Diseño del blog

O Concello de Salceda de Caselas aproba as bases e a convocatoria para a constitución dunha bolsa de emprego

jun 03, 2022

O CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS APROBA AS BASES  E CONVOCATORIA PARA A CONSTITUCIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE PERSOAS FUNCIONARIAS INTERINAS, ESCALA ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA ADMINISTRATIVA, GRUPO C, SUBGRUPO C1, POSTO ADMINISTRATIVO

REQUISITOS E SOLICITUDES:

Para poder formar parte desta bolsa de emprego será necesario que os interesados conten co título de bacharel ou técnico así como é recomendable que posúan o Celga4.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP de Pontevedra, é dicir, ate o día 16/06/2022.    No caso de que a instancia non se presente directamente no rexistro xeral do concello, o aspirante deberá dirixir por correo electrónico ao enderezo secretaria@salcedadecaselas.gal, unha copia da instancia na que figure a data de presentación no rexistro correspondente con anterioridade ao remate do prazo.

PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos

Consistirá na realización dunha proba tipo test de 40 preguntas no día, hora e lugar que se estableza na resolución na que se publique o listado PROVISIONAL de admitidos e excluidos

EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo que establecerá o tribunal ao inicio da proba en atención á súa natureza

As persoas aspirantes que superaran o primeiro exercicio serán convocados/as no día, hora e lugar que sinale o Tribunal para a realización do segundo exercicio.

Consistirá en desenvolver por escrito as preguntas de carácter práctico plantexadas polo tribunal relacionadas co programa da convocatoria e as funcións propias do posto.

As preguntas poderán ser de desenrolo ou tipo test.

EXERCICIO 3 . De caracter eliminatorio cun tempo máximo de 30 minutos para aquelas persoas aspirantes que non acreditaran con antelación a realización da proba estar en posesión do Celga 4 ou equivalente

Consistirá na tradución dun texto seleccionado polo tribunal de castelán a galego.

TEMARIO: 
  1. A Constitución española de 1978
  2. A organización territorial do Estado na Constitución
  3. A Administración e o dereito administrativo
  4. O acto administrativo
  5. O procedemento administrativo
  6. O procedemento administrativo común
  7. Revisión dos actos en vía administrativa
  8. A administración electrónica e procedemento administrativo
  9. A potestade sancíonadora
  10. A responsabilidade patrimonial das Administracións Públicas.
  11. Os contratos do sector público
  12. Disposiciõns xerais sobre a contratación do sector público.
  13. As partes nos contratos do sector público
  14. Obxecto, orzamento base de licitación, valor estimado, prezo do contrato e a súa revisión
  15. Adxudicación dos contratos das Administracións públicas
  16. A administración local
  17. O sistema electoral local. 
  18. A organización municipal
  19. Órganos complementarios nos municipios de réxime común
  20. As competencias municipais
  21. Réxime de sesións e acordos dos órganos de goberno nos Concellos
  22. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Procedementos de elaboración e aprobación. Ordenanzas fiscais
  23. O persoal ao servizo da Administración local
  24. O rexistro de documentos
  25. O orzamento xeral das entidades locais
  26. A estrutura orzamentaria.
  27. A execución do orzamento de gastos e ingresos
  28. Actividade subvencional das Administracións Públicas
  29. Os recursos das facendas locais Réxime xurídico. Os tributos locais
  30. Os recursos das facendas locais
  31. O imposto sobre bens inmobles O imposto sobre vehiculos de tracción mecánica. O imposto sobre construcións, instalacións e obras. O imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana.
  32. Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: