Diseño del blog

O Concello de Carballedo publica as bases e convocatoria para 1 praza de persoal de apoio ao PAI

dic 05, 2022

O CONCELLO DE CARBALLEDO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE PERSOAL DE APOIO AO PAI

REQUISITOS E SOLICITUDES

  • Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no art. 57 do TREBEP: Ser cidadán da Unión Europea ou seu cónxuxe, sempre que non estean separados/as de dereito, así como os seus descendentes e os do/a seu/súa cónxuxe sempre que non estean separados/as de dereito, sexan menores de vinte e un (21) anos ou maiores dependentes. Estar incluído/a no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrado pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de persoas traballadoras. 
  •  Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas das prazas/postos que se convocan. 
  • Ter cumpridos dezaseis (16) anos e non alcanzar a idade de xubilación forzosa. 
  • Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban, no seu caso, o persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional de outro estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público
  • Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria, FP Grao Básico, Graduado Escolar, FP 1 Grao ou equivalente 
  • Nivel de galego  Celga 4


O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOE. 


PROCESO SELECTIVO

EXERCICIO 1.

Obrigatorio e non eliminatorio

Tempo: 2 horas


Consistirá nun exercicio tipo test de 20 preguntas con tres respostas alternativas e 2 preguntas de reserva


PROBA DE GALEGO 

Obrigatoria e eliminatoria


Consistirá na tradución dun texto de castelán para galego ou de galego para castelán, cuxo contido corresponderá ao esixido para a obtención da acreditación do nivel de galego que se esixe.


Estarán exentos da realización da proba de galego as persoas aspirantes que acrediten posuír, dentro do prazo de presentación de solicitudes, o nivel de galego Celga 4 ou equivalente.


TEMARIO:

  1. Papel, funcións e tarefas do educador e da educadora infantil. Principios e normas morais que regulan a actividade profesional do educador e da educadora infantil. 
  2. A organización do espazo, os materiais e o tempo como recursos didácticos. Características espaciais da escola infantil. Os materiais na práctica educativa. A distribución do tempo. 
  3. O ingreso do neno e nena no centro infantil. O período de adaptación. O papel do adulto no proceso de adaptación a escola infantil. A colaboración dos pais e nais neste proceso.
  4. O currículo da educación infantil. A estrutura curricular da educación infantil. O proxecto educativo de centro. O proxecto curricular de etapa. A programación de actividades. Elementos da programación. A presenza dos temas transversais no currículo. 
  5. A Lei de normalización lingüística de Galicia: a normalización nos primeiros anos da escolaridade. A aplicación do modelo na educación infantil. 
  6. A Lei galega para a igualdade de homes e mulleres e a Lei de medidas de protección integral contra a violencia de xénero: implicacións no currículo da educación infantil. Principios de intervención que impregnan a práctica cotiá nesta etapa. 
  7. O maltrato infantil. Definición de malos tratos á infancia. Indicadores de maltrato infantil. Detección e notificación dende o ámbito escolar. O protocolo de actuación en abusos sexuais a menores. 
  8. A regulación dos centros de atención á infancia no Decreto 329/2005, de 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia , na Comunidade Autónoma de Galicia. 
  9. O crecemento e desenvolvemento físico do neno e nena de 0 a 3 anos. O desenvolvemento cognitivo,motor e lingüístico. O desenvolvemento emocional e social.O desenvolvemento da identidade sexual e dos roles de xénero. Alteracións mais frecuentes no desenvolvemento. 
  10. Alimentación e nutrición.Necesidades nutricionais dende o nacemento ata os 3 anos. A transición na alimentación.Trastornos e dificultades na alimentación.O desenvolvemento de hábitos para unha alimentación equilibrada. 
  11. A organización da vida cotiá na escola infantil. A adquisición de hábitos de autonomía persoal. O control de esfínteres. A adquisición de hábitos de hixiene e limpeza nos nenos e nenas de 0 a 3 anos. O descanso: necesidades e ritmos de sono. 
  12. As enfermidades mais frecuentes na primeira infancia. Enfermidades transmisibles.
  13. Os accidentes infantís. O papel do educador e da educadora na prevención dos accidentes infantís. Os primeiros auxilios. 
  14. A importancia do xogo no desenvolvemento infantil. Tipos de xogos. O xogo como recurso didáctico. A intervención do educador e da educadora no xogo infantil. 
  15. A Ordenanza Reguladora do Prezo Público do Punto de Atención á Infancia do Concello de Carballedo, e o Regulamento de Funcionamento e Organización do Punto de Atención á Infancia de Carballedo, publicados no BOP de Lugo núm. 291 do 21/12/2016. 

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: