Diseño del blog

O Concello de Monforte de Lemos publica as bases e a convocatoria para a provisión de 1 praza de enfermeiro/a

dic 12, 2022

O CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS PUBLICA AS BASES E A CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN DE 1 PRAZA DE ENFERMEIRO/A DO INSTITUTO MUNICIPAL DE DROGODEPENDENCIAS

FUNCIÓNS:

  • Procedementos diagnósticos
  • Procedementos Terapéuticos. 
  • Función Administrativa/Xestora.
  • Función Docente e de Investigación.
  • Control de axenda e citación de pacientes en ausencia do administrativo. 
  • Recepción de pacientes/usuarios.
  • Supervisión/Reposición de produtos de desinfección. 
  • Atención telefónica en ausencia do administrativo. 
  • Control do aforo
  • Realización de xustificantes de asistencia ás citas programadas.
  • Efectuar calquera outra tarefa propia da súa categoría que lle sexa encomendada para a cal foi previamente instruído


REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Ter a nacionalidade española ou estar incurso nalgún dos supostos previstos no art. 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. 
  • Ter cumpridos dezaseis anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desempeño das funcións para as que se contrata. 
  • Non ter sido separado/a ou despedido/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para exercer funcións similares ás que desenvolvía como persoal laboral
  • Posuír ó título de Grao en Enfermería ou título que habilite para o exercicio desta profesión. Certificación negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais.
  • Acreditación do coñecemento da lingua galega no nivel CELGA 4 ou equivalente, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega, publicado no DOG nº 146, de 30 de xullo de 2007 
  • No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, no seu caso, a homologación. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao amparo das disposicións de dereito da Unión Europea


Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas, deberán facelo constar en instancia dirixida ao Sr. Alcalde, que lles serán facilitadas polo Rexistro Xeral do Concello de Monforte de Lemos e na páxina web do Concello de Monforte de Lemos (www.monfortedelemos.es).


Establécese un prazo de presentación de solicitudes de VINTE (20) días hábiles contados a partir do seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. 


PROCESO SELECTIVO

EXERCICIO ÚNICO

Obrigatorio

Tempo: 75 minutos


Constará dun único exercicio consistente nun cuestionario tipo test de 60 preguntas con tres respostas alternativas, sendo unha delas a correcta e 5 preguntas de reserva. 


TEMARIO:

  1. Normativa básica en materia de Sanidade: Lei Xeral de Sanidade. Lei de Ordenación das Profesións Sanitarias. 
  2. Estratexia de promoción da saúde e prevención no Sistema Nacional de Saúde: Implementación local da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde. O municipio como promotor da saúde. Cidades saudables. 
  3. Saúde pública: concepto de saúde e enfermidade. Prevención e promoción da saúde. 
  4. Desigualdades sociais en saúde. Determinantes sociais en saúde. Equidade en saúde. Niveis de prevención. Factores de risco. Factores de protección. Bases e conceptos. 
  5. Saúde comunitaria: Conceptos xerais. Colaboración intersectorial. Modelos de activos en saúde. Conceptos. Salutoxénesis. 
  6. Participación comunitaria: Metodoloxías participativas. Concepto. Diagnóstico e contextualización. Ferramentas. Plan de acción integral. Monitoreo e seguimento. 
  7. Educación para a Saúde individual, grupal e comunitaria: Concepto, metodoloxía e técnicas didácticas de intervención. Habilidades para a vida na promoción e prevención da saúde. 
  8. Elaboración de programas de Educación para a Saúde: Principais modelos teóricos. Técnicas de intervención grupal e comunitaria. Modelo transteórico do cambio. Entrevista motivacional, principios e estratexias
  9. Epidemiloxía e prevención de enfermidades transmisibles: conceptos xerais. Infeccións de transmisión sexual. Principais enfermidades infecciosas asociadas ao consumo de drogas. 
  10. Vacinas: concepto, clasificación e tipos de vacina. Contraindicacións. Complicacións. Conservación, administración e pautas de vacinación. Calendario sistemático de vacinas infantís e do adulto na Comunidade Autónoma Galega. Inmunización en grupos de especial vulnerabilidade. Vacinación na persoa viaxeira.
  11. Drogas: Definición segundo a OMS. Clasificación segundo os seus efectos. Concepto de abuso, dependencia, consumo compulsivo, tolerancia, síndrome de abstinencia e intoxicación. 
  12. Prevención comunitaria das adiccións. Prevención universal, selectiva e indicada. Ámbitos de intervención: educativo, familiar e de ocio. 
  13. Valoración e coidados de enfermería a persoas con adicción a opiáceos. Tratamento con metadona, buprenorfina e antagonistas opiáceos
  14. Valoración e coidados de enfermería a persoas con adicción ao alcohol. Intervención precoz e tratamento. 
  15. Valoración e coidados de enfermería a persoas con adicción á cocaína, outros estimulantes, cannabis, alucinóxenos ou hipnosedantes.
  16. Programas de Reducción do Dano: Obxectivos. Colectivos vulnerables: Persoas sen fogar, xóvenes con consumos na vía pública. Intervención de enfermería.
  17. Xénero e Saúde: Características e consecuencias diferenciadoras. Enfoque e perspectiva de xénero en saúde comunitaria e adiccións
  18. Alimentación, saúde e actividade física. Repercusións do consumo de drogas sobre a alimentación e a nutrición. 
  19. Adolescentes: necesidade de saúde e estratexias de intervención nos ámbitos familiar, educativo e de ocio. 
  20. Lei 31/1995, de 8 de novembro de Prevención de Riscos Laborais: Delegados de prevención. Comités de seguridade e saúde. 

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: