Diseño del blog

O Concello de Ribeira publica as bases e convocatoria para a provisión de varias prazas

jul 04, 2022

O CONCELLO DE RIBEIRA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN DE VARIAS PRAZAS

REQUISITOS E SOLICITUDES:
Requisitos comúns para os postos de XEFE DE BRIGADA, PEÓNS DE BRIGADA E PEÓN CONDUTOR.
  1. Ter a nacionalidade española. Tamén poderán participar as persoas que posúan a nacionalidade doutros estados membros da Unión Europea; as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que sexan cónxuxes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separadas de dereito; as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes; as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes do cónxuxe non separado de dereito de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes; as persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España nos cales sexa aplicable a libre circulación de traballadores; e as demais persoas estranxeiras con residencia legal en España
  2. Ter feitos os 16 anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.
  3. Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións propias do posto de traballo para o que se opta. A estes efectos, establécese a igualdade de condicións das persoas con discapacidade cos demais aspirantes, non podendo fixarse con carácter xeral limitacións físicas ou psíquicas senón nos casos en que sexan incompatibles co normal desempeño do traballo correspondente, adoptándose polo Tribunal Cualificador medidas e medios para a realización das probas, de forma que gocen de igualdade de oportunidades cos demais participantes. A condición de discapacidade e a súa compatibilidade acreditarase con certificación expedida polo órgano competente. 
  4. Non incorrer en causa de incompatibilidade ou de incapacidade, conforme á normativa vixente
  5. Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional á cal se pertencía. No caso de ser nacional doutro Estado, non acharse inhabilitado ou en situación equivalente nin haber sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
Requisitos específicos para o posto de XEFE DE BRIGADA.
  1. Estar en posesión (ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias) dalgunha das seguintes titulacións: 
    1. enxeñería de montes
    2. enxeñería técnica forestal
    3. técnico/a superior en xestión forestal e do medio natural
    4. técnico/a en aproveitamento e conservación do medio natural
    5. técnico/a en emerxencias e protección civil 
    6. formación profesional equivalente, que deberá acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo competente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión (na mesma data do remate do prazo para presentar instancias) da Credencial que acredite a súa homologación, expedida polo Organismo competente
  2. Estar en posesión do permiso de conducir do tipo B, en plena vixencia e sen ningún tipo de limitación á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Requisitos específicos para os postos de PEÓNS DE BRIGADA.
  1. Estar en posesión (ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias) do certificado de escolaridade ou equivalente, que deberá acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo competente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión (na mesma data do remate do prazo para presentar instancias) da Credencial que acredite a súa homologación, expedida polo Organismo competente.
Requisitos específicos para o posto de PEÓN CONDUTOR.
  1. Estar en posesión (ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias) do certificado de escolaridade ou equivalente, que deberá acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo competente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión (na mesma data do remate do prazo para presentar instancias) da Credencial que acredite a súa homologación, expedida polo Organismo competente.
  2. Estar en posesión do permiso de conducir do tipo B, en plena vixencia e sen ningún tipo de limitación á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes prese ntaranse no Rexistro Xeral do Concello (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, horario de  verán de 9:00 a 13:30 horas) durante o prazo de CINCO  DÍAS HÁBILES, que se iniciará o día seguinte ó da publicación  do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, é dicir, ate o día 11/07/2022

As solicitudes tamén poderán presentarse en calquera dos lugares e formas establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015,  do 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, así como de maneira telemática  a través da Sede Electrónica do Concello de Ribeira https://sede.ribeira.gal 

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 50 minutos

Cuestionario  de 25 preguntas tipo test, con 4 alternativas de resposta cada unha, a proposta do Tribunal Avaliador sobre o contido  do temario.

EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio

Está dirixida á comprobación, por parte do tribunal, de que os/as aspirantes  comprenden, falan e escriben correctamente o galego, someténdoos ás probas que consideren máis adecuadas para tal  comprobación. 

Esta proba será cualificada como “APTO/A” ou “NON APTO/A”.

Quedarán exentas da realización desta proba aquelas persoas que acrediten estar en posesión do CELGA 3 ou equivalente (para aquelas persoas que se presenten ao posto de xefe de brigada ) e CELGA 2 ou equivalente (para aquelas  persoas que se presenten aos postos de peóns de brigada e peón condutor ), debidamente homologado polo órgano  competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do  16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega,  publicada no GOG nº 146, do 30 de xullo de 2007

RECOÑECEMENTO MÉDICO, PROBA FÍSICA E CURSO TEÓRICO-PRÁCTICO.
Previamente ao nomeamento para a contratación, os/as aspirantes propostos/as para a contratación deberán pasar  por un recoñecemento médico e unha proba física de esforzo para garantir as súas condicións de saúde para o traballo a  realizar.

Tamén teñen que realizar un curso teórico-práctico de formación sobre a prevención e defensa contra os incendios  forestais de 16 horas. Este curso será obrigatorio, aínda que xa o recibisen en anos anteriores.

Todo isto de conformidade co disposto na Cláusula Quinta do Convenio interadministrativo asinado na data 20/6/2022  entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Ribeira, para a realización de accións de prevención e defensa contra os  incendios forestais durante o ano 2022, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural  (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2022.

As probas referidas nesta base deberán superarse para a realización da contratación.

No caso de que o/a aspirante proposto/a non supere as referidas probas, non poderá procederse ao seu nomeamento  e posterior contratación e acudirase á lista de reserva segundo a orde establecida na mesma.

PERÍODO DE PROBA.
O persoal contratado quedará sometido a un período de proba de un mes, de conformidade co artigo 14 do Estatuto  dos Traballadores, agás cando o/a traballador/a xa tivera desempeñado as mesmas funcións con anterioridade no Concello  de Ribeira, baixo calquera modalidade de contratación. 

Durante o período de proba, o/a traballador/a terá os dereitos e obrigas correspondentes ao posto de traballo que  desempeñe como si fora de plantilla, agás os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse a instancia  de calquera das partes durante o seu transcurso.

Transcorrido o período de proba sen que se houbese producido o desestimento, o contrato producirá plenos efectos,  computándose o tempo dos servizos prestados na antigüidade do/a traballador/a. 

O período de proba non se verá interrompido polas situacións de incapacidade laboral temporal, risco durante o embarazo, maternidade, adopción, garda con fins de adopción, acollemento, risco durante a lactación e paternidade, que poidan  afectar ó/á traballador/a.

BOLSA DE EMPREGO
A bolsa de emprego formarase cos/as aspirantes que resultasen nomeados no proceso selectivo regulado nestas  bases e con aqueles que formen parte da lista complementaria de reserva, pola estrita orde de puntuación acadado no  proceso selectivo

TEMARIO :
  1. O Municipio de Ribeira
  2. O lume forestal e o seu comportamento.
  3. A toma de auga
  4. Sistemas de detección e comunicación
  5. O lume
  6. Os incendios forestais
  7. Os vehículos autobomba todo terreo
  8. A seguridade persoal e a prevención de accidentes

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: