Diseño del blog

O Concello de Narón oferta 3 prazas de auxiliar administrativo xa con período de inscripción aberto.

oct 17, 2021

BASES XERAIS POLAS QUE SE REXERÁN OS PROCESOS SELECTIVOS QUE CONVOQUE O CONCELLO DE NARÓN PARA A  SELECCIÓN DE PERSOAL FUNCIONARIO PARA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2021

Requisitos xerais

Para ser admitidos á realización das probas selectivas os/as aspirantes deberán reunir os  seguintes requisitos:

a) Ter a nacionalidade española ou cumprir os requisitos establecidos no artigo 57 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, no suposto de acceso  ao emprego público de nacionais doutros estados.

b) Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes  funcións ou tarefas.

c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, a idade máxima de xubilación forzosa, agás que a normativa específica determine unha diferente.

d) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou
dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para
exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, que non fose separado/a o inhabilitado/a.
No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a
sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

e) Posuír a titulación que se requira nas bases específicas que rexan en cada convocatoria. No caso de titulacións
obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da correspondente convalidación ou da credencial que acredite, no seu
caso, a homologación.

f) Outros requisitos que, no seu caso, poidan esixirse nas correspondentes bases específicas.

4.2. Requisitos específicos para participar pola quenda de promoción interna: Os requisitos que han de reunir os/as
aspirantes que participen, no seu caso, pola quenda de promoción interna serán os establecidos para cada convocatoria
nas bases específicas.

4.3. Requisitos específicos para participar pola quenda de reserva de discapacidade.–Os/as aspirantes que concorran
pola quenda de reserva de discapacidadee, ademais de reunir os requisitos xerais exixidos no apartado 4.1, deberán ter
legalmente recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento. Esta circunstancia acreditarase xunto
coa instancia.

4.4. Os/as aspirantes deberán reunir os requisitos establecidos nestas bases na data de finalización do prazo de
presentación de solicitudes e mantelos durante todo o proceso selectivo.

Solicitudes.

5.1. As solicitudes deberán cumplimentarse no modelo oficial, que será facilitado gratuítamente nas Oficinas de
Rexistro do Concello de Narón. Dita solicitude poderá obterse tamén a través de internet, na sede electrónica do Concello
de Narón (www.naron.es).

No suposto de que o sistema selectivo establecido sexa o concurso-oposición, os méritos que en cada proceso
selectivo establezan as bases específicas alegaranse na solicitude ou no modelo normalizado establecido ao efecto
polo Concello de Narón. Os/as aspirantes deberán aportar xunto á solicitude fotocopia dos documentos acreditativos
dos méritos alegados. Non será necesaria a compulsa dos documentos que se presenten fotocopiados, bastando a
declaración responsable do/a interesado/a sobre a autenticidade dos mesmos, así como dos datos que figuran na
instancia, sen prexuízo de que, en calquera momento, o Tribunal Cualificador ou os órganos competentes do Concello
de Narón poidan requirir aos/ás aspirantes que acrediten a veracidade das circunstancias e documentos aportados
e que foran obxecto de valoración.

A data límite para a alegación dos méritos e a presentación dos documentos relativos aos mesmos será a da finalización do prazo de presentación de solicitudes. En ningún caso se valorarán méritos non alegados na solicitude ou non
acreditados documentalmente en prazo.

5.2. Taxa por dereitos de exame.

a) Dentro do prazo de presentación de instancias será necesario satisfacer o pago da taxa por dereitos de exame na
contía que se indique nas bases específicas de cada convocatoria.

O importe da taxa farase efectivo mediante modelo de ingreso de autoliquidación que poderá obterse persoándose nas
oficinas dos Servizos Económicos municipais (sitos na 4.ª planta do Concello), ou ben, ser solicitado, en horario de oficina
de 8.30 a 13.30 horas, por correo electrónico á dirección tesoureria@naron.es indicándose neste caso os datos fiscais do
solicitante (nome completo, NIF, domicilio fiscal) asi como o concepto e importe da taxa que se pretende satisfacer.

b) Tamén poderá materializarse o pago das referidas taxas por dereitos de exame na seguinte conta bancaria do
Concello de Narón.

ES15 2080 0235 9131 1000 0017

No xustificante de pago deberán aparecer perfectamente especificados os seguintes datos:
I. Apelidos e nome.
II. DNI.
III. Proceso selectivo ao que corresponde o pago das taxas.

c) Non procederá a devolución do importe satisfeito en concepto de taxa por dereitos de exame nos supostos de
exclusión das probas selectivas por causas imputables aos interesados. Porén procederase á devolución da taxa cando
por causas non imputables ao suxeito pasivo a actividade técnica e/ou administrativa que constitúe feito impoñible da taxa
non se realice.

d) A solicitude de participación deberá ir acompañada, necesariamente, do xustificante que acredite o abono íntegro
da taxa por dereitos de exame.

e) Segundo determina a ordenanza fiscal municipal reguladora de dereitos de examen, están exentos do pagamento
dos dereitos de exame as persoas que concorran ás convocatorias de persoal do Concello que teñan recoñecida unha
discapacidade superior ao 33%.

5.3. Na solicitude deberá facerse constar expresamente a quenda pola que se participe de acordo coas seguintes
indicacións: a) Libre. b) Promoción Interna. c) Cota de reserva de discapacidade.

5.4. Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados
a partir do seguinte á publicación do anuncio do extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. A non presentación
da solicitude en tempo e forma suporá a inadmisión do/a aspirante ao proceso selectivo.

5.5. Lugar de presentación: O impreso de solicitude coa súa copia, debidamente cumprimentado, así como o exemplar
correspondiente do impreso de autoliquidación, unha vez realizado o pago íntegro da taxa por dereitos de exame, poderá
presentarse:
a) Nas oficinas de Rexistro do Concello de Narón,
b) En calquera dos lugares e formas establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
administrativo común das administración públicas. No caso de que se opte por presentar a solicitude ante unha oficina
de Correos, farase en sobre aberto, para que a mesma sexa datada e selada polo funcionario de Correos antes de ser
certificada.
c) Tamén poderán presentarse de maneira telemática a través da sede electrónica do Concello de Narón ((https://
sedeelectronica.naron.es).

5.6. Discapacidade

Os aspirantes con grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento poderán solicitar na
instancia as adaptacións e os axustes razonables de tempo e medios das probas do proceso selectivo, a fin de asegurar
a súa participación en condicións de igualdade.
Xunto coa solicitude deberá achegarse o ditame médico facultativo emitido polo órgano técnico de calificación do grao
de discapacidade, acreditando:

As deficiencias permanentes que deron orixen ao grao de discapacidade recoñecido, a efectos de que o Tribunal poida
valorar a procedencia ou non da concesión da adaptación solicitada.

Que o/a aspirante posúe as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das
correspondentes funcións o tarefas propias da praza á que oposita  adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidadee. Unha vez analizadas as necesidades específicas de cada un dos aspirantes, o Tribunal Calificador adoptará as medidas precisas, naqueles casos que resulte necesario, de forma que os solicitantes de adaptacións de tempo e/ou medios  gocen de similares condicións para a realización dos exercicios que o resto dos participantes. A relación de adaptacións  concedidas e/ou denegadas será feita pública mediante anuncio no taboleiro de edictos do Concello de Narón e na sede  electrónica do Concello de Narón(https://sedeelectronica.naron.es).


BASES ESPECÍFICAS PARA A PROVISION DE TRES PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO

1.- Clasificación da praza.- Escala de Administración Xeral. Subescala: Auxiliar. Auxiliar Administrativo.
2.- Número de prazas que se convocan.- 3.
3.- Dotación económica.- As retribucións correspondentes ó grupo C2, nivel 14, segundo os acordos adoptados pola
Corporación ó respecto.
4.- Sistema de provisión.- 2 prazas por oposición en quenda libre e 1 por oposición en quenda de minusvalía.
5.-Titulación esixida.- Graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.
6.- Requisitos dos/as aspirantes.- Os que se determinan nas bases xerais.
7.- Funcións do posto de traballo.
Realizar tareas administrativas de trámite e colaboración, en función das instruccións, normas ou procedementos
establecidos.
Cometidos:
1. Asistir na tramitación de expedientes da unidade administrativa.
2. Informatizar documentos da unidade.
3. Rexistrar e arquivar documentación.
4. Atender ao público.
5. Substituir ao persoal administrativo da unidade.
8.- Documentación a presentar xunto coa instancia.-
 - Fotocopia compulsada do DNI.
 - Fotocopia da titulación esixida.
 - Xustificante de pago dos dereitos de exame
9.- Dereitos de exame.- 17,21 euros.
10.- Composición do tribunal.- O tribunal estará composto por:
Presidente (titular e suplente).- Un funcionario/a municipal.
Vocais (en número de tres).- Funcionarios/as de calesquera administración pública.
Secretario (titular e suplente).- Funcionario/a de carreira de calesquera Administración Pública.
11.- Contido do proceso selectivo, forma de desenvolvemento e sistema de cualificación.
O proceso selectivo constará de:
FASE DE OPOSICIÓN
A fase de oposición constará dos seguintes exercicios:
PRIMEIRO EXERCICIO.- Consistirá en desenvolver por escrito, nun tempo máximo de 1 hora, un custionario de 20
preguntas curtas, incluídos no temario Anexo a estas bases, elaboradas polo tribunal antes da celebración do exercicio.
Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar unha puntuación de 5 puntos para superalo.

SEGUNDO EXERCICIO.- Consistirá en desenvolver por escrito, no tempo máximo de unha hora, 1 tema de entre os que
figuran no programa anexo, a escoller de entre dous extraídos ó chou inmediatamente antes da celebración do exercicio.
Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar unha puntuación de 5 puntos para superalo.
TERCEIRO EXERCICIO.- Consistirá na realización de unha ou varias probas de ordenador utilizando o paquete ofimático
Office 2016 ou similar, no tempo establecido polo tribunal.
Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar unha puntuación de 5 puntos, en cada unha das
probas, para superalo.
A cualificación final deste exercicio, virá determinada pola media aritmética das puntuacións obtidas en cada un dos
supostos.
CUARTO EXERCICIO.- Galego.
Consistirá na traducción dun ou varios textos seleccionado/s polo Tribunal, no tempo máximo de 1 hora.
Quen acreditase, estar en posesión do título Celga 4 de galego, estará exento da realización deste exercicio.
A cualificación do exercicio será de “apto” ou “non apto”,
A puntuación total obterase sumando as obtidas nos tres primeiros exercicios

TEMARIO

Tema 1. A Constitución española de 1978. Estrutura e principios xerais. Os dereitos fundamentais na Constitución. O
modelo económico da Constitución española. O Tribunal Constitucional. A reforma da Constitución.
Tema 2. A organización do Estado na Constitución: organización institucional ou política e organización territorial. A
Coroa. As Cortes Xerais: referencia ao Defensor do Pobo e ao Tribunal de Contas. O Poder Xudicial.
Tema 3. O Goberno e a Administración. Principios de actuación da Administración pública. A Administración xeral do
Estado. As comunidades autónomas: especial referencia aos estatutos de autonomía. A Administración local. A Administración institucional.
Tema 4. A organización da Unión Europea. O Consello Europeo, o Consello, o Parlamento Europeo, a Comisión Europea
e o Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Competencias da UE.
Tema 5. O réxime local español: principios constitucionais e regulación xurídica. Relacións entre entes territoriais. A
autonomía local.
Tema 6. O municipio: concepto e elementos. O termo municipal. A poboación: especial referencia ao empadroamento.
A organización. Competencias municipais.
Tema 7. A provincia. Organización provincial. Competencias.
Tema 8. Outras entidades locais. Mancomunidades, comarcas ou outras entidades que agrupen varios municipios. As
áreas metropolitanas. As entidades de ámbito territorial inferior ao municipal.
Tema 9. Sometemento da Administración á lei e ao dereito. Fontes do dereito administrativo: especial referencia á lei
e aos regulamentos. A potestade regulamentaria na esfera local: ordenanzas, regulamentos e bandos; procedemento de
elaboración e aprobación e infraccións.
Tema 10. A relación xurídico-administrativa. Concepto. Suxeitos: a Administración e o administrado. Capacidade e
representación. Dereitos do administrado. Os actos xurídicos do administrado.
Tema 11. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Requisitos dos actos administrativos: motivación,
notificación e publicación. Eficacia dos actos administrativos. Validez dos actos administrativos. Revisión dos actos administrativos: de oficio e en vía de recurso administrativo.
Tema 12. O procedemento administrativo: consideracións xerais. As fases do procedemento administrativo: iniciación,
ordenación, instrución e terminación. Dimensión temporal do procedemento. Referencia aos procedementos especiais.
Tema 13. Especialidades do procedemento administrativo local. O Rexistro de entrada e saída de documentos. Funcionamento dos órganos colexiados locais; réxime de sesións e acordos. Actas e certificacións de acordos. As resolucións do
presidente da Corporación.
Tema 14. Formas da acción administrativa, con especial referencia á Administración local. A actividade de Fomento. A
actividade de Policía: as licenzas. O servizo público local. A responsabilidade da Administración.
Tema 15. Os bens das entidades locais. O dominio público. O seu patrimonio privado.
Tema 16. A contratación administrativa na esfera local. Clases de contratos. A selección do contratista. Execución,
modificación e suspensión dos contratos. A revisión dos prezos. Invalidez dos contratos. Extinción dos contratos.
Tema 17. O persoal ao servizo das entidades locais: concepto e clases. Dereitos, deberes e incompatibilidades.
Tema 18. Os orzamentos das entidades locais. Principios, integración e documentos de que constan. Proceso de
aprobación do orzamento local. Principios xerais de execución do orzamento. Modificacións orzamentarias: os créditos
extraordinarios e os suplementos de crédito, as transferencias de créditos e outras figuras. Liquidación do orzamento.
Tema 19. O gasto público local: concepto e réxime legal. Execución dos gastos públicos. Contabilidade e contas.
Tema 20. Introdución á comunicación. A comunicación humana. A linguaxe como medio de comunicación. Diferenza
entre información e comunicación. Tipos de comunicación: oral e telefónica. A comunicación non verbal.
Tema 21. Os servizos de información administrativa. A Administración ao servizo do cidadán. Atención ao público.
Acollida e información ao cidadán. Discapacidade.
Tema 22. Concepto de documento, rexistro e arquivo. Funcións do rexistro e do arquivo. Clases de arquivo. Especial
consideración ao arquivo de xestión. Criterios de ordenación do arquivo.
Tema 23. Políticas de igualdade de xénero. A Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de
mulleres e homes: obxecto e ámbito da lei. Principio de igualdade e tutela contra a discriminación. Principios das políticas
públicas para a igualdade.
Tema 24. Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos personais e garantía dos derechos digitales.
Obxecto e réxime xurídico. Principios da protección de datos: Calidade dos datos, dereito de información na recollida de
datos, consentimento do afectado, datos especialmente protexidos, deber de segredo. Dereitos dos cidadáns: acceso,
rectificación, oposición, cancelación. Ficheiros de titularidade pública: creación, modificación ou supresión.
(Calesquera referencia normativa dos temarios se entende referida ás disposicións legais vixentes na data do exame.)

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: