Diseño del blog

O Concelllo de Porriño publica as bases e a convocatoria para unha bolsa de emprego de auxiliares administrativos/as

oct 19, 2022

O CONCELLO DE O PORRIÑO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES ADMINISTRATIVOS/AS

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Ter nacionalidade española ou atoparse comprendido no eido de aplicación do artigo 57 do TRLEBE e 52.1 e 2 da LEPGA relativos ao acceso ao emprego público de nacionais doutros estados membros da Unión Europea. (Acreditaranse mediante a presentación de copia do DNI ou do pasaporte en vigor). 
  • Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder, no seu caso, a idade máxima de xubilación forzosa. (Acreditarase de igual forma que o apartado anterior). 
  • Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou  equivalente ou estar en condicións de obtelo na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.   (Acreditarase mediante copia do correspondente título ou, no seu caso, do resgardo de ter efectuado o depósito para obtelo e da certificación oficial de ter superados os estudios conducentes para a súa expedición.) 
  • Posuír as capacidade funcional para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas de traballador social. (Acreditarase con declaración responsable asinada polo/a interesado/a). 
  • Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ó corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada. (Acreditarase con declaración responsable asinada polo/a interesado/a). 
  • Non estar incurso en ningún dos supostos de incompatibilidade previstos na Lei 53/1984, de 26 de decembro e no TRLEBE. (Acreditarase con declaración responsable asinada polo/a interesado/a). 
  • Ter aboada a cantidade de 15,95 euros, polos dereitos de participación no proceso selectivo, mediante ingreso na conta corrente aberta a nome deste Concello en ABANCA Corporación Bancaria, S.A (sucursal do Porriño), IBAN ES55 2080 5054 02 31 1001 7139, segundo a vixente ordenanza fiscal deste concello. 


As solicitudes dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello do Porriño, e presentaranse no Rexistro Xeral deste concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, durante o prazo de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que se publique o anuncio da convocatoria no BOPPO, é dicir, ate o 17/11/2022


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: O que determine o tribunal


Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario tipo test de 50 preguntas con tres respostas alternativas, determinado polo Tribunal e baseado no contido do temario da convocatoria


EXERCICIO 2.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: O que determine o tribunal


Consistirá en desenvolver por escrito a/s pregunta/as formuladas polo tribunal relacionadas co programa da convocatoria e as funcións propias de auxiliar administrativo. O exercicio relacionarase cun suposto práctico/s que deberán resolver ou desenvolver como exemplo do aspecto teórico. Neste exercicio avaliarase a formación xeral, a claridade, a orde das ideas, a facilidade de exposición escrita e a capacidade de síntese.


EXERCICIO 3.

Obrigatorio e  NON eliminatorio

Tempo: O que determine o tribunal


Este exercicio consistirá na tradución directa ou inversa dun ou varios textos, en castelán ou galego. Os textos serán escollidos polo tribunal cualificador do proceso selectivo inmediatamente antes de celebrarse a proba


Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten posuír o título Celga 3, segundo o disposto na Orde de 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega no seu anexo I, aos que se lle asignarán 2 puntos. Esta exención haberán de acreditala documentalmente xunto coa solicitude de participación no proceso selectivo, dentro do citado prazo de 10 días hábiles de presentación de solicitudes


DURACIÓN E FUNCIONAMENTO DA BOLSA DE EMPREGO:

Os/As integrantes da bolsa de emprego non ostentarán dereito subxectivo algún para o seu nomeamento como persoal funcionario interino e, en todo caso, son titulares exclusivamente dunha expectativa de dereito a ser nomeados/as interinos/as, nos términos regulados nestas bases. 


A bolsa de emprego estará en vigor ata que se realice unha nova que automaticamente deixará sen efecto esta. 


Cando se deba proceder a unha interinidade das previstas nestas bases efectuarase o chamamento aos compoñentes da bolsa pola súa orde na mesma. O chamamento farase enviándolle un correo electrónico á dirección de correo comunicada polo aspirante na súa solicitude, outorgándolle un prazo de 2 días hábiles, contados desde o día seguinte ao envío do correo, para que acepte, renuncie ou rexeite ao chamamento. Se non responde ao correo electrónico no citado prazo entenderase que renuncia ou rexeita o chamamento e procederase a chamar ao seguinte da lista. 


O aspirante que formando parte da bolsa de traballo sexa chamado para o seu nomeamento, non contestase, renunciase ou rexeitase ao mesmo será relegado a última posición da mesma. 


A renuncia ou rexeitamento ao nomeamento por causa xustificada (estar traballando por conta propia ou allea, facéndoo constar de xeito fidedigno, ou enfermidade debidamente xustificada) determinaran que non se perda a orde na bolsa de traballo procedéndose ao chamamento do seguinte aspirante na orde da bolsa de traballo. 


A renuncia durante a vixencia do nomeamento ocasionará un cambio de lugar do posto, dentro da mesma, pasando a ocupar o último posto como integrante da bolsa. 


Os/As integrantes da bolsa deberán comunicarlle ó Concello do Porriño calquera variación no seu enderezo postal, enderezo electrónico ou teléfono con respecto ós sinalados na solicitude de participación. 


As persoas que figuren na bolsa de emprego deberán manter os requisitos esixidos na convocatoria para poder permanecer nela, pois en caso contrario quedarán excluídos da mesma. 


Cando se produza o cese por finalización da causa que deu lugar ao seu nomeamento o funcionario interino manterá o lugar que ocupaba na bolsa de emprego. 


TEMARIO:

  1. A Constitución Española de 1978: Estrutura e principios xerais. Os dereitos fundamentais na Constitución Española. O Tribunal Constitucional. A Reforma da Constitución. 
  2. A Organización do Estado na Constitución: Organización institucional ou política e organización territorial. A Coroa. As Cortes Xerais. 
  3. O Estatuto de Autonomía de Galicia: Da economía e facenda. 
  4. Lei 7/15, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Disposicións xerais. O municipio. territorio, poboación, organización e competencias. A provincia. organización e competencias. Disposicións comúns das Entidades locais
  5. Funcionamento de órganos colexiados locais; réxime de sesións e acordos. Actas e certificacións de acordos. As resolucións do Presidente da Corporación. As ordenanzas e regulamentos das entidades locais, clases, procedemento de elaboración e aprobación. 
  6. A poboación do municipio. Condición de veciño. Padrón municipal de habitantes. Concepto. Inscrición no Padrón Municipal de habitantes. Cesión de datos. 
  7. Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público: Delimitación dos tipos de contractuais. Órgano de contratación. Preparación dos contratos das Administración Públicas. Adxudicación dos contratos das Administración Pública. 
  8. Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público:. Competencias en materia de contratación nas Entidades Locais. Normas específicas de contratación nas Entidades Locais. 
  9. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público: Obxecto. Ámbito subxectivo, Principios xerais. Principios de intervención das Administracións Públicas para o desenvolvemento dunha actividade
  10. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público: Órganos colexiados das distintas administracións públicas. Réxime. Secretario. Convocatoria e sesións. Actas. Abstención e recusación. 
  11. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público: Esixencia da responsabilidade das autoridades e persoal ao servicio das Administracións Públicas. A sede Electrónica. Portal de internet. Firma electrónica del persoal ao servicio das Administracións Públicas. Arquivo electrónico de documentos. 
  12. A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: O obxecto e ámbito subxectivo de aplicación. Capacidade de obrar, e o concepto de interesado e representación. Rexistro electrónico de apoderamentos. Pluralidade de interesados e novos interesados no procedemento. Identificación e firma dos interesados no procedemento administrativo
  13. A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: Dereito e obriga de relacionarse electronicamente coas Administracións Públicas. Lingua dos procedementos. Colaboración das persoas e responsabilidade da tramitación. Obrigación de resolver. 
  14. A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: Rexistros. Emisión de documentos e validez e eficacia das copias realizadas polas Administracións Públicas. Documentos aportados polos interesados ao procedemento administrativo. Términos e prazos 
  15. A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: Garantías do procedemento, iniciación e ordenación do Procedemento. Instrución e finalización do Procedemento. Os recursos administrativos. principios xerais, clases e regulación. 
  16. Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas locais: Tributos, normas xerais, imposición e ordenación de tributos locais. Ordenanzas fiscais. 
  17. Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas locais: Dos presupostos das Entidades Locais. Contido e aprobación: definición, ámbito temporal, contido do orzamento xeral, anexos ao orzamento, procedemento de elaboración e aprobación inicial e definitiva e entrada en vigor. 
  18. Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas locais: Modificacións orzamentarias: os créditos extraordinarios e os suplementos de crédito, as transferencias de créditos. Da Tesourería das Entidades Locais. 
  19. Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. Dereitos e deberes dos empregados públicos. Principios éticos. Principios de conductas. Retribucións dos funcionarios da administración local. 
  20. O persoal ao servizo das entidades locais: Clases e réxime xurídico. Dereitos e deberes do persoal. Situacións administrativas. Retribucións. Licenzas e permisos. Incompatibilidades. 

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: