Diseño del blog

O concello de Outes publica as bases específicas para a constitución dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal de apoio do PAI

jun 02, 2022

CONVOCATORIA E BASES ESPECÍFICAS QUE REGULAN A CONSTITUCIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DE APOIO/AUXILIAR DO PAI DO CONCELLO DE OUTES

REQUISITOS E SOLICITUES:

Para acceder a esta bolsa de emprego as persoas aspirantes deberán ter cumpridos os 16 anos así como estar en posesión do carné de manipulador de alimentos en vigor, certificado negativo por delitos de natureza sexual, título acreditativo de ter coñecementos básicos de primeiros auxilios e por último, estar en posesión dalgunha das titulacións académicas habilitantes para o persoal de apoio/auxiliar do PAI como son:
  • Título de Licenciado/a en pedagoxía ou psicopedagoxía
  • Título de Grado en Educación Infantil
  • Mestre/a coa especialidade de Educación Infantil ou equivalente 
  • Técnico/a Superior en Educación Infantil
  • Técnico/a especialista en xardíns de infancia, rama servizos  á comunidade 
  • Técnico/a superior en Educación Infantil establecido polo Real Decreto 2059/1995, do 22 de decembro, cuxo currículo para Galicia foi establecido polo Decreto 86/1999, do 11 de marzo.
Ademáis das titulacións anteriores poderá estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
  • Técnico en atención socio-sanitaria
  • Técnico Superior en animación sociocultural
  • Técnico en coidados auxiliares de enfermería
  • Diplomado/a en puericultura recoñecido pola consellería de sanidade ou algún dos cursos de especialización na materia, que cun mínimo de 300 horas recoñeza o órgano competente na autorización do centro.
Tamén é recomendable estar en posesión do Celga4 para quedar exentos da proba de coñecemento da lingua galega

As solicitudes poden presentarse na sede electrónica do Concello ou de maneira presencial no rexistro xeral do Concello de luns a venres de 9:00 a 14:00
Os aspirantes terán un prazo de 20 días naturais dende a publicación do extracto da convocatoria no BOP, é dicir, ate o día 20/06/2022

PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 1 hora

Cuestionario de 25 preguntas tipo test do contido relacionado co temario

EXERCICIO 2 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 90 minutos

Desenvolvemento por escrito dun suposto proposto plo tribunal.
Este exercicio deberá ser lido polos aspirantes en sesión pública ante o tribunal de selección o cal poderá formular preguntas ou cuestións relacionadas co contido do exame.
Ademáis dos coñecementos teóricos, valorarase a capacidade de análise, a formulación de conclusións, os coñecementos e a adecuada interpretación da situación plantexada e a explicación razoada dos coñecementos teóricos no dsenvolvemento e resolución do suposto.

EXERCICIO 3.  Eliminatorio cun tempo de 30 minutos

Exentos aqueles aspirantes que acreditasen o seu coñecemento da lingua galega co Celga 4 ou equivalente

Proba escrita na que se poida acreditar o coñecemento da lingua galega mediante unha traducción dun texto sen axuda do dicciónario do castelán ao galego. 

TEMARIO:
  1. A Constitución española de 1978
  2. O Estatuto de Autonomía de Galicia.
  3. O municipio
  4. O goberno municipal
  5. O Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da lei do estatuto básico do empregado público. Deberes dos empregados públicos
  6. O Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da lei do estatuto básico do empregado público. Código de conduta
  7. O Convenio Colectivo do Concello
  8. Seguridade e saúde no traballo
  9. O Regulamento de organización e funcionamento do Punto de Atención á Infancia do concello
  10. O Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia
  11. Funcións do persoal de apoio/auxiliar na etapa de educación infantil 0-3
  12. Etapas e momentos mais significativos na etapa 0-3 anos. O desenvolvemento infantil nos primeiros anos de vida
  13. O ingreso do neno-a na escola infantil.
  14. A familia como primeiro axente de socialización.
  15. A escola como institución socializadora
  16. Desenvolvemento cognitivo ata os 3 anos.
  17. O desenvolvemento psicomotor nos nenos e nenas ata os 3 anos.
  18. Desenvolvemento da personalidade nos nenos-as de 0 a 3 anos
  19. Desenvolvemento afectivo nos nenos e nenas de 0 a 3 anos
  20. Educación para a saúde. Hixiene e actividades infantís. 
  21. Prevención de accidentes
  22. Actividade e descanso
  23. Actitudes e hábitos referidos ó descanso
  24. O control de esfínteres
  25. A alimentación infantil.
  26. A comida como recurso educativo
  27. A educación afectivo sexual na etapa de 0 a 3 anos. D
  28. A construción dos roles masculino e feminino
  29. A organización dos espazos e do tempo
  30. Desenvolvemento da linguaxe na etapa 0-3 anos
  31.  Evolución da comprensión e da expresión
  32. Problemas mais frecuentes da linguaxe infantil
  33. A ensinanza e aprendizaxe da lingua na Educación infantil.
  34. O conto
  35. A poesía na educación dos nenos e das nenas
  36.  A educación musical na etapa 0 a 3 anos
  37. Evolución da expresión plástica na etapa 0-3 anos.
  38. O xesto e o movemento
  39. Xogo simbólico
  40. Xogo dramático

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: