O Concello de Piñor publica as bases e convocatoria para 1 praza de Auxiliar de Axuda no Fogar
21 de diciembre de 2022
O CONCELLO DE PIÑOR PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

REQUISITOS E SOLICITUDES:
- Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros Estados.
- Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non superar, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.
- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza a estabilizar.
- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratase de acceder á mesma categoría profesional á que se pertencía
- Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría, Técnico/a superior en Integración Social, Certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais, Certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas no fogar ou equivalentes
- Acreditar o coñecemento da lingua galega mediante a posesión do Celga 2 ou equivalente homologado segundo o disposto na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.
- Coa finalidade de determinar o grao de coñecemento realizarase unha proba que consistirá nun exercicio tipo test acorde ao nivel esixido para o acceso a praza á que optan.
- O exercicio consistirá en 20 preguntas a desenvolver en 1 hora, con tres respostas alternativas das que só unha será a correcta.
- Esta proba cualificarase como apta ou non apta.
- Estarán exentos de realizar este exercicio os/as aspirantes que acrediten dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude para participar no proceso selectivo
- Estar en posesión, ou en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso selectivo, do permiso de conducir de clase B en vigor
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1
Obrigatorio e NON eliminatorio
Tempo: 2 horas
Consistirá nunha proba escrita, tipo test de 60 preguntas con tres respostas alternativas das que só unha será a correcta, sobre o contido do programa.
TEMARIO:
- A Constitución Española de 1978: Características. Estrutura. Contido. Principios Xerais. Dereitos Fundamentais e Liberdades Públicas.
- Conceptos básicos de réxime local: O municipio, o termo municipal, a poboación municipal. As competencias municipais.
- O persoal ó Servizo das Entidades Locais: concepto e clases. Dereitos e deberes dos empregados públicos.
- Hixiene e atención sanitaria domiciliaria: Características e necesidades de atención hixiénico-sanitaria a persoas dependentes. Administración de alimentos e tratamentos a persoas dependentes no domicilio. Mellora das capacidades físicas e primeiros auxilios para as persoas dependentes no domicilio.
- Atención e apoio psicosocial domiciliario: Mantemento e rehabilitación psicosocial das persoas dependentes no domicilio. Apoio ás xestións cotiás das persoas dependentes. Interrelación, comunicación e observación coa persoa dependente e o seu entorno.
- Apoio domiciliario e alimentación familiar: Xestión, aprovisionamento e cociña na unidade familiar de persoas dependentes. Mantemento, limpeza e organización do domicilio de persoas dependentes.
- Coñecemento do termo municipal de Piñor: rueiro, parroquias, lugares e vías de comunicación. Servizos existentes no Concello de Piñor, en especial de tipo sociosanitario.
Contáctenos
Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación
Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.