Diseño del blog

O Concello de Brion publica as bases e a convocatoria para 1 praza de auxiliar administrativo/a

dic 09, 2022

O CONCELLO DE BRION PUBLICA AS BASES E A CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do TREBEP, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados. 
  • Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non superar, no seu caso, a idade máxima de xubilación forzosa. 
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza ou posto a que aspira. 
  • Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que estivese separado  ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ó emprego público. 
  • estar en posesión do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou titulacións equivalentes ou superiores que habiliten para o acceso á praza convocada, ou estar en condicións de obtelo á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.


O prazo de presentación de instancias de vinte (20) días hábiles das correspondentes convocatorias, comezará a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria respectiva no Boletín Oficial do Estado.


Prazas do grupo C2 ou asimilado: 12 €. 


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1

Tempo: 2 horas e 50 minutos


Primeira parte: Consistirá en contestar por escrito un cuestionario tipo test de trinta  preguntas, máis tres  de reserva, con catro  respostas alternativas das que só unha será a correcta, sobre o contido do programa 


Segunda parte: De carácter práctico. Consistirá en demostrar coñecementos sobre as materias contempladas no programa a través dun ou varios exercicios prácticos propostos polo tribunal


EXERCICIO 2

Obrigatorio

Tempo: 30 minutos


Consistirá na realización dunha proba escrita que serva para acreditar o coñecemento do idioma galego


Terá carácter obrigatorio agás para aqueles opositores que na solicitude de admisión no proceso selectivo declarasen estar en posesión do título CELGA nivel 3 ou equivalente homologado, ou estar en condicións de obtelo coma máximo á data de remate de presentación de instancias.


TEMARIO:

  1. O municipio: competencias.
  2. A Lei 39/2015, de 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas: Capacidade de obrar e concepto de interesado. Identificación e firma dos interesados no procedemento.
  3. A Lei 39/2015, de 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas: Os dereitos dos cidadáns nas súas relacións coa administración. Os rexistros. O arquivo de documentos. A obriga de resolver. O silencio administrativo. 
  4. O acto administrativo: Motivación e forma. Os termos e prazos. Eficacia dos actos administrativos. A notificación e publicación dos actos administrativos. Especial referencia á notificación electrónica
  5. O procedemento administrativo: os principios xerais do procedemento administrativo. As normas reguladoras. Fases do procedemento administrativo xeral. 
  6. A resolución do procedemento administrativo. Os recursos administrativos: concepto e clases
  7. A potestade sancionadora: concepto e significado. Principios do exercicio da potestade sancionadora.
  8. O procedemento sancionador e as súas garantías. Medidas sancionadoras administrativas. Especial referencia á potestade sancionadora local.
  9. A Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno: Dereito de acceso á información pública. Exercicio do dereito de acceso á información pública. Os portais de Transparencia.
  10. O persoal ao servizo das Corporacións Locais: Clases e réxime xurídico. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: