Diseño del blog

O Concello de Ribadavia publica as bases e convocatoria para 1 praza de Auxiliar Administrativo/a

sept 16, 2022

O CONCELLO DE RIBADAVIA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A

FUNCIÓNS DO POSTO:
  • Realizar o rexistro de entrada e saída a traves da aplicación informatica Gestiona
  • Prestar apoio na xestión do Servicio Integrado de Rexistro (S.I.R.) cando se lle requira
  • Atender ao público presencial, telefónicamente e telematicamente.
  • Informar aos cidadáns sobre os trámites administrativos normalizados relativos ao seu área de traballo.
  • Elaborar documentos administrativos sinxelos mediante a utilización dos modelos preestablecidos polo seus superiores xerárquicos.
  • Realizar a introdución, corrección e validación de datos nas ferramentas de traballo empregadas no seu ámbito de actuación
  •  Realizar liquidacións que conleven operacións de cálculo sinxelo
  • Elaborar propostas de resolución de asuntos que non requiran especialidade técnica algunha
  • Executar as instrucións concretas sobre o arquivo e a xestión expedientes recibidas polo seu superior xerárquico.
  • Fotocopiar, ensobrar e sellar documentos relativos ao seu área de traballo, asi como a realización de labores de franqueo de correspondencia oficial ante Correos.
  • Tramitar expedientes e procesos administrativos acorde ao seu categoria. 
  • Utilizar todos os medios de comunicación que a Corporación implante para a mellor prestación do servizo durante a súa xornada de traballo
  • Realizar calquera outra función, propia da súa categoría, que se considere necesaria para o correcto funcionamento do Servizo adscrito

REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES E SOLICITUDES:
  • Nivel de titulación mínimo esixido: Título de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO) ou equivalente.
  • Estar en posesión do certificado de lingua galega 3 (Celga 3) ou equivalente, ou superar as probas de coñecemento descritas nestas bases de selección.
  • Ser español ou española ou nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea ou cónxuxe dun ou dunha español ou nacional de algún estado membro da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinteún anos ou maiores de dita idade dependentes. Tamén nacional dalgún Estado no que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores ou traballadoras. Demais estranxeiros ou estranxeiras residentes legalmente en territorio español de acordo ó establecido na Lei orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas atribuídas ó posto de traballo
  • Ter cumpridos os 16 anos de idade e non ter acadado a idade máxima de xubilación forzosa
  • Non ter sido separado ou separada mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin estar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No suposto de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, non seu Estado, nos mesmos termos o acceso ó emprego público
  • Non estar afectado ou afectada por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ó servizo das administracións públicas.

O prazo de presentación de solicitude será de 10 (dez) días naturais a contar dende a publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Ourense , é dicir, ate o 17/09/2022
Lugar e forma de presentación: As instancias serán presentadas no Rexistro Xeral do Concello, sito en Praza Maior núm. 4, Ribadavia, a Ourense; ou na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015. As instancias tamén se poderán presentar por calquer oficina dun órgano administrativo que conte co Rexistro de Intercambio de Rexistros (SIR, en sucesivas mencións). Os aspirantes que teñan algunha discapacidade deberano indicar na instancia, solicitando, de ser necesario, as posibles adaptacións de tempo e medios para realizar as probas selectivas
Aboamento da taxa polos dereitos de inscripción en procesos de selección de persoal (20,00 €).
O impreso de autoliquidación da devandita taxa deberá solicitarse por vía telefónica, correo electrónico, ou ben, a través da sede electrónica do Concello.
O pago poderá realizarse en calquera sucursal de ABANCA e efectuando o pago no seguinte número de conta: ES23 2080 5332 8231 1002 5794 . Concepto: Dereitos de examen praza Auxiliar administrativo. Excepcionalmente, se permitirá o pago nas oficinas municipais
PROCESO SELECTIVO: EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos
R espostar 40 preguntas tipo test, con catro respostas posibles, sendo só unha delas válida .
Puntuación máxima deste exercicio: 4 puntos. Os aspirantes que non superen os 2 puntos quedaran excluidos do proceso selectivo.
EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio nun tempo m áximo de 30 minutos
Proba práctica consistente en desenvolver un suposto práctico sobre as funcións propias da praza establecidas
Puntuación máxima deste exercicio: 2 puntos. Os aspirantes que non superen o 1 punto quedaran excluidos do proceso selectivo.
BOLSA DE EMPREGO: As persoas que non consigan praza pasarán a formar parte dunha bolsa de traballo, de tal maneira que, cando o concello necesite algún/ha traballador/a destas características para o mesmo servizo e posto obxecto da presente convocatoria, para cubrir postos que queden vacantes, entón acudirá a dita bolsa, seleccionando ó/á primeiro/a deles/as e soamente poderá seleccionarse ó/á seguinte a este/a, sempre e cando aquel/a rexeitase o posto ou non cumpra nese intre cos requisitos do punto dous destas bases; o que suporá pasar ó final da lista salvo que se dean as circunstancias de estar xa traballando ou enfermo/a, o que deberá xustificarse mediante a documentación necesaria. 
TEMARIO :
  1. A Constitución española
  2. A organización do Estado español na Constitución
  3. A Coroa
  4. O Poder Xudicial.
  5. O Estatuto de autonomía de Galicia
  6. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  7. O municipio
  8. Os recursos das facendas locais. 
  9. As fontes do ordenamento xurídico.
  10. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.  I
  11. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.  II
  12. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.  III
  13. Singularidades dos procedementos administrativos das entidades locais.
  14. O patrimonio das administracións públicas. 
  15. Actividade subvencional das entidades locais
  16. Os contratos do sector público
  17. A organización municipal.
  18. O sistema electoral local
  19. Réxime de sesións dos órganos de goberno local
  20. O persoal ao servizo das administracións públicas
  21. A Secretaría, a Intervención e a Tesourería municipal no Decreto 128/2018, do 16 de marzo.
  22. O orzamento xeral das entidades locais
  23. A execución do orzamento de gastos e de ingresos
  24. A tesouraría das entidades locais
  25.  O imposto sobre bens inmobles
  26. Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. 
  27. Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes
  28. Discapacidade
  29. Informática básica.

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: