Diseño del blog

O Concello de O Incio publica as bases e convocatoria para 1 praza de axente de emprego e desenvolvemento local (AEDL)

jul 04, 2022

O CONCELLO DE O INCIO PUBLICA AS BASES DA CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ser español ou nacional dos demais estados membros da Unión Europea. Así mesmo, poderán participar no proceso selectivo os estranxeiros que reúnan a condición de cónxuxes de españois ou de nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do cónxuxe menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas.
  • Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas. 
  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. 
  • Estar en posesión do título de grao, licenciatura ou equivalente (de conformidade co disposto na Disposición Adicional Quinta da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia) dunha titulación da rama de coñecemento de ciencias sociais e xurídicas: 
    • Xestión e Administración Pública. 
    • Dereito. 
    • Ciencias Políticas. 
    • Administración e Dirección de Empresas. 
    • Ciencias Empresariais. 
    • Ciencias Económicas. 
    • Ciencias do Traballo. 
    • Graduado Social. 
    • Relacións Laborais. 
      • As titulacións obtidas no estranxeiro deberán xustificarse coa documentación que acredite a súa homologación pola Administración educativa competente na materia. 
  • Non atoparse separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionarios, no que tivese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. 
  • Non estar incurso en causas de incompatibilidade ou de incapacidade de conformidade co disposto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas. 
  • O coñecemento do idioma galego acreditarase mediante diploma, −Celga 4 ou equivalente −, certificado ou curso homologado polo órgano competente en materia de política lingüística, e, no seu defecto, mediante proba escrita que se lle realizará ao aspirante. Esta proba consistirá na tradución dun texto do castelán ao galego na que o aspirante amose o seu coñecemento da lingua galega. 
As solicitudes para participar no proceso selectivo axustaranse ao modelo que figura como Anexo II, irán  dirixidas ao Sr. Alcalde-Presidente e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de atención ao  público de 08:00 a 15:00 horas, durante o prazo de 20 días hábiles contados dende o seguinte ao da  publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado, é dicir, ate o día 01/08/2022

Poderán tamén presentarse no Rexistro Electrónico Xeral do Concello do Incio  https://concellooincio.sedelectronica.gal/ ou a través das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de  1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.  Se conforme a este precepto se presenta a instancia a través das oficinas de Correos, deberá aparecer o selo na  propia solicitude. Doutro modo, a data de anotación no Rexistro Xeral será a que se teña en conta a tódolos  efectos.

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos

Exercicio tipo test de 40 preguntas e 4 preguntas de reserva que tratarán sobre as  actividades propias do posto a desempeñar e segundo o temario (xeral e específico)

EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos

Resolución dun ou varios supostos prácticos propostos polo tribunal e que tratarán sobre as   actividades propias a desempeñar e segundo o temario (xeral e específico) 

Unha vez rematado o exercicio, o tribunal poderá determinar a lectura do mesmo se o estimase conveniente,  quedando facultado para solicitar do aspirante calquera aclaración en relación a exposición escrita do mesmo.  No caso de que o tribunal determinase a lectura do exercicio, se algún aspirante non procedese á mesma, será  cualificado con 0 puntos. 

Valorarase neste exercicio a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á  resolución dos problemas prácticos expostos, así como a súa fundamentación na lexislación vixente na materia,  o pragmatismo na resolución dos supostos e a formulación de conclusións adecuadas. A claridade na solución  proposta e a presentación da mesma tamén será tida en conta polo tribunal, así como calquera outro criterio que  o tribunal estableza e considere conveniente. 

No suposto de que o exercicio conte con varios supostos prácticos, deberá indicarse no mesmo a puntuación a 
outorgar a cada un deles. 

EXERCICIO 3. cun tempo máximo de 20 minutos 
En cumprimento do sinalado, os aspirantes deberán realizar unha proba que consistirá na tradución dun texto   de castelán a galego, elixido polo Tribunal. 

Para superar a proba é necesario obter o resultado de APTO, 

O texto non poderá ter máis de 200 palabras, sendo considerados como NON APTOS aqueles que teñan 20 erros  ou máis (tradución, gramática e acentuación). 

Están exentos da realización da proba de galego os/as aspirantes que presenten durante o prazo de solicitudes,  e acrediten posuír con data límite do prazo de subsanación de instancias, o CELGA 4 ou equivalente

PERIODO DE PROBA:
Establécese un período de proba de 3 meses, transcorrido o cal, o contrato producirá plenos efectos,  computándose o tempo de servizos prestados a efectos de cálculo de antigüidade do/a traballador/a. 

Durante o período de proba o/a traballador/a terá os dereitos e obrigas inherentes ao posto de traballo, excepto  os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse a instancia de calquera das partes durante  o seu transcurso.

TEMARIO: 
  1. Constitución española de 1978 1
  2. Constitución española de 1978 2
  3. Constitución española de 1978 3 
  4. Constitución española de 1978 4
  5. Constitución española de 1978 5
  6. Comunidade autónoma galega
  7. A Administración autonómica de Galicia
  8. Réxime local español.
  9. Municipio
  10. Sometemento da administración á lei e dereito
  11. As fontes do Dereito público
  12. Potestade regulamentaria dos entes locais.
  13. Disposicións xerais do procedemento administrativo común
  14. Os actos administrativos
  15. Revisión dos actos en vía administrativa
  16. A potestade sancionadora
  17. A responsabilidade patrimonial da administración
  18. O sistema electoral local.
  19. As facendas locais
  20. Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.
  21. Os bens das entidades locais e a súa clasificación. 
  22. Lei Orgánica 5/1985 do 19 de xuño de Réxime Electoral Xeral
  23. A administración electrónica
  24. Orzamento das entidades locais
  25. Liquidación e aprobación da conta xeral.
  26. Estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.
  27. Intervención e Tesourería das entidades locais. 
  28. Os dereitos das persoas con discapacidade en relación co acceso ao emprego.
  29. Políticas de igualdade.
  30. Marco legal e principios xerais da protección de datos de carácter persoal na Administración Pública.
  31. Funcionamento dos órganos colexiados na Administración local
  32. Lei 9/2017 de 8 de novembro de Contratos do Sector Público.
  33. Órganos de contratación.
  34. O prezo do contrato. 
  35. O contrato menor na Lei 9/2017 de 8 de novembro de Contratos do Sector Público. 
  36. Os tipos persoal ao servizo da Administración Local.
  37. Persoal laboral. 
  38. Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
  39.  O contrato de traballo
  40. Dereitos e deberes laborais.
  41. Liberdade sindical e dereito de folga
  42. As modalidades contractuais logo da reforma laboral de 2022. 
  43. Lei do solo de Galicia
  44. Os Puntos de Información Catastral (PIC) na Administración Local
  45. A actividade subvencional das Administracións Públicas
  46. A Deputación Provincial de Lugo como organismo de cooperacións cos Concellos
  47. Política estrutural da Unión Europea
  48. Os novos fondos Next Generation EU
  49. Discapacidade e inclusión social
  50. Formación profesional para o emprego
  51.  A estratexia europea polo emprego.
  52. Programación de fondos europeos da política de emprego da Unión Europea.
  53. Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e Fondo Europeo Agrícola de DesenvolvementoRural (FEADER).
  54. Fondo social europeo (FSE)
  55. Novos instrumentos financeiros de financiamento e proxectos de desenvolvemento local. 
  56. A Xunta de Galicia e as principais liñas de axudas a entidades locais.
  57. Análise económica do mercado de traballo.
  58. Aspectos fiscais a considerar polo emprendedor en relación cos seguintes impostos: IRPF, IVE; IAE. 
  59. O Servizo Público de Emprego en Galicia (SPEG). 
  60. O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE)
  61. As políticas activas de emprego
  62. Programas de cooperación da Xunta de Galicia coas entidades locais.
  63. Axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego no ámbito da CCAA de Galicia. 
  64. Servizos e axudas ás persoas demandantes de emprego e a inserción laboral de colectivos con especiais dificultades de acceso ao mercado de traballo.
  65. Plans para o fomento do emprego e a creación de empresas
  66. O emprego e as tecnoloxías da información e a comunicación
  67. Creación de emprego no ámbito da atención a dependencia. 
  68. A empresa
  69. Formas xurídicas para a creación dunha empresa
  70. As sociedades mercantís
  71.  Fiscalidade das sociedades mercantís.
  72. O traballador autónomo.
  73. O salario
  74. A cotización a seguridade social.
  75. O Plan de empresa
  76. Viabilidade económica e financeira dun proxecto empresarial
  77. A instrumentación contable da empresa
  78. Fontes de financiamento da empresa
  79. A figura do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local
  80. Medidas de apoio as entidades locais de Galicia para a contratación de Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local.
  81. Plans de desenvolvemento local.
  82. Rede de Técnicos de Emprego de Galicia.
  83. Programas integrados de emprego. 
  84. Introdución aos Sistemas de Información Xeográfica
  85.  Xuventude e voluntariado. 
  86. Xestión cultural
  87. Marco legal dos espectáculos públicos
  88. Características da estrutura empresarial da provincia de Lugo e de Galicia.
  89. Os grupos de desenvolvemento rural (GDR)
  90. O Incio

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: