Diseño del blog

O Concello de Dodro publica as bases e convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de persoal técnico ou axentes de igualdade

ago 09, 2022

O Concello de Dodro publica as bases e convocatoria para  persoal técnico ou  axentes de igualdade 

REQUISITOS E SOLICITUDES:


  • Ser español/a ou nacional doutro Estado, estes últimos, de acordo co disposto no artigo 57 do EBEP
  • Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar incursa en causa de incapacidade ou incompatibilidade para o exercicio de funcións públicas de conformidade coa Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas. Idénticos requisitos seralles esixido aos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea no seu caso.
  • Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o desempeño das correspondentes funcións.
  • Estar en posesión do Grao, Licenciatura ou Diplomatura en igualdade, socioloxía, psicoloxía, dereito, ciencias políticas e da administración, psicopedagoxía ou pedagoxía, traballo social, educación social ou equivalente da área de ciencias sociais e xurídicas
  • Ter formación especializada, mínimo de 500 horas, en materia de igualdade por razón de xénero ou violencia de xénero, excepto para o caso de ter o Grao en Igualdade,a formación debe cumprir o requisito de ser certificada, subvencionada ou impartida por Administracións Públicas, universidades ou fundacións universitarias. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación. Os requisitos anteriores deberanse reunir con referencia ao último día do prazo de presentación de instancias
  • Posuír o título acreditativo do nivel de coñecemento de lingua galega CELGA 4, equivalente ou superior. Os aspirantes que non o acrediten deberán superar unha proba de coñecemento.

Para inscribirse nos procesos selectivos é preciso pagar un taxa por dereitos de exame de 20 euros, de acordo co establecido na Ordenanza Fiscal núm. 5 do Concello de Dodro (ES68 0081 2281 9300 0110 2315 ou ES60 2080 0329 3831 1000 0014). Gozarán dunha bonificación do 50% da taxa as persoas que figuren debidamente inscritas como demandantes de emprego cunha antigüidade de polo menos 6 meses o cal deberán acreditar xunto co resto da documentación requirida.
As solicitudes presentaranse no modelo oficial que se achega como Anexo I as bases, dirixidas á Alcaldía, no Rexistro Xeral das oficinas municipais do Concello de Dodro, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, durante o prazo de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, é dicir, ate o día 19/08/2022, a convocatoria será publicada ademais no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Dodro. Ademais as instancias tamén se poderán presentar na forma que se determina no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, neste caso os aspirantes deberán comunicalo mediante correo electrónico a info@dodro.gal achegando copia da solicitude rexistrada.
PROCESO SELECTIVO: EXERCICIO 1. Cun tempo máximo de 1 hora
Contestación dun cuestionario de 30 preguntas e 4 de reserva, con 3 opcións de reposta das que só unha será correcta, sobre as materias obxecto do temario.
EXERCICIO 2 . Cun tempo máximo de 30 minutos
En aplicación do previsto no artigo 51.2 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, respecto da a creditación do galego, aquelas persoas que non acrediten coñecementos en lingua galega (CELGA 4 ou equivalente) terán que realizar unha proba de galego.
Esta proba consistirá na tradución escrita directa dun texto elixido polo tribunal do castelán para o galego, sen axuda e dicionario,
FUNCIONAMENTO DA BOLSA DE EMPREGO Os chamamentos das persoas aspirantes efectuaranse pola orde na que estes figuran na bolsa. Os chamamentos faranse polo medio máis urxente que permita ter a constancia da súa recepción.
Nos supostos nos que a necesidade de cobertura dun posto non fose previsible coa antelación suficiente ou polas circunstancias concorrentes no proceso de chamamentos debidamente acreditadas, fose necesario a súa cobertura de xeito urxente para evitar graves prexuízos no funcionamento e/ou prestación do servizo público, o chamamento poderá realizarse telefonicamente.
Neste suposto, a/o funcionaria/o que as realice fará constar mediante dilixencia a súa realización, e se tiveron ou non resposta, así coma o sentido desta. A realización dos chamamentos na forma indicada, requirirá que as persoas aspirantes teñan facilitado nas súas solicitudes de participación nos procesos, ou en comunicación posterior presentada no rexistro municipal, os datos correctos necesarios (número de teléfono e dirección de correo electrónico).
Se algunha persoa candidata non contesta seguirase chamando aos seguintes da listaxe coa finalidade de axilizar e non paralizar o proceso de contratación, tendo en conta que se durante esa xornada a persoa coa que non se deu contactado se pon en contacto co Concello de Dodro, ten dereito a ser contratada.
A aceptación da oferta, efectuarase por vía telefónica, antes das 12:00 horas do primeiro día hábil seguinte ao do chamamento. Transcorrido dito prazo sen que se produza a aceptación, entenderase rexeitada.
En ningún caso, se adquirirá fixeza a través dos nomeamentos que se produzan por chamamentos da Bolsa de Emprego. A xornada laboral poderá ser a tempo completo ou parcial, dependendo das necesidades do servizo.
A renuncia a unha oferta de emprego con motivo xustificado non suporá cambio na orde da persoa candidata na Bolsa de Emprego. A renuncia a tres ofertas sen xustificar será causa de colocación no derradeiro lugar da Bolsa de Emprego durante 6 meses
TEMARIO:
  1. Constitución Española de 1978.
  2. Estatuto de Autonomía de Galicia.
  3. O procedemento administrativo xeral.
  4. Os contratos administrativos. 
  5. O réxime local:
  6. O estatuto básico do empregado público. 
  7. Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
  8. Lei orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
  9. O Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.
  10. Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia
  11. Recursos e programas específicos 
  12. Decreto 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia
  13. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero
  14. Lei 31/1995, de Prevención de Riscos Laborais
  15. Patriarcado, sexo e xénero, roles e estereotipos. Igualdade formal, igualdade real, equidade de xénero e igualdade de oportunidades. Discriminacións directas e indirectas
  16. As mulleres no ámbito rural.
  17. O acoso sexual
  18. Conciliación da vida familiar e laboral.
  19. Conferencias mundiais.
  20. Plans de Igualdad.
  21. Coeducación.
  22. O sexismo na comunicación.
  23. A dinámica de grupos. 
  24. A calidade nos servizos públicos. 

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: