Diseño del blog

O Concello de Riotorto publica as bases e convocatoria para 1 praza de axente de emprego e desenvolvemento local

nov 07, 2022

O CONCELLO DE RIOTORTO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Ter nacionalidade española ou ter nacionalidade doutro Estado co alcance que se sinala no artigo 57 do E.B.E.P. 
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas da praza. 
  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Non ter sido separadas mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no seu caso o persoal laboral, no que estiveran separadas ou inhabilitadas. No caso de seren nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitadas ou en situación equivalente nin ter sido sometidas a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. 
  • Estar en posesión de título universitario que posibilite acceso ao grupo A1, Grado ou Licenciatura, de conformidade ao establecido no texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro
  • O coñecemento da lingua galega: os interesados deberán acreditar estar en posesión ou en condicións de obter na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes, o CELGA 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia. No seu defecto, será obrigatorio a realización dunha proba escrita do coñecemento do galego e obter a calificación de “apto”. 


Prazo de presentación. Este será de DEZ DÍAS NATURAIS contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no B.O.E.


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 1 hora

Consistirá en responder a 30 preguntas tipo test (máis tres preguntas de reserva) relacionadas coas materias.


Cada pregunta terá tres respostas posibles, das cales, só unha é correcta.


EXERCICIO 2.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 1 hora

Consistirá nun ou varios supostos prácticos determinado/s libremente polo Tribunal que terán por obxecto comprobar a aplicación práctica dos coñecementos que se inclúen nas materias e respondan ás funcións ou tarefas da praza cuxa provisión se convoca. 


EXERCICIO 3.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 30 minutos

Consistirá na realización por escrito dunha traducción ao galego dun texto en castelán que será proposto polo Tribunal 


Estarán exentos da realización deste exercicio aqueles candidatos que acrediten estar en posesión ou en condicións de obter na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes, o CELGA 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia


TEMARIO:

  1. A Constitución Española de 1978. Estrutura e principios xerais. O Tribunal Constitucional. Procedemento de reforma.
  2. Os dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns na Constitución Española de 1978. A protección e suspensión dos dereitos fundamentais.
  3. A Coroa. As funcións constitucionais do Rei. O referendo. As Cortes Xerais. Composición, elección e disolución. Atribucións. O Defensor do Pobo e o Tribunal de Contas.
  4. O Goberno na Constitución española de 1978. A designación e a remoción do Presidente do Goberno. As funcións do Presidente do Goberno.
  5. O Poder Xudicial. Regulación constitucional da Xustiza. O Consello Xeral do Poder Xudicial.
  6. Organización territorial do Estado. Distintas Administracións Públicas. A Administración do Estado. Administración central e periférica. A Administración Institucional.
  7. As Comunidades Autónomas na Constitución Española de 1978. Competencias das Comunidades Autónomas. 
  8. A Organización institucional das Comunidades Autónomas. O Estatuto de Autonomía de Galicia. Organización institucional da Comunidade Autónoma de Galicia. Competencias. 
  9. O réxime local español: principios constitucionais. Regulación xurídica. A autonomía local na Constitución española de 1978. 
  10. A provincia no réxime local. Órganos de decisión colexiados e unipersonais; organización complementaria. 
  11. A Administración Pública na Constitución. Principios de actuación das Administracións Públicas: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación. 
  12. Sometemento da Administración á Lei e ao Dereito. O principio de legalidade. 
  13. As fontes do Dereito Público. Normas supraestatais. Normas estatais. Normas autonómicas. Normas locais. 
  14. O procedemento administrativo común. Os interesados. Fases do procedemento administrativo común. Principais documentos do expediente administrativo. 
  15. A responsabilidade da Administración. A responsabilidade das autoridades e persoal ao servizo das Administración Públicas. 
  16. O persoal ao servizo da Administración Local. Clases. O ingreso na función pública. A carreira administrativa. Adquisición e perda da condición de funcionario. As situacións administrativas. O sistema retributivo
  17. Incompatibilidades. Dereitos e deberes dos empregados públicos. O código de conduta. Principios éticos e de conduta. Código disciplinario. 
  18. O ordenamento xurídico- administrativo: O dereito da Unión Europea: Tratados e Dereito derivado. A Constitución. As leis estatais e autonómicas. Tipos de disposicións legais. Os tratados internacionais
  19. O Regulamento: concepto e clases. A potestade regulamentaria. Procedemento de elaboración. Eficacia do Regulamento. Límites da potestade regulamentaria. Defensa contra os Regulamentos ilegais. A costume. Os principios xerais do Dereito. A xurisprudencia. A doutrina científica.
  20. O administrado versus cidadán: concepto e clases. A capacidade dos cidadáns e as súas causas modificativas. O Estatuto do cidadán: dereitos subxectivos e intereses lexítimos, diferenzas entre ambos conceptos e obrigas. 
  21. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. Requisitos: a motivación e forma
  22. A eficacia dos actos administrativos: o principio de autotutela declarativa. Condicións. A notificación: contido, prazo e práctica. A notificación defectuosa. A publicación. A aprobación por outra Administración. A demora e retroactividade da eficacia. A executividade dos actos administrativos. A coacción administrativa directa. A vía de feito
  23. A invalidez do acto administrativo. Supostos de nulidade de pleno dereito e anulabilidade. O principio de conservación do acto administrativo. A revisión de actos e disposición pola propia Administración: supostos. A acción de nulidade, procedemento, límites. A declaración de lesividade. A revogación de actos. A rectificación de erros materiais ou de feito.
  24. A terminación do procedemento. A obriga de resolver. Contido da resolución expresa: principios de congruencia e de non agravación da situación inicial. A terminación convencionais. A falta de resolución expresa: réxime de silencio administrativo. O desistimento e a renuncia. A caducidade
  25. Recursos administrativos: principios xerais. Actos susceptibles de recurso administrativo. Regras xerais da tramitación dos recursos administrativos. Clases de recursos. As reclamacións administrativas previas ao exercicio de accións civís e laborais. Procedementos substitutivos dos recursos administrativos: conciliación, mediación e arbitraxe. 
  26. A xurisdición contencioso-administrativa: natureza, extensión e límites. Sistemas de organización: evolución histórica e réxime español vixente. Órganos e competencias do contencioso-administrativo. 
  27. O recurso contencioso-administrativo. As partes. Actos impugnables. Procedemento ordinario. Medidas cautelares. A sentenza. Outras formas de terminación do procedemento. 
  28. Acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Sede electrónica. Identificación e autenticación. Rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. A xestión electrónica dos procedementos.
  29. Normativa de aplicación en materia de contratación administrativa no ámbito do sector público. Os contratos do sector público: Tipos de contrato, as partes dos contratos; o contido mínimo do contrato. Os órganos de contratación. O réxime de invalidez dos contratos e recursos. Procedementos e forma de contratación. Criterios de adxudicación
  30. A actividade subvencional das Administración Públicas. Procedemento de concesión e xestión das subvencións. Reintegro de subvencións. Control financeiro. Infraccións e sancións administrativas en materia de subvencións. 
  31. O municipio. O término municipal. A poboación. O Padrón Municipal de Habitantes. Órganos de decisión colexiados e unipersoais e organización complementaria. As competencias nas Entidades Locais: competencias propias, delegadas e competencias distintas das propias.
  32. Os bens das Entidades Locais. Bens de dominio público local. Bens patrimoniais. Bens comunais. Adquisición de bens por parte das Entidades locais. Alteración da cualificación xurídica dos bens locais. Inventario de bens. Prerrogativas das entidade locais para a defensa do seus bens.
  33. As formas de acción administrativa das entidades locais. O fomento. A actividade da policía: a intervención administrativa local na actividade privada. As autorizacións administrativas: as súas clases. O réxime das licenzas. A comunicación previa e a declaración responsable. 
  34. A iniciativa pública económica das Entidades Locais e a reserva de servizos. O servizo público nas entidades locais. Os modos de xestión. Especial referencia a concesión de servizos e á empresa pública local. O consorcio. 
  35. O orzamento municipal. Os créditos do orzamentos de gastos: delimitación, situación e nivel de vinculación xurídica. As modificacións de crédito: clases concepto, financiamento e tramitación. 
  36. A tesourería das Entidades Locais. Réxime xurídico. O principio de unidade de caixa. Funcións da tesourería. Organización. Situación dos fondos: a caixa e as contas bancarias. O plan de disposición de fondos. A realización de pagamentos: prelación, procedementos e medios de pagamento O cumprimento do prazo nos pagamentos: o período medio de pagamento. O estado de conciliación. 
  37. A potestade regulamentaria das Entidades locais en materia tributaria: contido das ordenanzas fiscais, tramitación e réxime de impugnación dos actos de imposición e ordenación de tributos. O establecemento de recursos non tributarios. 
  38. Os tributos locais: Imposto sobre Bens Inmobles, Impostos sobre actividades económicas, Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras, Impostos sobre Vehículos de Tracción Mecánica. A súa natureza. Feito impoñible. Suxeito pasivo. Exencións e bonificacións. Base impoñible: o valor catastral. Base liquidable. Cota, devengo e período impositivo. As taxas e as constribucións especiais.
  39. Instrumentos e técnicas de planificación e ordenación dos recursos humanos. Plan de ordenación de Recursos Humanos. Cadro de persoal. Oferta de emprego público. Libro de Rexistro de Persoal. Análise e Valoración de postos de traballo e Relación de Postos de Traballo. A provisión dos postos de traballo. 
  40. O persoal ao servizo da Administración Local. Clases. Dereitos e deberes dos empregados públicos. Adquisición e perda da relación de servizo. As situacións administrativas. Réxime disciplinario. 
  41. O persoal laboral nas entidades locais. Clases. A representación dos traballadores nas entidades locais. A negociación colectiva e os convenios colectivos. A Seguridade Social.
  42. O concepto de desenvolvemento local. Evolución. Obxectivos e características.
  43. O desenvolvemento Local. Definición. Ámbitos e principios de Actuación. Factores e actores. 
  44. O axente de emprego e desenvolvemento local. Orixe da figura de AEDL. Perfil e competencias. Coñecementos, habilidades e actitudes. Funcións. Recursos de información para o axente de emprego e desenvolvemento local. 
  45. A planificación no desenvolvemento local. Determinación de obxectivos. Elaboración de proxectos: organización de factores e elementos a considerar. Deseño de actividades. Avaliación e divulgación de resultados. 
  46. O medio rural. Características: físicas, económicas, poboacionais, sociais e culturais. 
  47. Unión Europea: orixe e evolución. Institucións e órganos da UE. A unión económica e monetaria. O dereito da Unión Europea. Formación e caracteres: o proceso de toma de decisións na UE. Tratados e dereito derivado. As directivas e regulamentos comunitarios. As decisións, recomendacións e ditames. 
  48. Proxectos e programas europeos. Axudas e subvencións da UE. Tipos e xestión de Fondos Europeos. 
  49. O papel do AEDL no fomento da creación e consolidación de empresas: Servizos da axencias de emprego dirixidos ao fomento do emprendemento. 
  50. Punto de atención ao emprendedor. Definición, servizos que presta e tramitación de documento único electrónico (DUE). 
  51. A orientación para o autoemprego e para a creación de empresas. O asesoramento de proxectos empresariais. Contidos e accións de asesoramento. O obxectivo do plan de empresa. 
  52. As tipoloxías das fórmulas xurídicas das empresas. Procesos e trámites administrativos necesarios para constituír e poñer en marcha unha iniciativa empresarial tendo en conta as distintas formas xurídicas. 
  53. Principais aspectos fiscais a considerar polo emprendedor en relación aos seguintes impostos: Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), Imposto sobre o valor engadido (IVE), Imposto sobre transmisión patrimoniais e actos xurídicos documentados (ITPAXD) e Imposto sobre actividades económicas (IAE). 
  54. Definición e características dos seguintes produtos financeiros: o préstamos persoal, os microcréditos e os préstamo hipotecarios. Os avais. As sociedades de garantía recíproca. Análise doutras fontes de financiamento. Instrumentos financeiros para a internacionalización das Pemes.
  55. O plan de empresa: aspectos formais, o produto/servizo, estudo de mercado e plan de marketing.
  56. O plan de empresa: estudo económico financeiro. Estudo da viabilidade do proxecto. 
  57. As empresas de traballo temporal. Relacións laborais nas empresas de traballo temporal, relación do traballador coa empresa usuaria. 
  58. A economía social: caracterización. A Lei 31/2015, de 9 de setembro, pola que modifica e actualiza a normativa en materia de autoemprego e se adoptan medidas de fomento e promoción do traballo autónomo e da economía social. Cooperativas, Sociedades laborais, Centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral: Características principais. 
  59. Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do Traballo Autónomo. Trámites de inicio de actividade. O traballador autónomo economicamente dependente. Promoción do Emprego autónomo. Réxime especial de traballadores autónomos.
  60. Lei 14/2013, de 27 de setembro de apoio aos emprendedores e á súa internacionalización: principios, obxectivos e medidas máis significativas. Concepto de emprendedor. Descrición das principais liñas de axuda dirixidas a emprendedores e Pemes. 
  61. As sociedades civís e as comunidades de bens. As sociedades de responsabilidade limitada e as sociedades anónimas
  62. O papel do AEDL no fomento do emprego e inserción laboral. Servizos das axencias de emprego dirixidos aos demandantes de emprego por conta allea. 
  63. Mercado laboral e inserción sociolaboral de persoas traballadoras desempregadas.
  64. Recursos sociolaborais e formativos para persoas traballadoras desempregadas
  65. Análise de postos de traballo para a inserción sociolaboral.
  66. Recollida, análise e organización da información na inserción sociolaboral. 
  67. Análise económica do mercado de traballo. Enquisa de poboación activa. 
  68. Real Decreto Lexislativo 3/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Emprego. O Sistema Nacional de Emprego: Disposicións xerais. Instrumentos da política de emprego. As políticas activas de emprego. Tipos. Intermediación laboral. Estratexia española de activación para o emprego.
  69. O curriculum vitae. A entrevista de traballo. As cartas de presentación
  70. O contrato de traballo. Capacidade para contratar. Contido. As prestacións do traballador e do empresario. Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo. Modalidades de contratación
  71. O control sindical do contrato de traballo. A afiliación dos traballadores á Seguridade Social. 
  72. Lei de Prevención de Riscos Laborais. Obxecto, -ambito de aplicación e definicións 
  73. Sistema Nacional de Garantía Xuvenil: Concepto, beneficiarios, requisitos.
  74. O sistema nacional de cualificacións profesionais. Os certificados de profesionalidade.
  75. Política de emprego. Definición, obxectivos, planificación e execución. Dimensión local e instrumentos
  76. Sistema nacional de emprego. Concepto. Fins. Órganos. Principios de organización e funcionamento. Función
  77. Estratexia española de activación para o emprego. instrumentos de coordinación do sistema nacional de emprego
  78. O servizo público de emprego: concepto, natureza, organización e competencias
  79. A Intermediación laboral. Conceptos. Axentes de intermediación
  80. A Intermediación laboral. Conceptos. Axentes de intermediación
  81. Os programas mixtos de formación e emprego en Galicia. Os obradoiros de emprego
  82. Medidas activas de emprego da Xunta de Galicia. Os programas de cooperación. O fomento do emprego no medio rural (Aprol Rural)
  83. Os Grupos de Acción Local
  84. A iniciativa comunitaria LEADER
  85. O programa Doing Business galicia. Obxectivo. Beneficiarios. Regulación

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: