O Concello de Bueu publica as bases e convocatoria para 1 praza de técnico/a de recursos humanos
O CONCELLO DE BUEU PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE TÉCNICO/A DE RECURSOS HUMANOS

REQUISITOS E SOLICITUDES;
- Ser español ou nacional dun estado membro da Unión Europea, nos termos previstos nos arts. 56 e 57 do TREBEP e 50 e seguintes da LFPG. Os nacionais dos Estados membros da Unión Europea poderán acceder, como persoal funcionario, en igualdade de condiciones que os españois aos empregos públicos, así como as persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, nos termos establecidos no apartado 1 do artígo 57 do TREBEP.
- Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar as/os seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes
- Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas
- Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, da idade de xubilación prevista na normativa vixente.
- Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo das Administracións Públicas, nin atoparse inhabilitado/a para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario. No caso de ser nacional de outro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin haber sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
- Estar en posesión ou en condición de obter, antes da finalización do prazo de presentación de instancias,ou estar en condicións de obtelo o día en que remate o prazo de presentación de instancias: título universitario de grao ou calquera outro título oficial universitario con nivel, como mínimo, 2 do marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 6 do marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento
- As equivalencias deberán de acreditarse polos/polas aspirantes.
- Os/As aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente convalidación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título, mediante certificado expedido polo organismo competente para establecelas. Este requisito non será de aplicación aos aspirantes que obtiveran o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.
- Posuir o nivel de coñecementos do idioma Galego Celga4 ou equivalente
A solicitude de participación no procedemento selectivo realizarase, de forma preferente, por medios electrónicos, a través do formulario dispoñible na sede electrónica do Concello de Bueu
O prazo de presentación de solicitudes é de vinte (20) días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletin Oficial da Provincia de Pontevedra ( BOP), é dicir, ate o día 18/11/2022
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1.
Obrigatorio e eliminatorio
Tempo: 120 minutos
O exercicio consistirá na realización de dúas probas teóricas, de carácter obrigatorio e eliminatorio cada unha delas e que serán realizadas en unidade de acto
- Unha proba teórica consistente en contestar por escrito un cuestionario, tipo test, de 50 preguntas, de carácter teórico, con catro respostas alternativas
- Un cuestionario de 5 preguntas, de contido teórico, propostas polo tribunal, relacionadas coas materias do programa. Este exercicio deberá ser lido obrigatoriamente ante o Tribunal, en sesión pública.
EXERCICIO 2.
Eliminatorio
Tempo: 30 minutos
Os aspirantes que non acrediten estar en posesión do título CELGA IV ou equivalente, deberán facer unha proba eliminatoria que se valorará co resultado de apto ou non apto. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar o resultado de apto.
A proba consistirá na tradución directa ou inversa dun texto, en castelán ou galego
Os aspirantes que non acrediten estar en posesión do CELGA IV ou equivalente e que non superen esta proba quedarán excluídos do proceso
Estarán exentos de realizar este exercicio as/os aspirantes que o soliciten na presentación da solicitude de participación e presenten a documentación acreditativa (documentos orixinais ou copias auténticas) do certificado Celga IV ou o equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo) , no prazo de ( 02) dous días hábiles dende o seguinte ao da publicación da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións definitivas do segundo exercicio.
TEMARIO:
- A Constitución Española de 1978. Principios xerais, características, estrutura e contido. Os dereitos e deberes fundamentais dos españois.
- A organización territorial do Estado na Constitución. As Comunidades Autónomas. A Administración local. Os sistemas de distribución de competencias.
- O Estatuto de Autonomía de Galicia. Organización e competencias.
- A Administración Electrónica. Normativa de aplicación. Instrumentos para o acceso electrónico ás Administracións Públicas: Sedes electrónicas, canles e puntos de acceso, identificación e autenticación. A xestión electrónica dos procedementos administrativos: rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. Esquema Nacional de Seguridade. Esquema Nacional de Interoperatividade.
- Participación cidadá. A transparencia e o acceso á información Entidades Locais. O Goberno aberto. A Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. A transparencia da actividade pública. Dereito de acceso a información pública: réxime, solicitude, tramitación e resolución, recursos. Bo goberno: ámbito de aplicación, principios, infraccións e sancións, órgano competente e procedemento, prescrición. O Consello de Transparencia e Bo Goberno: funcións
- A protección de datos persoais e a súa normativa reguladora. As Axencias de Protección de Datos: competencias e funcións.
- O acto administrativo: concepto, elementos e clases. Requisitos: motivación e forma. A eficacia dos actos administrativos. A notificación: contido, prazo e práctica. A notificación defectuosa. A publicación. A demora e retroactividade da eficacia.
- A executividade dos actos administrativos: o principio de autotutela executiva. A execución forzosa dos actos administrativos: os seus medios e principios de utilización. A coacción administrativa directa. A vía de feito. A invalidez do acto administrativo: Nulidade de pleno dereito e anulabilidade. Revisión de oficio. Revogación. Rectificación de erros materiais ou de feito
- Os interesados: concepto e clases. A capacidade dos cidadáns e as súas causas modificativas. O Estatuto do cidadán: dereitos subxectivos e intereses lexítimos, diferenzas entre ambos conceptos e obrigacións.
- Disposicións xerais sobre o procedemento administrativo. Os medios electrónicos aplicados ao procedemento administrativo común. A iniciación do procedemento: clases, corrección e mellora de solicitudes. Presentación de solicitudes, escritos e comunicacións. Os rexistros administrativos. Termos e prazos: cómputo, ampliación e tramitación de urxencia. Ordenación. Instrución: intervención dos interesados, proba e informes. Regulación do acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Tramitación do procedemento por medios electrónicos. Singularidades do procedemento administrativo das Entidades Locais.
- Terminación do procedemento. A obrigación de resolver. Contido da resolución expresa: principios de congruencia e de non agravación da situación inicial. A terminación convencional. A falta de resolución expresa: o réxime do silencio administrativo. O desestimento e a renuncia. A caducidade.
- Recursos administrativos: principios xerais. Actos susceptibles de recurso administrativo. Regras xerais de tramitación dos recursos administrativos. Clases de recursos. Procedementos substitutivos dos recursos administrativos: conciliación, mediación e arbitraxe.
- Disposicións xerais, os principios de actuación e de funcionamento do sector público español. Órganos das Administracións Públicas. Competencias. Órganos colexiados: funcionamento e réxime. Abstención e recusación.
- A xurisdición contencioso-administrativa. Extensión. Órganos. As partes no proceso. Os actos impugnables. Liñas xerais do proceso. A sentenza e a súa execución.
- A potestade sancionadora: concepto e significado. Principios do exercicio da potestade sancionadora. Especialidades do procedemento en materia sancionadora. Medidas sancionadoras administrativas. Especial referencia á potestade sancionadora local.
- A responsabilidade da Administración pública: caracteres. Os presupostos da responsabilidade. Danos resarcibles. A acción de responsabilidade. Principios do procedemento administrativo en materia de responsabilidade. Especialidades do procedemento en materia de responsabilidade patrimonial. A responsabilidade patrimonial das autoridades e persoal ao servizo das Administracións públicas.
- Administración Local I. Regulación xurídica e entidades que a integran. Evolución da normativa básica de réxime local. O marco competencial das Entidades Locais: sistema de determinación. Competencias propias, delegadas e competencias distintas das propias. Os convenios sobre exercicio de competencias e servizos municipais. Os servizos mínimos. O municipio: concepto e elementos. O termo municipal. A poboación municipal. O Padrón de habitantes. O estatuto dos veciños.
- Administración Local II. A organización municipal. Órganos necesarios. Órganos complementarios. O estatuto do concelleiro. Os grupos políticos e os concelleiros non adscritos. A participación veciñal na xestión municipal. A potestade regulamentaria das entidades locais: Ordenanzas e regulamentos. Procedemento de elaboración e aprobación. Os bandos. Réxime de sesións e acordos dos órganos de goberno local. Actas, certificacións, comunicacións, notificacións e publicación dos acordos. O Rexistro de documentos. A utilización de medios telemáticos
- Administración Local III. O patrimonio das entidades locais. Réxime xurídico. Clases de bens. Prerrogativas e potestades das entidades locais en relación co seus bens. O inventario. Administración, desfrute e aproveitamento dos bens. O alleamento. A acción de desafiuzamento. Aspectos rexistrais
- As formas de acción administrativa das entidades locais. A actividade de policía: a intervención administrativa local na actividade privada. As autorizacións administrativas: as súas clases. O réxime das licenzas. A comunicación previa e a declaración responsable
- As ordenanzas e regulamentos en vigor do Concello de Bueu.
- O orzamento xeral das Entidades Locais. Elaboración e aprobación. Referencia ás Bases de Execución do orzamento
- As modificacións de crédito: concepto, clases, financiación e tramitación.
- A liquidación do orzamento. Tramitación. Os remanentes de crédito. O resultado orzamentario e o remanente de tesourería.
- Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto Básico do Empregado Público. Clases de persoal ao servizo das administracións públicas. Concepto e clases de empregados públicos
- O contrato de traballo. Modalidades. Os contratos de duración determinada. A modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.
- A relación de postos de traballo. Estrutura e funcións. Procedemento de aprobación e modificación. Rexistro de persoal
- A oferta pública de emprego ( OPE): definición e contido. O cadro de persoal. Estrutura e funcións. Procedemento de aprobación e modificación. O Catálogo de Postos de Traballo. Contido.
- O acceso ao emprego público. Principios reguladores. Requisitos e os sistemas selectivos: a oposición, o concurso, o concurso oposición. Acceso ao emprego público: selección de funcionarios interinos, persoal laboral, eventual, e persoal directivo.
- A excesiva utilización do emprego temporal nas Administracións Públicas. Os procesos de estabilización do emprego temporal.
- As situacións administrativas. Provisión de postos de traballo e mobilidade do persoal funcionario e do persoal laboral
- A carreira profesional: sistemas de carreira no EBEP. A promoción interna. Concepto e requisitos.
- As retribucións do persoal da Administración Local.
- O sistema español de Seguridade Social. Campo de aplicación. Xestión da Seguridade Social. Entidades xestoras da Seguridade Social. A Tesourería Xeral da Seguridade Social. As entidades colaboradoras da Seguridade Social.
- A constitución da relación xurídica de aseguramento no Réxime Xeral da Seguridade Social: afiliación de traballadores. Altas e baixas. Responsabilidade empresarial en orde á afiliación, altas e baixas.
- Cotización no Réxime Xeral da Seguridade Social: Suxeitos responsables e obrigados ao pagamento. Bases, continxencias e tipos de cotización. Cotas de recadación conxunta. Especialidades na cotización dos funcionarios da Administración local.
- Acción protectora do Réxime Xeral da Seguridade Social: Continxencias protexibles. Réxime de prestacións. Responsabilidade en orde ás prestacións. As distintas prestacións do Réxime Xeral da Seguridade Social
- As relacións laborais nas administracións públicas: Representación, determinación das condicións de traballo e participación e negociación colectiva dos empregados públicos. O proceso de negociación colectiva. Os dereitos de sindicación
- Dereitos individuais dos funcionarios da administración local: xornada laboral. Permisos, licenzas e vacacións. Dereitos colectivos dos funcionarios da administración local: Regulación
- Os deberes dos funcionarios locais. Ética funcionarial e código de conduta. O réxime disciplinario. O réxime de responsabilidade civil, penal e patrimonial. O réxime de incompatibilidades. Os delitos cometidos por funcionarios públicos.
- Réxime disciplinario laboral: o poder empresarial de dirección. Faltas e sancións dos traballadores. A Xurisdición Social. A Administración laboral, distribución de competencias e órganos
- O dereito de representación colectiva do persoal laboral. Órganos de representación. O dereito de reunión dos traballadores. A negociación colectiva do persoal laboral. Os convenios colectivos
- Lei 31/1995, do 8 de novembro de Prevención de Riscos Laborais: Delegados de prevención. Comités de seguridade e saúde. Representación dos empregados públicos.
Contáctenos
Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación
Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.