Diseño del blog

O Concello de Riotorto publica as bases e convocatoria para 1 praza de traballador/a social

nov 07, 2022

O CONCELLO DE RIOTORTO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA UNHA PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Ter nacionalidade española ou ter nacionalidade doutro Estado co alcance que se sinala no artigo 57 do E.B.E.P. 
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas da praza. 
  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Non ter sido separadas mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no seu caso o persoal laboral, no que estiveran separadas ou inhabilitadas. No caso de seren nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitadas ou en situación equivalente nin ter sido sometidas a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. 
  • Estar en posesión de título universitario de Diplomatura ou Grao en Traballo Social.
  • O coñecemento da lingua galega: os interesados deberán acreditar estar en posesión ou en condicións de obter na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes, o CELGA 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia. No seu defecto, será obrigatorio a realización dunha proba escrita do coñecemento do galego e obter a calificación de “apto”. 


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 1 hora

Consistirá en responder a 30 preguntas tipo test (máis tres preguntas de reserva) relacionadas coas materias.


Cada pregunta terá tres respostas posibles, das cales, só unha é correcta.


EXERCICIO 2.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 1 hora

Consistirá nun ou varios supostos prácticos determinado/s libremente polo Tribunal que terán por obxecto comprobar a aplicación práctica dos coñecementos que se inclúen nas materias e respondan ás funcións ou tarefas da praza cuxa provisión se convoca. 


EXERCICIO 3.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 30 minutos

Consistirá na realización por escrito dunha traducción ao galego dun texto en castelán que será proposto polo Tribunal 


Estarán exentos da realización deste exercicio aqueles candidatos que acrediten estar en posesión ou en condicións de obter na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes, o CELGA 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia


TEMARIO:

  1. A Constitución Española do 1978. Estructura e contido esencial. A reforma constitucional.
  2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección e suspensión dos dereitos fundamentais.
  3. A Coroa. Atribucións según a Constitución. 
  4. Organización territorial do Estado. O Estatuto de Autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma. 
  5. Dereito Administrativo. Fontes e xerarquía das normas.
  6. A Administración e a norma xurídica: o principio de legalidade.
  7. O Municipio. Concepto e elementos. O termo municipal. O empadroamento. 
  8. O municipio. Competencias e organización. Órganos de goberno e administración do municipio. 
  9. A provincia. Organización Provincial. Deputacións.
  10. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. Requisitos: a motivación e forma
  11. A eficacia dos actos administrativos.
  12. A notificación: contido, prazo e práctica. A notificación defectuosa. A publicación.
  13. A executividade dos actos administrativos. A coacción administrativa directa. A vía de feito. 
  14. A invalidez do acto administrativo. Supostos de nulidade de pleno dereito e anulabilidade. O principio de conservación do acto administrativo. A revisión de actos e disposición pola propia Administración.
  15. A acción de nulidade, procedemento, límites. A declaración de lesividade. A revocación de actos. A rectificación de erros materiais ou de feito. 
  16. Disposicións xerais sobre os procedementos administrativos e normas reguladoras dos distintos procedementos. As fases do procedemento administrativo. 
  17. Recursos administrativos: principios xerais. Actos susceptibles de recurso administrativo. Regras xerais de tramitación dos recursos administrativos. Clases de recursos. 
  18. O persoal ao servizo das Entidades Locais. Concepto e clases. Dereitos e deberes. Incompatibilidades.
  19. O orzamento das Entidades Locais. Documentos de que consta. 
  20. Calidade dos datos. Dereito de información na recollida de datos, consentimento do afectado, datos especialmente protexidos, dereito de rectificación e cancelación da Regulamento Europeo de Protección de Datos.
  21. A acción social. Concepto e etapas históricas. Política social
  22. O Sistema Galego de Servizos Sociais. Principios. Titulares dos dereitos e dos deberes das persoas en relación cos servizos sociais. 
  23. Estrutura do sistema de servizos sociais.
  24. Servizos sociais comunitarios básicos. 
  25. Servizos sociais comunitarios específicos. 
  26. Servizos sociais especializados.
  27. O Regulamento dos servizos sociais comunitarios e o seu Financiamento.
  28. O Plan Concertado. Finalidades, obxectivos e prestacións. 
  29. A prestación dos servizos sociais. Formas de prestación.
  30. A inspección dos servizos sociais. As obrigas das entidades.
  31. O modelo de Informe social unificado para área de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía persoal e se aproba a súa utilización no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. 
  32. O Servizo de axuda no fogar. Definición. Obxectivos. Persoas usuarias, profesionais que interveñen. Prestacións e tarefas. Organización.
  33. Normativa municipal do Concello de Riotorto reguladora do servizo de axuda no fogar
  34. O Servizo de Teleasistencia. Modalidades.
  35. O Programa Xantar na Casa. Obxectivo e funcións
  36. Obxecto, definición e principios fundamentais da lei de promoción de autonomía persoal e atención á dependencia
  37. Configuración do sistema para a autonomía persoal e atención á dependencia. Finalidades do sistema. Niveis de protección. 
  38. Prestacións e catálogo de servizos de atención do Sistema para a autonomía e atención á dependencia. Procedemento do elaboración do PIA.
  39. Graos de dependencia e valoración. Recoñecemento do dereito. Financiamento do sistema e aportación dos usuario
  40. Lei 10/2013, 27 de novembro, de inclusión social de Galicia. 
  41. Axudas Inclusión Social (AIS). Obxecto. Requisitos. Tramitación
  42. A Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA). Concepto. Beneficiarios. Obrigas dos beneficiarios
  43. O emprego como factor social de inclusión. Desemprego. Prestacións
  44. A Familia e os menores: cambios na sociedade. Aspectos psicosociais da Infancia
  45. Menores en conflicto social: Intervencións en situación de desprotección infantil. Absentismo escola
  46. O acollemento familiar na Lei de apoio á familia e a convivencia en Galicia. Modalidades.
  47. O papel do/a traballador/a social na atención á muller no ámbito municipal. Violencia doméstica. Recursos e Programas. A violencia de Xénero.
  48. Necesidades e recursos das persoas con discapacidade. Centros especializados. Axuda no fogar.
  49. Necesidades sociais dos maiores. Recursos.
  50. Inmigración e retorno. Marco normativo.
  51. A integración social das persoas inmigrantes e emigrantes retornados.
  52. As necesidades sociais. Concepto, tipoloxía e características.
  53. Proceso metodolóxico: aproximación á realidade social, formulación, planificación, programación, execución.
  54. Técnicas e Instrumentos de traballo social
  55. Os sistemas de información nos servizos sociais comunitarios básicos. Novas tecnoloxías da información aplicadas ao traballo social.
  56. Fundamentos, principios e funcións do traballo social.
  57. Niveis de intervención en traballo social 
  58. O/A traballador/a social como membro dun equipo interdisciplinar. Funcións.
  59. Deontoloxía e ética profesional. Os códigos de ética no traballo social. 
  60. Asociacionismo e Voluntariado social. Concepto, características e normativa que o regula.

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: