Diseño del blog

O Concello de Catoira publica as bases e convocatoria de 1 praza de Auxiliar Administrativo/a

ago 02, 2022

O CONCELLO DE CATOIRA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ter a nacionalidade española ou outra das previstas no artigo 52 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia (LEPG) e restante normativa concordante, que permita o acceso á praza de convocada
  • Estar en posesión, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes, do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria (Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación), graduado/a en educación secundaria (Lei 1/1990, de 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo), graduado/a escolar ou técnico/a auxiliar (Lei 14/1970, de 4 de agosto, xeral de educación e financiación da reforma educativa) ou bacharelato elemental (plan 1957), ou equivalentes
    • As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, de ser o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtiveran o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración Pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas (CCAA), nin estar na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratara de acceder ao corpo ou escala de persoal do que a persoa houbera sido separada ou inhabilitad
    • No caso de nacionais doutros Estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin haber sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
  • Ter cumpridos os 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa
  • Estar en posesión das capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas. As persoas aspirantes que desexen manifestar e facer valer a súa condición legal de discapacidade, por ter recoñecido un grao de minusvalía igual o superior ao 33%, ou aqueloutra situación análoga segundo a normativa vixente ao efecto, deberán presentar certificado dos órganos competentes do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, ou outro órgano competente ao efecto, que acredite tal condición, xunto con certificado dos citados órganos, ou da administración sanitaria competente, acreditativo da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes á praza convocada. A citada condición acreditarase a efectos de solicitar algún tipo de adaptación nas probas a desenvolver, para o que se aplicará ao disposto na Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño, publicada no BOE do 13 de xuño de 2006, polo que se establecen os criterios para adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade, ou calquera outra actuación/medida que persiga a dita adaptación e non supoña un tratamento inxustificadamente diferenciado, no tocante ao contido das probas, respecto dos/as restantes aspirantes (para estes efectos, o tribunal poderá poñerse en contacto cos interesados, coa fin dunha mellor concreción e materialización das adaptación necesarias e procedentes).
  • Estar en posesión do CELGA 3, ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de instancias
    • A dita acreditación do coñecemento de lingua galega realizarase de conformidade ao previsto na normativa de aplicación, con arranxo ao Sistema de Certificación de Lingua galega (CELGA) actualmente vixente, ou as súas certificacións equivalentes, debidamente homologadas polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (nos termos do previsto na Orde de 16 de xullo de 2007, e Orde de 10 de febreiro de 2014, que modifica a anterior, ao respecto dos certificados oficiais acreditativos dos niveles de coñecemento de lingua galega).
    • En todo caso, e segundo ao previsto no artigo 51.2 da Lei do Emprego Público de Galicia, os/as aspirantes que non acrediten dito coñecemento da Lingua Galega requirido (CELGA 3, ou equivalente), ou estar en condicións de obtelo dentro do prazo de presentación de instancias, deberán realizar unha proba específica de coñecemento de lingua galega ao remate do concurso-oposición, e que cualificará ao/á aspirante como apto ou non apto
  • Ter aboado os dereitos de exame por importe de 10 euros, que poderá efectuarse na Tesourería Municipal do Concello ou mediante ingreso na conta do Concello núm. ES04 2080 5109 0530 4000 1239.
As instancias solicitando tomar parte no proceso selectivo dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente, e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello debidamente cumprimentadas, durante o prazo de 10 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado, é dicir, ate o día 12/08/2022
Poderán, así mesmo, remitirse na forma determinada na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas

PROCESO SELECTIVO:
PROBA ÚNICA. Cun tempo máximo de 15 minutos.

Test de 10 preguntas e 2 de reserva, a determinar polo Tribunal e relacionadas cos temas xeral e específico

EXAME DE GALEGO: 

Segundo ao previsto no artigo 51.2 da Lei do Emprego Público de Galicia, os/as aspirantes que superen o concurso-oposición e non acrediten o coñecemento da Lingua Galega requirido (CELGA 3, ou equivalente), ou estar en condicións de obtelo dentro do prazo de presentación de instancias, deberán realizar unha proba específica de coñecemento de lingua galega ao remate do mesmo, e que cualificará ao/á aspirante como apto ou non apto

TEMARIO :
  1. A Constitución española de 1978
  2. A organización municipal
  3. O procedemento administrativo
  4. A ofimática
  5. O Correo electrónico
  6. Os Servizos Sociais no Estatuto de autonomía de Galicia.
  7. O Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO).
  8. Orde do 22 de xaneiro de 2009, polo que se regula o Servizo de Axuda no Fogar
  9. Lei 39/2006, de 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia. 
  10. Nocións sobre os Servizos Sociais comunitarios e especializados, o Plan Concertado de Servizos Sociais, o Servizo de Axuda no Fogar e Teleasistencia, e as prestacións económicas desde Servizos Sociais

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: