consistencia, liberdade de pactos e contido mínimo do contrato, perfección e forma do contrato. Réxime de invalidez. Recurso especial en materia de contratación. 
  27. As partes nos contratos do sector público. Capacidade e solvencia do empresario. Sucesión na persoa do contratista. Os órganos de contratación. Competencia en materia de contratación e normas específicas de contratación pública nas entidades locais.
  28. Obxecto, orzamento base de licitación, valor estimado, prezo do contrato e a súa revisión. Garantías esixibles na contratación do sector público.Preparación dos contratos das Administracións Públicas: expediente de contratación, prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas
  29.  Efectos dos contratos. Prerrogativas da Administración Pública nos contratos administrativos. Execución dos contratos. Modificación dos contratos. Suspensión e extinción dos contratos. Cesión dos contratos e subcontratación. 
  30. A organización municipal nos municipios de réxime común. Órganos necesarios: o/a Alcalde/sa, os/as Tenentes/as de Alcalde/sa, o Pleno e a Xunta de Goberno Local. Atribucións e delegacións. Especialidades do réxime orgánico funcional dos municipios de gran poboación.
  31. Os órganos complementarios: Comisións Informativas e outros órganos. Os grupos políticos: composición, organización, financiamento e función. A participación veciñal na xestión municipal.
  32. As competencias municipais: sistema de determinación. Competencias propias, delegadas e distintas das propias. Os servizos mínimos.
  33. O sistema electoral local. Causas de inelixibilidade e incompatibilidade. Elección dos/as concelleiros/as e alcaldes/as. O recurso contencioso electoral.
  34. Réxime de sesións e acordos dos órganos de Goberno local: convocatoria, desenvolvemento e adopción de acordos. As Actas. A utilización de medios telemáticos. O libro de resolucións.
  35. A fase de control do goberno municipal nas sesións. A moción de censura e a cuestión de confianza no ámbito local. O estatuto dos membros electos das Corporacións Locais. Os/as concelleiros/as non adscritos/as. 
  36. Os dereitos constitucionais dos/as empregados/as públicos/as. Políticas de igualdade e contra a violencia de xénero nas Administracións Públicas. Políticas dirixidas á atención a persoas con discapacidade e/ou dependentes. 
  37. Os empregados públicos locais: clases e réxime xurídico. Os instrumentos de organización do persoal: plantilla e relación de postos de traballo. Os instrumentos reguladores dos recursos humanos: a oferta de emprego público, os plans de emprego e outros sistemas de racionalización.
  38. A relación estatutaria. Os dereitos dos funcionarios públicos. Dereitos individuais. Especial referencia á carreira administrativa e ás retribucións. O réxime da seguridade social. Dereitos de exercicio colectivo. Sindicación e representación. A negociación colectiva. 
  39. Deberes dos funcionarios públicos. O réxime disciplinario. O réxime de responsabilidade civil, penal e patrimonial. O réxime de incompatibilidades.
  40. O contrato de traballo: partes. Capacidade de contratar. Contido. As prestacións do traballador e do empresario. Modalidades do contrato de traballo. Modificación, suspensión e extinción da relación laboral 
  41. Dereitos e deberes laborais. O salario: concepto e natureza xurídica. Clases de salarios. A xornada de traballo. 
  42. As formas de acción administrativa das entidades locais. A intervención administrativa local na actividade privada. As autorizacións administrativas: as súas clases. O réxime de licenzas. A comunicación e a declaración responsable. A actividade de fomento na esfera local.
  43. A iniciativa económica das entidades locais e a reserva de servizos. O servizo público nas entidades locais. Concepto. As formas de xestión dos servizos públicos locais.
  44. O patrimonio das entidades locais: bens e dereitos que o conforman. Clases. Bens de dominio público. Bens patrimoniais. Os bens comunais. Os montes veciñais en man común. 
  45. Prerrogativas e potestades das entidades locais en relación cos seus bens. O inventario. Administración, disfrute e aproveitamento dos bens. A enaxenación. A acción de desahucio. Aspectos rexistrais. 
  46. A intervención na edificación e uso do solo: Licenzas urbanísticas e comunicacións previas. Actos suxeitos e exentos e o seu réxime xurídico. 
  47. As ordes de execución. Deberes de conservación e réxime da declaración de ruína.
  48.  Intervención municipal no comercio e actividades de servizo. A venta ambulante. A intervención municipal en espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos públicos. 
  49. A protección da legalidade urbanística: obras e usos sen licenza ou comunicación previa en curso de execución, obras rematadas sen título habilitante ou sen axustarse ao título. Outros actos sen licenza ou sen comunicación previa. Particularidades da protección da legalidade en solo rústico e en zonas verdes, espazos libres, dotacións e equipamentos públicos. Suspensión e revisión de licenzas. As declaracións de ineficacia. Infraccións e sancións urbanísticas.
  50. O orzamento xeral das entidades locais: concepto e contido. Especial referencia ás bases de execución do orzamento. A elaboración e aprobación do orzamento xeral. A prórroga do orzamento.
  51. A estrutura orzamentaria. Os créditos do orzamento de gastos: delimitación, situación e niveis de vinculación xurídica. As modificacións de crédito: clases, concepto, financiamento e tramitación. 
  52. A liquidación do orzamento. Tramitación. Os remanentes de crédito. O resultado orzamentario: concepto, cálculo e axustes. O remanente de tesouraría: concepto e cálculo 
  53. A tesourería das entidades locais. Réxime xurídico. O principio da unidade de caixa. Funcións da tesourería. Organización. Situación dos fondos: a caixa e as contas bancarias. A realización dos pagamentos: prelación, procedementos e medios de pagamento. O cumprimento do prazo nos pagamentos: o período medio de pagamento. O estado de conciliación.
  54. O control interno da actividade económico-financeira das entidades locais e dos seus entes dependentes. A función interventora: ámbito subxectivo, ámbito obxectivo e modalidades. Especial referencia aos reparos.
  55. O control externo da actividade económico-financeira do sector público local. A fiscalización das entidades locais polo Tribunal de Contas: organización e funcións.
  56. Os recursos das Facendas locais: enumeración dos recursos dos municipios. Especial referencia aos tributos locais. A potestade regulamentaria das entidades locais en materia tributaria: contido das ordenanzas fiscais, tramitación e réxime de impugnación dos actos de imposición e ordenación de tributos. O establecemento dos recursos non tributarios.
  57. A xestión, liquidación e recadación dos recursos das facendas locais. Os ingresos indebidos. A xestión de recadación en período voluntario e executivo. A revisión en vía administrativa dos actos de xestión tributaria ditados polas entidades locais. A xestión e recadación de recursos por conta de outros entes públicos.
  58. Taxas e prezos públicos. Principais diferenzas. As contribucións especiais: anticipo e aprazamento de cotas e colaboración cidadá. 
  59.  Imposto sobre bens inmobles. O Imposto sobre actividades económicas. Natureza.
  60. O Imposto sobre construcións, instalacións e obras. O imposto sobre vehículos de tracción mecánica. O Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana. 

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: