Diseño del blog

O Concello de Poio publica as bases e convocatoria para 1 praza de orientador/a laboral

dic 09, 2022

O CONCELLO DE POIO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE ORIENTADOR/A LABORAL

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  •  Ter a nacionalidade española ou cumprir os requisitos establecidos no artigo 57 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, no suposto de acceso ao emprego público de nacionais doutros Estados.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
  •  Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa, salvo que a normativa específica determine unha diferente.
  • Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin acharse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non acharse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
  • Nivel de coñecemento de galego Celga 4
  • Grao ou equivalencia: Graduado Social, Dereito Ciencias do Traballo, Económicas empresariais, ADE, Psicoloxía, Pedagoxía,Socioloxía, Educación Social


As instancias presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do Rexistro Electrónico do Concello ou no Rexistro Xeral do Concello de Poio (Con cita previa) dentro do prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza a publicación do correspondente anuncio de convocatoria no “Boletín Oficial do Estado”.


PROCESO SELECTIVO:


Na fase de oposición existirá unha proba teórica. O Tribunal poderá determinar no anuncio que sinale a data de realización deste exercicio, naqueles supostos que así o precisase, o uso de textos de consulta e material específico durante o desenvolvemento da proba, do que deberán vir provistas as persoas aspirantes


Naqueles exercicios que sexan lidos por cada aspirante en sesión pública, e unha vez concluída dita lectura, o Tribunal poderá abrir un diálogo coa persoa aspirante por un tempo máximo de dez minutos sobre cuestións relacionadas cos temas desenvolvidos, e esta deberá contestar as aclaracións que soliciten ou observacións que formule o Tribunal


A fase de oposición para cada unha das prazas convocadas constará dun exercicio de carácter teórico. O exercicio teórico consistirá en responder a un cuestionario tipo test que versará sobre o temario que se estableza nas bases específicas de cada convocatoria (valorarase cun máximo de 10 puntos) con catro respostas alternativas, sendo soamente unha correcta.


GRUPO A: SUBGRUPO A2: 20 preguntas. 50 minutos.


TEMARIO:

  1. A Constitución Española de 1978. Estrutura e contido esencial. A Reforma Constitucional
  2. A Constitución Española de 1978. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección e suspensión dos dereitos fundamentais.
  3. Lei 3/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: Título III. Dos actos administrativos.
  4. Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do réxime local: organización municipal. Competencias.
  5. Lei de Protección de Datos: Calidades dos datos. Dereitos de información na recollida de datos, consentimento do afectado, datos especialmente protexidos, dereito de rectificación e cancelación.
  6.  Servizos do Sistema Nacional de Emprego.
  7. As políticas activas de emprego. Concepto, principios xerais, identificación e tipos.
  8.  Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG). Distribución territorial das oficinas de emprego. O portal de emprego. Dereitos e deberes da persoa desempregada
  9. O Persoal Técnico de orientación laboral do SPEG. Accións que desenvolve.
  10. Obxectivos e protocolo da entrevista de orientación laboral.
  11. Itinerarios personalizados de acceso ao emprego.
  12. Ferramentas e recursos útiles no proceso de procura de emprego.
  13. Os certificados de profesionalidade. Definición e finalidade. Vías para obtención de certificados de profesionalidade.
  14. Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  15. O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). Prestacións por desemprego e subsidios.

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: