Diseño del blog

O Concello de Culleredo publica as bases e convocatoria para 2 prazas de educadores sociais e creación de bolsa de emprego

jul 29, 2022

O CONCELLO DE CULLEREDO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 2 PRAZAS DE EDUCADOR/A SOCIAL E CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ter a nacionalidade española ou estar incluído entre os nacionais dos estados membros da Unión Europea e demáis estranxeiros, sen perxuizo do establecido no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.
  • Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non ter acadado a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Estar en posesión da titulación de grao ou diplomatura en educación social ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá posuír o documento que acredite a súa homologación
  • Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións inherentes ao posto de traballo
  • Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin estaren en situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No caso de ser nacional doutro Estado membro, non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público
  • Posuir un título acreditativo de nivel de coñecemento da lingua Galega CELGA IV, equivalente ou superior
As instancias presentaranse no Rexistro de entrada do concello de   Culleredo ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (en diante, LPAC), entre outras, a traves do rexistro electrónico na páxina web  do concello (www.culleredo.es). O horario do Rexistro Xeral presencial do Concello de Culleredo é de 09.00 a 14.00 horas  de luns a venres previa petición de cita no teléfono 981 677 777

O prazo de presentación de instancias de solicitude será de cinco días hábiles, contados a partir do seguinte día  ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da provincia (BOP), é dicir, ate o 05/08/2022

PROCESO SELECTIVO.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos 

Un ou Varios exercicios teórico-prácticos 

FUNCIONAMENTO DA LISTA
Crearase unha lista de substitución formada polos aspirantes ordenados de maior a menor puntuación, incluíndose no  primeiro posto aquel que obtivera a maior puntuación.

É condición inescusable para a pertenza á devandita lista de substitución o mantemento durante a vixencia desta dos  requisitos das bases.

Os que formen parte da mesma poderán ser chamados (sempre respectando a orde da lista), para cando se dean  calquera das circunstancias que recolle o artigo 10.1 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se  aproba o texto refundido do estatuto básico do empregado público

TEMARIO:
  1. O/a educador/a social.
  2. A acción socioeducativa
  3. Deseño, implementación e avaliación de programas e proxectos educativos
  4. O informe socioeducativo como ferramenta profesional do/a educador/a social.
  5. O equipo educativo.
  6. O/a menor como suxeito/a de dereitos
  7. Evolución psicolóxica na infancia e adolescencia
  8. Socialización e desenvolvemento na infancia e na adolescencia.
  9. Menores en situación de risco e desamparo
  10. O apoio e a vinculación afectiva
  11. Malos tratos infantís
  12. Intervención socioeducativa en menores en situación de conflito social. Novas formas de violencia na infancia e a adolescencia
  13. Acollemento familiar.
  14. Interculturalidade
  15. A calidade de vida das persoas maiores.
  16. Diversidade funcional
  17. Animación sociocultural.
  18. O enfoque de xénero na intervención socio-educativa.
  19. Educación permanente de persoas adultas. 
  20. A calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual.

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: