Diseño del blog

A Deputación de Pontevedra publica as bases da convocatoria de 1 posto de traballo de subalterno de oficios varios

jun 11, 2022

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PUBLICA AS BASES DA CONVOCATORIA DE 1 POSTO DE TRABALLO, SUBALTERNO/A DE OFICIOS VARIOS POLA QUENDA DE DISCAPACIDADE INTELECTUAL

REQUISITOS E SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra. Admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas e certificados electrónicos.

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE, mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e da convocatoria no BOPPO e do extracto no DOG.

Os dereitos de exame poderanse pagar en calquera sucursal, por banca electrónica ou nos caixeiros habilitados de Abanca. A través da súa páxina web poderase realizar o pagamento con tarxeta sen necesidade de ser clienta ou cliente da entidade introducindo os datos identificativos que figuran na cabeceira do recibo.

O sistema de selección será por oposición libre  reservada a persoas con discapacidade intelectual e para poder acceder as persoas aspirantes deberán estar en posesión do certificado de escolaridade así como acreditar unha discapacidade intelectual igual ou superior ao 33%

PROCESO SELECTIVO
EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo para realizalo de 30 minutos.

Contestar por escrito un test de 30 preguntas con 4 respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do temario.

EXERCICIO 2.
Obrigatorio e eliminatorio co tempo máximo que marque o tribunal

Resolver un suposto práctico relacionado coa parte específica do programa

EXERCICIO 3 . Obrigatorio e non eliminatorio

Tradución directa ao idioma galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal.

No caso de non ter achegado a acreditación de coñecemento da lingua galega coa solicitude de participación no proceso, poderá presentalo ata a data que determine o tribunal no anuncio do exercicio inmediatamente anterior

TEMARIO :
  1.  A Constitución española de 1978
  2. A Deputación de Pontevedra
  3. O Museo Pontevedra
  4. Control de acceso, identificación, información, atención e recepción de visitantes.
  5. Recepción, distribución e entrega de paquetería e documentación.
  6. Manexo de máquinas reprodutoras e outras análogas.
  7. Realización de recados oficiais fóra e dentro do centro de traballo
  8. Información de anomalías ou incidencias no centro de traballo.
  9. Preparación de salas e reunións.
  10. Normativa xeral das políticas de igualdade entre mulleres e homes. Conceptos básicos
    de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Linguaxe non sexista. Uso inclusivo da
    linguaxe na Deputación de Pontevedra. Acoso sexual e por razón de sexo. Violencia de xénero.
    Definición. Tipos de violencia.

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: