Diseño del blog

O Concello de Moaña anuncia as bases da convocatoria de 1 Administrativo (C1)

jun 22, 2022

O CONCELLO DE MOAÑA ANUNCIA AS BASES DA CONVOCATORIA PARA CUBRIR 1 POSTO DE ADMINISTRATIVO (C1)

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do TREBEP, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas
  • Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban en caso do persoal laboral, no que tivese sido separado ou inhabilitado
  • Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente
  • Estar en posesión do Título de bacharel, técnico ou equivalente ou en condición de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias. No caso de titulacións oficiais non expedidas en España deberase estar en posesión, na mesma data do remate do prazo para presentar as instancias, da correspondente convalidación ou da credencial que acredite a homologación do título, expedida polo organismo competente. Para acreditar este requisito a persoa aspirante debera achegar copia do título oficial ou, no seu defecto, copia do xustificante de ter efectuado o depósito para obtelo

Presentación electrónica preferente.
A solicitude de participación no procedemento selectivo realizarase, de forma preferente por  medios electrónicos, a través do formulario dispoñible na sede electrónica do Concello de Moaña.

Para presentar as solicitudes a través do rexistro electrónico, a sede electrónica do Concello  de Moaña admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de  sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal)  e os certificados electrónicos (incluído o DNIe).

b) Presentación presencial opcional.
Tamén poderán presentarse as solicitudes presencialmente no Rexistro Xeral do Concello de  Moaña ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1  de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando  o formulario normalizado para a presentación presencial deste procedemento que se recolle  como anexo as bases.

O modelo de solicitude de participación no procedemento selectivo estará a disposición das  persoas interesadas nas oficinas administrativas do Rexistro do concello (Planta baixa da Casa  Consistorial, rúa As Barxas, 2 Moaña, en horario de 9 a 14h, de luns a venres) e no Taboleiro  electrónico de anuncios da sede electrónica do Concello de Moaña ao que se accede a través  da https://moana.sedelectronica.gal (apartado “INFORMACIÓN XERAL”- Taboleiro de anuncios/ sección “Emprego Público”).

As solicitudes que se presenten a través das oficinas de correos deberán entregarse en sobre  aberto para seren seladas e datadas polo persoal de Correos antes de seren certificadas.

As solicitudes subscritas por españois no estranxeiro poderán cursarse, no prazo sinalado,  a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que a  remitirán seguidamente ao organismo competente.

As solicitudes que non se presenten no Rexistro Xeral do Concello de Moaña deberán ser  comunicadas o mesmo día da presentación por fax ao Concello (986310104) e/ou mediante  correo electrónico a auxiliar.persoal@concellodemoana.org, enviando a copia da solicitude

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1 . Obrigatorio e eliminatorio cun temo máximo de 40 minutos

Contestar por  escrito a un test de 40 preguntas con 4 respostas alternativas por pregunta, baseado no  contido do temario 

EXERCICIO 2 . Obrigatorio e eliminatorio cun temo máximo de 60 minutos

Desenvolvemento  escrito de forma lexible, de 1 tema da parte específica do temario, a escoller entre os 2 que  serán seleccionados ao chou polo tribunal inmediatamente antes do inicio do exercicio

Este exercicio deberá ser lido obrigatoriamente pola persoa aspirante ante o tribunal, sendo  excluídos do proceso selectivo automaticamente as persoas que non comparezan

Neste exercicio valorarase o nivel de coñecemento, a capacidade e a formación xeral, a  claridade de ideas, a precisión e o rigor na exposición e a calidade da expresión escrita.

EXERCICIO 3. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 120 minutos

Desenvolver 1  ou varios supostos de carácter procedemental e administrativo.

O/s suposto/s que se propoña/n deberá/n permitir avaliar a capacidade das persoas  aspirantes para desenvolver as tarefas administrativas propias do posto de traballo ao que se  opta e relacionadas coas materias que integran o temario 

Este exercicio deberá ser lido obrigatoriamente pola persoa aspirante ante o tribunal que  poderá realizar preguntas ou solicitar aclaracións acerca do seu contido, sendo excluídos do  proceso selectivo automaticamente as persoas que non comparezan á lectura

Para a realización desta proba as persoas aspirantes poderán acudir provistas, para a súa  consulta, de copias da normativa, en soporte papel, publicadas no Boletín Oficial do Estado, ou  diarios oficiais (DOG e BOP.PO), así como textos legais de calquera editorial aínda que inclúan  comentarios, sempre que estes se limiten exclusivamente a meras concordancias normativas,  citas de resolucións xudiciais ou administrativas, ou referentes a textos publicados por autores  sobre a materia. Agora ben, non se permitirá o uso de dispositivos dixitais, libros de texto,  sentencias, mementos ou similares. Tamén se permitirá o uso de calculadora.

EXERCICIO 4 . Obligatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 30 minutos

Realizar unha proba  sobre o coñecemento do idioma galego, que determinará o tribunal co asesoramento do Servizo  de normalización lingüística e sen uso de material de apoio.

Estarán exentos da realización deste exercicio as persoas aspirantes que acrediten posuír  o título CELGA 4 ou equivalente homologado. Esta acreditación terá que realizarse durante o  prazo de presentación de solicitudes

EXERCICIO 5. Obrigatorio e eliminatorio

Proba  práctica de coñecementos informáticos a nivel usuario de contornos operativos Windows ou  similares, manexo de ferramentas de ofimática (LibreOffice ou similar), de utilidades elementais  de internet no dito contorno (navegación, correo electrónico, etc.) ou de plataformas de  administración electrónica, no tempo que estableza o tribunal

TEMARIO :
  1. A Constitución española de 1978
  2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois
  3. A organización do Estado na Constitución
  4. As Cortes Xerais
  5. O Poder Xudicial
  6. O Poder Executivo
  7. A organización territorial do Estado na Constitución
  8. A cooficialidade lingüística na Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia.
  9. O dereito administrativo. 
  10.  A Administración local
  11. A potestade sancionadora
  12. A responsabilidade patrimonial da Administración
  13. A transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno.
  14. O municipio
  15. O Goberno municipal
  16. Réxime de funcionamento dos órganos colexiados do Concello (I)
  17. Réxime de funcionamento dos órganos colexiados do Concello (II)
  18. A potestade regulamentaria local
  19. O acto administrativo.
  20. O procedemento administrativo
  21. A revisión dos actos administrativos
  22. A relación xurídico–administrativa.
  23. O Rexistro de documentos.
  24. O persoal ao servizo da Administración local. 
  25. Os dereitos e deberes dos funcionarios locais
  26. Os bens das entidades locais
  27. O Orzamento Xeral das Entidades Locais
  28. A execución do orzamento de gastos e de ingresos
  29. Facendas Locais
  30. As taxas municipais e as súas clases
  31. Os impostos locais obrigatorios sobre bens inmóbeis
  32.  Contratación (I).
  33.  Contratación (II).
  34.  Contratación (III).
  35.  Contratación (IV).
  36.  Contratación (V).
  37. Clasificación do Solo
  38. A autorización administrativa previa a través da licenza urbanística
  39. As ordes de execución
  40. A protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: