Diseño del blog

O Concello de Guitiriz publica as bases para a convocatoria de 4 prazas de Auxiliar de Axuda no Fogar

sept 05, 2022

O CONCELLO DE GUITIRIZ PUBLICA AS BASES DA CONVOCATORIA PARA 4 AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR

REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES E SOLICITUDES:
  • Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa
  • Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no artigo 57 da texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro.
  • Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións. As persoas con minusvalías deberán aportar certificación do correspondente organismo, facéndoo constar asemade na instancia, sinalando si precisan adaptacións para realización das probas e especificando tales adaptacións.
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin encontrarse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao empregado público. 
  • Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
  • Estar en posesión da titulación de formación profesional de grado medio de atención socio-sanitaria ou equivalente (regulado no Real decreto 496/2003, de 2 de maio).
  • Estar en posesión do certificado de profesionalidade de atención socio-sanitaria a persoas no domicilio ou equivalente (regulado no Real decreto 1379/2008, de 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servicios socioculturais e a comunidade).
  • Carne de conducir tipo B e dispoñer de medio de trasporte para o desprazamento polas distintas parroquias do municipio. 

Para tomar parte na selección as persoas interesadas deberán solicitar a súa participación mediante instancia dirixida á Sra. Alcaldesa-Presidenta do Concello de Guitiriz, conforme ao modelo que consta no Anexo I das bases, que poderán obter nas oficinas xerais do Concello e na páxina web municipal (concellodeguitiriz.com)
Non será necesaria a compulsa dos documentos que se presenten fotocopiados, bastando a declaración xurada do interesado sobre a autenticidade dos mesmos, así como dos datos que figuran na instancia, sen prexuízo de que, en calquera momento, o Tribunal ou os órganos competentes do Concello de Guitiriz poidan requirir aos aspirantes que acrediten a veracidade das circunstancias e documentos aportados.
Os aspirantes indicarán si están afectados por unha minusvalía nun grao igual ou superior ao 33 %, e si precisan dalgunha adaptación ou previsión específica para o desenvolvemento das actuacións previstas no procedemento
As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Guitiriz (rúa do Concello, nº4 de Guitiriz), ou ben nos lugares e na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento administrativo Común das Administracións Publicas, no p razo de 20 días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE conforme e stablece o artigo 6.2 do RD. 896/1991, de 7 de xuño. No citado anuncio figurará a oportuna referencia ao número e data do Boletín Oficial da Provincia no que con anterioridade publicáronse integramente as bases da convocatoria.
A non presentación da solicitude en tempo e forma, suporá a inadmisión da persoa aspirante ao proceso selectivo.
Se a solicitude presentásese nas oficinas de correos, deberá facerse de acordo con o artigo 31 do Real decreto 1829/1999, do 3 de decembro, que aproba o regulamento de prestación dos servizos postais, facendo constar no sobre a referencia seguinte: “Concello de Guitiriz. Proceso selectivo. Convocatoria Auxiliares de axuda no fogar. Rúa do Concello nº4 27300 Guitiriz (Lu go)
As taxas de participación no proceso selectivo son de 12 euros, conforme á Ordenanza fiscal núm.4 (BOP Lugo 7/01/2008), e se ingresarán -indicando como concepto: “Taxas proceso selectivo auxiliar de axuda no fogar” e o DNI do aspirante- na seguinte conta do Concello de Guitiriz: ABANCA: ES20/2080/0122/4631/1000/0022.
As taxas só serán devoltas se o aspirante non é admitido ao proceso selectivo, é dicir, se resulta excluído definitivamente.
A falta de pago das taxas de participación dentro do prazo de presentación de instancias, determinará a exclusión do aspirante, podendo subsanarse no prazo de emenda.
Os erros materiais ou de feito e os aritméticos que se puidesen advertir, poderanse rectificar en calquera momento, de oficio ou petición do interesado. 
PROCESO SELECTIVO: EXERCICIO 1 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 30 minutos
Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 20 preguntas con 3 respostas alternativas das que só unha será correct a.
EXERCICIO 2 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 30 minutos
Un suposto práctico relacionado coas funcións propias do posto, a proposta do tribunal, que poderá formular preguntas sobre o mesmo. 
TEMARIO:
  1. A Constitución Española de 1978
  2. A administración pública e as potestades administrativas.
  3. O persoal ó Servizo das Entidades Locais
  4. Conceptos básicos de réxime local
  5. O Servizo de Axuda no Fogar.
  6. A ordenanza municipal do servizo de axuda no fogar do Concello de Guitiriz
  7. Hixiene e atención sanitaria domiciliaria
  8. Atención e apoio psicosocial domiciliario
  9. Apoio domiciliario e alimentación familiar
  10. Coñecemento do termo municipal de Guitiriz:

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: