Diseño del blog

A Deputación de Pontevedra publica as bases e convocatoria para 1 praza de oficial de comedor

jul 26, 2022

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE OFICIAL DE COMEDOR POLO SISTEMA SELECTIVO DE OPOSICIÓN LIBRE

REQUISITOS E SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra. Admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas e certificados electrónicos.

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE, mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e da convocatoria no BOPPO e do extracto no DOG, e dicir, ate o día 15/08/2022

Os dereitos de exame poderanse pagar en calquera sucursal, por banca electrónica ou nos caixeiros habilitados de Abanca. A través da súa páxina web poderase realizar o pagamento con tarxeta sen necesidade de ser clienta ou cliente da entidade introducindo os datos identificativos que figuran na cabeceira do recibo. Estos dereitos de exame serán de 12€

O sistema de selección será por concurso-oposición libre e para poder acceder as persoas aspirantes deberán estar en posesión do título da ESO ou equivalente así como o Celga3

PROCESO SELECTIVO
EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo para realizalo de 40 minutos.

Contestar por escrito un test de 40 preguntas con 4 respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do temario.

EXERCICIO 2 . Obrigatorio e eliminatorio co tempo máximo que marque o tribunal

Resolver un suposto práctico relacionado coa parte específica do programa

EXERCICIO 3 . Obrigatorio e non eliminatorio 

Tradución directa ao idioma galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal.

No caso de non ter achegado a acreditación de coñecemento da lingua galega coa solicitude de participación no proceso, poderá presentalo ata a data que determine o tribunal no anuncio do exercicio inmediatamente anterior.

TEMARIO :
  1. A Constitución española de 1978
  2. A provincia
  3. A función pública local
  4. Prevención de riscos laborais
  5. Instalacións, mobiliario, espazos, equipos ou maquinaria de uso habitual no comedor
  6. Limpeza e desinfección
  7. A hixiene en restauración
  8. Seguridade e prevención nas áreas de servizo de alimentos
  9. Sistema APPCC
  10. Identificación da vaixela, cristalería, lencería e material especial de uso habitual no comedor
  11. Sistemas e métodos de conservación e rexeneración de alimentos e produtos culinarios. Equipos necesarios
  12. Atención ás e aos comensais
  13. Descrición do proceso de servizo de almorzos
  14. Descrición do proceso de servizo de comidas ou ceas
  15. Normas de protocolo en restauración. Importancia. Tipos de protocolo.
  16. Técnicas aplicadas no transporte de alimentos da cociña ao comedor segundo os diferentes tipos de servizo.
  17. Servizo de bufete, autoservizo ou servizos análogos. Clases. Equipamentos e instalacións. Identificación de elaboracións. Distribución, puntos de apoio ao servizo e fórmula de presentación. Exemplos de diferentes clases de servizo de bufete
  18. Caracterización dos principios inmediatos
  19. Caracterización das dietas máis habituais

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: