Diseño del blog

A Deputación de A Coruña publica as bases e convocatoria para 1 praza de Técnico/a Superior en Unión Europea

dic 07, 2022

A DEPUTACIÓN DE A CORUÑA PUBLICA AS BASES E A CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE TÉCNICO/A SUPERIOR EN UNIÓN EUROPEA

REQUISITOS E SOLICITUDES

  • Ter a nacionalidade española
  • Tamén poderán participar, como persoal funcionario, en igualdade de condicións que os españois, con excepción daqueles empregos públicos que directa ou indirectamente impliquen unha participación no exercicio do poder público ou na salvagarda dos intereses xerais do Estado e das Administracións públicas:
  • Os nacionais dos Estados membros da Unión Europea.
  • O cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os descendentes menores de vinte e un anos ou maiores desta idade que sexan dependentes.
  • As persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. 
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. En caso de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público
  • Respecto da titulación requirida, as persoas aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, ou en condicións de obtelo antes de que finalice o prazo de presentación de solicitudes
  • Respecto da titulación requirida, as persoas aspirantes deberán estar en posesión do título de (ou en condicións de obtelo antes de que finalice o prazo de presentación de solicitudes):
  • Grao ou licenciatura en dereito, económicas, políticas ou empresariais, Intendente mercantil ou actuario ou equivalente
  • Grao ou licenciatura en socioloxía, filoloxía inglesa, alemá, italiana ou francesa, historia, xornalismo, documentación, bioloxía ou equivalentes.
  • Certificado de Lingua Galega 4 (Celga 4) ou título equivalente debidamente homologado.


Para participar no proceso selectivo deberanse satisfacer os dereitos de exame, na contía que se indica: 32,10€


O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no “Boletín Oficial do Estado”.


PROCESO SELECTIVO:


EXERCICIO 1.

Tempo: 4 horas


Dividese en 2 partes

PRIMEIRA PARTE: Consistirá na contestación dun cuestionario tipo test de 50 preguntas (máis outras 5 preguntas de reserva) con 3 respostas alternativas, das que só unha será correcta


SEGUNDA PARTE  Consistirá en resolver un suposto práctico a elixir entre dous propostos polo Tribunal, relacionados coas materias do programa anexo e relativos ás funcións propias do posto de traballo que se ha desenvolver.


Durante o desenvolvemento desta proba os aspirantes poderán consultar os textos legais e xurisprudenciais non comentados dos que acudan provistos. O Tribunal poderá optar por poñer un suposto práctico tipo test.


Ningunha das dúas partes deste exercicio será eliminatoria.


EXERCICIO 2.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 60 minutos


As persoas aspirantes que non acrediten estar en posesión do Certificado de Lingua Galega 4 (Celga 4) ou título equivalente debidamente homologado deberán realizar unha proba de coñecemento da lingua galega


Consistirá na tradución dun texto do castelán ao galego e outro do galego ao castelán, a proposta do Tribunal.


TEMARIO:

  1. A Constitución española de 1978: Especial referencia aos dereitos fundamentais e liberdades públicas. 
  2. Réxime local español: clases de entidades locais. A provincia: Organización provincial. Competencias das provincias
  3. Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: conceptos e clases de empregados públicos. Dereitos e deberes. Código de conduta dos empregados públicos.
  4. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas: Dos actos administrativos: requisitos dos actos administrativos; eficacia dos actos; nulidade e anulabilidade. Termos e prazos. 
  5. Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público: Tipos de contratos. Normas específicas de contratación pública nas entidades locais.
  6. Decreto 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: Integración transversal do principio de igualdade nas actuacións da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. 
  7. Lei 3/1983, de normalización lingüística de Galicia e Ordenanza do uso da lingua galega na Deputación da Coruña (BOP 186, do 29 de setembro de 2017): Uso oficial do galego.
  8. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: Disposicións xerais. Principios da protección de datos. Dereitos das persoas
  9. O proceso de integración europea: das comunidades europeas á Unión europea.
  10. A Unión Europea tras o Tratado de Lisboa. 
  11. Modelo político da Unión Europea. A flexibilidade e as cooperacións reforzadas
  12. Concepto e caracteres do dereito comunitario. Fontes do dereito comunitario (I): dereito orixinario.
  13. Fontes do dereito comunitario (II): dereito derivado: regulamentos, directivas e decisións. Outras fontes.
  14. As relacións entre o dereito da Unión Europea e o ordenamento xurídico dos Estados membros. 
  15. A dimensión rexional de Europa. O Comité das Rexións. O Congreso de Poderes Locais e Rexionais de Europa.
  16. A organización da Unión Europea (I): o Consello Europeo.
  17. A organización da Unión Europea (II): o Consello e a Comisión Europea. 
  18. A organización da Unión Europea (III): o Parlamento Europeo. 
  19. A organización da Unión Europea (IV): O Tribunal de Xustiza da Unión Europea.
  20. A organización da Unión Europea (V): O Tribunal de Contas. O Banco Central Europeo.
  21. As políticas comunitarias: nocións xerais.
  22. A unión económica e monetaria.
  23. O orzamento comunitario.
  24. A Estratexia Europea 2020. Proxecto Europa 2030.
  25. A política de información e comunicación da Unión Europea. As redes de información europea.
  26. As subvencións da Unión Europea.
  27. A programación e o desenvolvemento dos Fondos Estruturais
  28. Os proxectos europeos (I): Características xerais. Fases da xestión e execución do proxecto
  29. Os proxectos europeos (II): A xestión financeira e o desenvolvemento de actividades
  30. Os proxectos europeos (III): Xustificación e control.

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: