Diseño del blog

O Concello de Negreira de Muñiz publica as bases e a convocatoria para 1 praza de Traballador/a Social

nov 10, 2022

O CONCELLO DE NEGREIRA DE MUÑIZ PUBLICA AS BASES E A CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Ter nacionalidade española ou algunha outra que, con arranxo ao disposto no artigo 52 da LEPG, permita o acceso ao emprego público; 
  • Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin acharse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratase de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do que a persoa fose separada ou inhabilitada;
  • Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. 
  • Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas. 
  • Así mesmo, o aspirante que resulte proposto para nomeamento, debe cumprir no momento do nomeamento, os requisitos esixidos na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de Incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas. O exposto implica que os aspirantes que viñeran desempeñando unha actividade pública ou privada, deberán solicitar o recoñecemento de compatibilidade unha vez que o Tribunal formalice a toma de posesión. De non ser compatible a actividade que viñeran desenvolvendo coa relación de servizo ao Concello, os aspirantes seleccionados comprométense a renunciar á mencionada actividade.
  • De acordo co apartado c) do art. 135, do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; co art. 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto; e co apartado e) do art. 76 e a disposición transitoria terceira 1 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido la Lei do estatuto básico do empregado público (TREBEP), será necesario estar en posesión do Título universitario oficial de Graduado ou Diplomado en Traballo Social. 


O prazo será de 10 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP Lugo), é dicir, ata o 23/11/2022


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1

Eliminatorio

Tempo: 90 minutos


Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio, con dúas partes diferenciadas


Primeira parte: Contestación por escrito de 25 preguntas tipo test con tres respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de contido teórico da parte específica do programa.


Segunda Parte: Contestación por escrito de 25 preguntas tipo test con tres respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría. 


EXERCICIO 2.

Obrigatorio e non eliminatorio

Tempo: 15 minutos


Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con tres respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa 


EXERCICIO 3.

Obrigatorio e non eliminatorio

Tempo: 1 hora


O exame para amosar o coñecemento do Galego consistirá na tradución  dun texto de castelán para galego. 


Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuír o Celga 4, ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (curso de perfeccionamento de galego), de conformidade co establecido na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007 que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega


TEMARIO:

  1. A Constitución española: principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na constitución.
  2. Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración pública galega. 
  3. A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público
  4. A Lei de saúde de Galicia: o Sistema público de saúde de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde. A súa estrutura organizativa: disposicións que a regulan
  5. O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Retribucións. Xornada de traballo. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva. 
  6. O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: réxime de provisión e selección de prazas. 
  7. Normativa vixente sobre protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: disposicións xerais; principios de protección de datos; dereitos das persoas. A Lei galega 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.
  8. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II, III e V. Principais riscos e medidas de prevención nas IISS. Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Lexislación sobre igualdade de mulleres e homes: a súa aplicación nos distintos ámbitos da función pública
  9. A acción social. Concepto e etapas históricas. Política social
  10. O Sistema Galego de Servizos Sociais. Principios. Titulares dos dereitos e dos deberes das persoas en relación cos servizos sociais. 
  11. Estrutura do sistema de servizos sociais.
  12. Servizos sociais comunitarios básicos. 
  13. Servizos sociais comunitarios específicos.
  14. Servizos sociais especializados.
  15. O Regulamento dos servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. 
  16. O Plan Concertado. Finalidades, obxectivos e prestacións. 
  17. A prestación dos servizos sociais. Formas de prestación. 
  18. A inspección dos servizos sociais. As obrigas das entidades. 
  19. O modelo de Informe social unificado para área de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía persoal e se aproba a súa utilización no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia
  20. O Servizo de axuda no fogar. Definición. Obxectivos. Persoas usuarias, profesionais que interveñen. Prestacións e tarefas. Organización. 
  21. Normativa municipal do Concello de Negueira de Muñiz reguladora do servizo de axuda no fogar. 
  22. O Servizo de Teleasistencia. Modalidades. 
  23. O Programa Xantar na Casa. Obxectivo e función
  24. Obxecto, definición e principios fundamentais da lei de promoción de autonomía persoal e atención á dependencia
  25. Configuración do sistema para a autonomía persoal e atención á dependencia. Finalidades do sistema. Niveis de protección. 
  26. Prestacións e catálogo de servizos de atención do Sistema para a autonomía e atención á dependencia. Procedemento do elaboración do PIA.
  27. Graos de dependencia e valoración. Recoñecemento do dereito. Financiamento do sistema e aportación dos usuarios
  28.  Lei 10/2013, 27 de novembro, de inclusión social de Galicia. 
  29. Axudas Inclusión Social (AIS). Obxecto. Requisitos. Tramitación
  30. A Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA). Concepto. Beneficiarios. Obrigas dos beneficiarios.
  31. O emprego como factor social de inclusión. Desemprego. Prestacións 
  32. A Familia e os menores: cambios na sociedade. Aspectos psicosociais da Infancia. 
  33. Menores en conflicto social: Intervencións en situación de desprotección infantil. Absentismo escolar 
  34. O acollemento familiar na Lei de apoio á familia e a convivencia en Galicia. Modalidades.
  35. O papel do/a traballador/a social na atención á muller no ámbito municipal. Violencia doméstica. Recursos e Programas. A violencia de Xénero.
  36. Necesidades e recursos das persoas con discapacidade. Centros especializados. Axuda no fogar.
  37. Necesidades sociais dos maiores. Recursos.
  38. Inmigración e retorno. Marco normativo.
  39. A integración social das persoas inmigrantes e emigrantes retornados.
  40. As necesidades sociais. Concepto, tipoloxía e características.
  41.  Proceso metodolóxico: aproximación á realidade social, formulación, planificación, programación, execución
  42. Técnicas e Instrumentos de traballo social
  43. Os sistemas de información nos servizos sociais comunitarios básicos. Novas tecnoloxías da información aplicadas ao traballo social.
  44. Fundamentos, principios e funcións do traballo social. 
  45. Niveis de intervención en traballo socia
  46. O/A traballador/a social como membro dun equipo interdisciplinar. Funcións. 
  47. Deontoloxía e ética profesional. Os códigos de ética no traballo social.
  48. Asociacionismo e Voluntariado social. Concepto, características e normativa que o regula

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: