Diseño del blog

O Concello de As Pontes publica as bases e convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de Auxiliar de Biblioteca

oct 31, 2022

O CONCELLO DE AS PONTES PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA UNHA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIAR DE BIBLIOTECA

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Nacionalidade: ser español/a ou nacional doutro Estado da Unión Europea; estes/as últimos/as de acordo co disposto no artigo 57 do texto refundido da Lei do estatuto básico de empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro (TRLEBEP). Así mesmo as persoas estranxeiras con residencia legal en España poderán acceder ás Administracións públicas, como persoal laboral, en igualdade de condicións que os españois.
  •  Idade: ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas que son obxecto do correspondente contrato.
  • Habilitación: non ter sido despedido/a, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional á cal se pertencía. Idéntico requisito seralles esixido aos nacionais doutros Estados, se é o caso.
  • Compatibilidade: non estar incurso/a en causas de incompatibilidade de conformidade co establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas (LIPAP)
  • Titulación: Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria (E.S.O.) ou equivalente
  • Estar en posesión do Celga 3 ou equivalente. 


As solicitudes serán dirixidas ao Rexistro Xeral do concello no prazo de catorce (14) días hábiles, contados a partir do seguinte o da publicación do anuncio da convocatoria e das bases no BOP. A convocatoria e as bases publicaranse tamén de forma íntegra no taboleiro de anuncios do concello (taboleiro electrónico:https://sede.aspontes.org/opencms/es/informacion/), sen prexuízo da súa publicación na páxina web municipal, é dicir, ate o 14/11/2022


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO ÚNICO

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 60 minutos


Cuestionario de corenta (40) preguntas, tipo test, sobre as materias relacionadas no temario.

Cada unha delas conterá tres respostas alternativas das que só unha será válida


COÑECEMENTO DE GALEGO

Tempo: 30 minutos

As persoas que teñan superado o exercicio da fase de oposición, en aplicación do previsto no artigo 51.2 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, respecto da acreditación do galego, que non tiveran acreditado o coñecemento da lingua galega (CELGA 3 ou equivalente) terán que efectuar unha proba de galego, que consistirá na tradución sen dicionario dun texto proposto previamente polo tribunal, tradución directa ou inversa,


TEMARIO:

  1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Estrutura e contido.
  2. A Administración central do Estado. O Consello de Ministros. O presidente do Goberno. Os ministros. Os secretarios de Estado. Os subsecretarios e demais órganos administrativos
  3. A Administración periférica do Estado. Os delegados do Goberno e os subdelegados do Goberno. Outros órganos periféricos.
  4. A organización territorial do Estado na Constitución. Comunidades autónomas
  5. A Coroa. O poder lexislativo.
  6. O poder xudicial.
  7. Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación
  8. A Administración pública no ordenamento español. A personalidade xurídica da Administración pública. Clases de administracións públicas
  9. O administrado. Colaboración e participación dos cidadáns nas funcións administrativas.
  10. O acto administrativo. Principios xerais do procedemento administrativo.
  11. O dominio público. O patrimonio privado da Administración.
  12. A Comunidade Autónoma de Galicia. O Estatuto de Autonomía. As competencias da Comunidade. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente.
  13. Réxime de funcionamento do rexistro de entrada e saída de documentos 
  14. As bibliotecas públicas: concepto e clases. O manifesto da UNESCO para as bibliotecas Públicas.
  15. O proceso técnico dos fondos da biblioteca ata a súa disposición ao usuario
  16. Servizo aos usuarios: información, préstamo e extensión bibliotecaria
  17. Biblioteconomía e documentación: concepto e xénese evolutiva
  18. As bibliotecas públicas galegas: Rede de Bibliotecas de Galicia.
  19. A informatización das bibliotecas públicas.
  20. A administración local. Concepto e desenvolvemento normativo no marco da Unión Europea.
  21. O municipio. A provincia . Desenvolvemento xurídico-normativo
  22. Entidades locais supra e infra municipais. Desenvolvemento xurídico- normativo
  23. O texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público. Aplicación á administración local
  24. As Oficinas de Información Xuvenil: concepto e características.
  25. As Oficinas de Información Xuvenil: lexislación autonómica que regula o seu funcionamento
  26. A Oficina de Información Xuvenil do Concello das Pontes de García Rodríguez. ubicación, recursos e servizos que presta
  27. Conceptos básicos de informática: programas e linguaxes informáticas de uso habitual.
  28. O arquivo. Concepto e clases.
  29.  O arquivo. Lexislación estatal e autonómica que regula o seu funcionamento
  30. O arquivo municipal: ubicación, recursos e servizos que presta 

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: