Diseño del blog

O Concello de San Sadurniño convoca distintas prazas a proveer da OEP 2021

dic 24, 2021
BASES PARA A SELECCIÓN DA PRAZA DE PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA DE ADMINISTRATIVO OU ADMINISTRATIVA DE XESTIÓN, INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO CONCELLO DE SAN SADURNIÑO.

OBXECTO DA CONVOCATORIA
O obxecto desta convocatoria é a cobertura dunha praza de Administrativo ou Administrativa de Xestión como persoal funcionario de carreira, incluída na oferta de emprego público 2021, do Concello de San Sadurniño, grupo C, subgrupo, C1, escala, administración xeral; subescala: administrativa. 
Datos en RPT:
1. Denominación: Administrativo / Administrativa de Xestión 
2. Nivel de destino: 19 
3. Complemento específico: 37,55

FUNCIÓNS
1. Colaboración na atención ao público presencial, fax, telefónica e vía correo electrónico. 
2. Colaboración coas tarefas de Rexistro. 
3. Colaboración no referente a estatística, padrón. 
4. Apoio xeral ao posto de Técnico de Xestión. 
5. Colaboración na xestión e tramitación administrativa dos servizos de recadación, elaboración de padróns e control da recadación. 
6. Colaboración xeral e tramitación dos procesos relacionados coa xestión contable, orzamentaria, patrimonial e de tesouraría baixo a responsabilidade das persoas responsables das mesmas (Secretaría – Intervención e Técnico/a de Xestión). 
7. Colaboración na xestión de Recursos Humanos, nóminas e Seguridade Social.
8. Colaboración na xestión de subvencións. 
9. Tramitación de expedientes no seu ámbito de traballo, realizando tarefas concretas do procedemento de acordo coas indicacións recibidas e os modelos e circuítos establecidos.
10. Colaboración na elaboración e tramitación de decretos, ditames, oficios e outros documentos administrativos aplicando os modelos de referencia.
11. Colaborar mediante a realización de tarefas de apoio administrativo reforzando ás persoas responsables dos proxectos que se realicen dende a Área. 
12. Xestión das publicacións nos Diarios Oficiais. 
13. Colaboración xeral e/ ou substitución do/a Administrativo e do/a Administrativo/a de Secretaria
14. Outras funcións directamente relacionadas coa Área que lle poidan ser encomendadas polo seu superior xerárquico.

REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES
1. Ter a nacionalidade española, sen prexuízo de ter calquera outra nacionalidade que lle permita ao acceso ao emprego público de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia. 
2. Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. 
3. Ter feitos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, a idade máxima de xubilación forzosa. 
4. Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de accedera ao corpo ou escala de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, do cal a persoa foi separada ou inhabilitada. No caso de nacionais doutros estados, non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores. 
5. Estar en posesión do título de Bacharelato, Formación profesional de segundo grao ou equivalente ou estar en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación das instancias

SOLICITUDES E PLAZO DE PRESENTACIÓN
As persoas interesadas en participar no proceso selectivo deberán achegar a súa solicitude debidamente cuberta durante o prazo de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE no modelo oficial que figura ao final destas bases e que tamén se facilitará por este Concello no Rexistro xeral ou na páxina web municipal.

DOCUMENTACIÓN A APORTAR CAS SOLICITUDES
1. Copia simple do DNI, pasaporte ou documento de identificación. 
2. Copia simple do documento que acredite a titulación requirida como requisito para acceder ao proceso selectivo. 
3. De ser o caso, copia simple do certificado que acredite ter obtido o Celga 4 ou equivalente, co que quedarán exentos do exame de galego. 
4. Xustificante de pagamento de dereito a exame de acordo coa ordenanza fiscal reguladora que ascende para prazas do grupo C1 ou asimiladas á cantidade de 15,86 euros, e que deberá ingresarse no seguinte número de conta do Concello ES74-2080-0208-0131-1000-0059. 
5. Documentación que acredite os méritos alegados para a fase de concurso. A prestación de servizos na Administración deberá acreditarse co certificado de servizos prestados expedido pola administración correspondente. Os servizos na empresa privada acreditaranse co contrato de traballo e informe de vida laboral.
6. Relación de méritos alegados que acheguen as persoas aspirantes, pola orde que se estable na convocatoria, unindo á dita relación os documentos xustificativos dos mesmos

PROCESO SELECTIVO

PRIMEIRO EXERCICIO
Consistirá en realizar unha proba escrita sobre o coñecemento da lingua galega. 
As persoas aspirantes deberán traducir un texto, facilitado polo Tribunal, de castelán a galego ou de galego para o castelán. Esta proba terá a duración de 30 minutos e cualificarase de “apto/a” ou “non apto/a”, quedarán eliminadas as persoas aspirantes que non acaden a cualificación de apto ou apta. 
Estarán exentas da realización deste exercicio as persoas aspirantes que teñan acreditado o coñecemento da lingua galega, mediante a presentación do correspondente certificado de aptitude do curso de perfeccionamento da lingua galega ou Celga 4, dentro do prazo de presentación de solicitudes.

SEGUNDO EXERCICIO
Consistirá en contestar por escrito un cuestionario tipo test de 34 preguntas, sobre o contido do temario anexo á convocatoria. 
O tempo máximo para a realización deste exercicio será de 45 minutos. 
A cualificación máxima deste exercicio é de 34 puntos, e será necesario acadar 17 puntos para superalo. 
Cada pregunta acertada equivale a un punto (1,0)

TERCEIRO EXERCICIO
Terá por obxecto valorar a aplicación práctica dos coñecementos teóricos das persoas aspirantes mediante a resolución dun suposto práctico proposto polo Tribunal, antes da celebración do exercicio, referido ao contido do temario anexo e relacionado coas funcións propias do posto de traballo. 
O tempo máximo de realización deste exercicio será de 2 horas.
Neste exercicio valorarase a formación xeral, a claridade e orde de ideas, facilidade de exposición escrita, e a capacidade de síntese. 
Tras o remate do tempo de exposición escrita, o tribunal determinará a lectura e defensa individualizada do exercicio, podendo requirir á persoa aspirante aclaracións explicativas ao respecto da exposición escrita así como outro tipo de preguntas relacionadas coas funcións do posto de traballo. 
O exercicio poderá ser gravado incorporando a gravación ao expediente para posibles impugnacións. 
A cualificación máxima deste exercicio é de 34 puntos. 
Cualificarase de 0 a 17 puntos a parte da resolución e de 0 a 17 puntos a exposición e defensa. 
Deberase acadar unha puntuación mínima de 8,5 puntos para superar cada unha das partes, sendo preciso superar as dúas partes para aprobar a proba.
 Para realizar este exercicio as persoas aspirantes poderán facer uso dos textos, documentación ou libros de consulta que consideren oportuno sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material a utilizar non poderá ser susceptible da devandita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.)

CUARTO EXERCICIO
Consistirá na realización dunha proba oral na que se realizarán preguntas para avaliar a capacidade competencial das persoas candidatas, ao abeiro dos artigos 61.5 da RDL 5/2015 e 55.3 da Lei 2/2015. 
A duración da proba será de 30 minutos. 
A proba avaliará as seguintes competencias, segundo se recolle no Anexo II: 
1. Efectividade 
2. Orientación ao servizo á cidadanía 
3. Aprendizaxe permanente 
4. Toma de decisións 
5. Traballo en equipo 
Visión global Cada aspecto valorarase atendendo á seguinte distribución: 
1. Moi axeitado. 2 puntos.
2. Bastante axeitado. 1,5 puntos. 
3. Axeitado. 1 puntos. 
4. Pouco axeitado. 0,5 puntos 
5. Nada axeitado. 0 puntos.
 A cualificación máxima deste exercicio é de 12 puntos. 
Deberase acadar unha puntuación mínima de 1 punto en cada un dos aspectos valorados para superar a proba. 
A proba poderá ser gravada incorporando a gravación ao expediente para posibles impugnacións

FASE DE CONCURSO
1. Experiencia profesional (máximo 12 puntos).
2. Titulacións académicas relevantes para a praza convocada (máximo 3 puntos).

TEMARIO
1. A Constitución española de 1.978. Estrutura e contido. Principios xerais e dereitos e deberes fundamentais dos españois. 
2. A organización territorial do Estado. Natureza xurídica e principios
3. O Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e competencias. 
4. Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local: Titulo I: Disposicións Xerais. Titulo II: O municipio. Titulo V: Disposicións Comúns ás Entidades Locais. Capítulo I: Réxime de funcionamento e Capítulo II: Relacións interadministrativas. 
5. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: dos interesados no procedemento; da actividade das administracións públicas: normas xerais de actuación; termos e prazos. 
6. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: dos actos administrativos: requisitos dos actos administrativos, eficacia dos actos, nulidade a anulabilidade. 
7. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: das disposicións sobre o procedemento administrativo común: garantías do procedemento; tramitación simplificada do procedemento administrativo común; execución
8. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: da revisión dos actos en vía administrativa: revisión de oficio; recursos administrativos. 
9. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime xurídico do sector público. Disposicións xerais e principios de actuación e funcionamento do sector público. 
10. A administración electrónica. Normativa de aplicación. Instrumentos para a cooperación entre Administracións Públicas en materia de Administración Electrónica. Órganos. Infraestruturas e servizos comúns. Plataformas de validación e interconexión de redes. 
11. Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais: Título I, Título II, Título III e Título X
12. Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais: O orzamento xeral das Entidades Locais: Concepto e contido. As bases de execución do orzamento. A elaboración e aprobación do orzamento xeral. A prórroga orzamentaria. 
13. Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais: A estrutura dos Orzamentos das Entidades Locais: Normas aplicables; clasificación de gastos e ingresos. 
14. Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais: A liquidación do orzamento. Tramitación. 
15. Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais: A tesourería das entidades locais. Réxime xurídico. O principio de unidade de caixa. Funcións da tesourería. Organización e situación dos fondos: a caixa e as contas bancarias. O estado de conciliación. 
16. Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais: A realización de pagos: prelación, procedementos e medios de pago. O período medio de pago: cálculo, publicidade e seguimento. Medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais nas entidades locais. A factura electrónica nas entidades locais. Requisitos da factura. 
17. Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais: O sistema de contabilidade da Administración Local: Normativa reguladora, réximes contables. Especial análise do modelo normal. Documentos e libros contables. 
18. Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais: A conta xeral das Entidades Locais. Os estados e contas anuais e anexos da Entidade Local e os seus organismos autónomos: Contido e xustificación. Tramitación da Conta Xeral. 
19. Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais: Os recursos das facendas locais. Os tributos locais: principios. A potestade regulamentaria das entidades locais en materia tributaria: contido das ordenanzas fiscais, tramitación e réxime de impugnación dos actos de imposición e ordenación de tributos. Ordenanzas fiscais do Concello de San Sadurniño. 
20. Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria: Procedemento de xestión tributaria. A liquidación. A declaración tributaria. A consulta tributaria. A proba. Notificacións. 
21. Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación: A recadación nas Entidades Locais. Órganos de recadación. A delegación da recadación municipal noutras entidades locais. A colaboración en materia de recadación. 
22. Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación: Procedemento de recadación en período voluntario e período executivo. 
23. Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia: A actividade subvencional das Entidades Locais: Regulación. Procedementos de concesión de subvencións. Especial análise do procedemento de concorrencia competitiva. Beneficiarios de subvencións. Xustificación de subvencións. Infraccións e sancións en materia de subvencións. 
24. Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público: O persoal ao servizo das corporacións locais: Clases e réxime xurídico. A función pública local: Clases de funcionarios locais. Os instrumentos de ordenación de persoal: cadro de persoal e relacións de postos de traballo. Os instrumentos reguladores dos recursos humanos: Oferta de emprego, plans de emprego e outros sistemas de racionalización. 
25. Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público: O acceso aos empregos locais, principios reguladores. Requisitos. Sistemas selectivos. A extinción da condición de empregado público. O réxime de provisión de postos de traballo. As situacións administrativas dos funcionarios locais. 
26. Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público: Dereitos dos funcionarios públicos. Retribucións. Licencias e permisos. Dereitos sindicais e de representación. Deberes dos funcionarios públicos. Responsabilidade. Incompatibilidade. Réxime disciplinario. 
27. Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores: Persoal laboral: Réxime xurídico. Tipos de contratos laborais. Extinción da relación laboral. 
28. Real Decreto 861/1986, de 25 de abril, polo que se establece o réxime das retribucións dos funcionarios da Administración Local: As retribucións dos empregados públicos. Réxime xurídico. Conceptos retributivos: determinación das contías e incrementos retributivos. Lei 11/2020, do 30 de decembro, de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2021. As indemnizacións por razón de servizo. A nómina: elaboración e cálculo. O salario mínimo interprofesional. Altas, baixas e modificacións nas nóminas: a súa xustificación. 
29. Percepcións suxeitas e non suxeitas a cotización. Deducións. Achega do empregado público ás cotas da Seguridade Social. Retención do IRPF. Cálculo e aplicación. Outras deducións. Embargos de salarios. Declaracións á axencia tributaria. 
30. Seguridade Social: réxime xeral, afiliación, altas, baixas e variacións de datos. Determinación das bases de cotización. A cotización nas situacións de incapacidade temporal, maternidade, paternidade, riscos durante o embarazo. Cotización por desemprego. Fondo de garantía salarial e formación profesional. Cotización o réxime de accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Cotización adicional por horas extraordinarias. 
31. Atención ao público. acollida e información. O dereito da cidadanía á información. A atención ao cidadán na administración pública: conceptos e formas
32. Aptitudes profesionais da atención ao cidadán: fases das situacións de atención ao público, estratexias comunicativas e condicións para unha comunicación efectiva co cidadán. 
33. Técnicas de comunicación e atención ao público: presencialmente, telefonicamente, telematicamente. 
34. A asertividade e a empatía como técnicas de comunicación para utilizar en situacións de conflito. 
35. O Concello de San Sadurniño. Configuración xeográfica. Límites. Termo municipal. Situación das parroquias e principais núcleos de poboación. Localización dos lugares do Concello de San Sadurniño. Organización Administrativa. 
36. A poboación do Concello de San Sadurniño. Principais características demográficas e socioeconómicas e a súa evolución. 
37. Normativa municipal do Concello de San Sadurniño: ordenanzas fiscais de subministro de auga, saneamento e recollida de residuos. 
38. Normativa municipal do Concello de San Sadurniño: ordenanzas fiscais de taxis, pasaxes permanentes e expedición de documentos 
39. Normativa municipal do Concello de San Sadurniño: ordenanzas fiscais da Escola infantil e do Centro municipal de empresas. 
40. A Xestión do padrón municipaL

BASES PARA A SELECCIÓN DA PRAZA DE PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA DE ADMINISTRATIVO OU ADMINISTRATIVA, INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO CONCELLO DE SAN SADURNIÑO.
FUNCIÓNS DO POSTO 1.     Atención ao público presencial, telefónica, fax e vía correo electrónico. 2.     Xestión do correo do Concello 3.     Xestión do Rexistro municipal e do Punto de Información Catastral. 4.     Rexistro de incidencias na prestación de servizos de subministración eléctrica, recollida de voluminosos, etc. a través das aplicacións correspondentes. 5.     Colaboración na tramitación de operacións no Padrón Municipal, estatística e remisión da información estatística. 6.     Colaboración coa función de Arquivo. 7.     Colaboración administrativa coa área de Urbanismo. 8.     Tramitación de expedientes no seu ámbito de traballo, realizando tarefas concretas do procedemento de acordo coas indicacións recibidas e os modelos e circuítos establecidos, principalmente cos de solicitude de bonificacións e a elaboración de certificados de diversa índole. 9.     Colaboración na elaboración e tramitación de decretos, ditames, oficios e outros documentos administrativos aplicando os modelos de referencia. 10.  Colaborar mediante a realización de tarefas de apoio administrativo reforzando ás persoas responsables dos proxectos que se realicen dende a Área. 11.  Colaboración administrativa xeral e en tarefas de xestión e tramitación con outras Áreas do Concello. 12.  Xestión das subministracións (material de oficina…) - Asumir as actividades de apoio á unidade de adscrición 13.  Colaboración xeral e/ ou substitución do/a Administrativo/a de Secretaria e do/a Administrativo/a de Xestión. 14.  Outras funcións directamente relacionadas coa Área que lle poidan ser encomendadas polo seu superior xerárquico. REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES
1.     Ter a nacionalidade española, sen prexuízo de ter calquera outra nacionalidade que lle permita ao acceso ao emprego público de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia. 2.     Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. 3.     Ter feitos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, a idade máxima de xubilación forzosa. 4.      Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de accedera ao corpo ou escala de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, do cal a persoa foi separada ou inhabilitada. No caso de nacionais doutros estados, non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores. 5.      Estar en posesión do título de Bacharelato, Formación profesional de segundo grao ou equivalente ou estar en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación das instancias
SOLICITUDES E PRAZO DE PRESENTACIÓN As persoas interesadas en participar no proceso selectivo deberán achegar a súa solicitude debidamente cuberta durante o prazo de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE no modelo oficial que figura ao final destas bases e que tamén se facilitara por este Concello no Rexistro Xeral ou na páxina web municipal. As solicitudes dirixiranse á Alcaldía deste Concello e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera das formas establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015 de 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste caso, deberán comunicar ao Concello a remisión da solicitude dentro do prazo de presentación de instancias, por fax, correo electrónico ou calquera outro medio polo que quede acreditado
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COAS SOLICITUDES
1.     Copia simple do DNI, pasaporte ou documento de identificación. 2.     Copia simple do documento que acredite a titulación requirida como requisito para acceder ao proceso selectivo. 3.     De ser o caso, copia simple do certificado que acredite ter obtido o Celga 4 ou equivalente, co que quedarán exentos do exame de galego. 4.     Xustificante de pagamento de dereito a exame de acordo coa ordenanza fiscal reguladora que ascende para prazas do grupo C1 ou asimiladas á cantidade de 15,86 euros, e que deberá ingresarse no seguinte número de conta do Concello ES74-2080-0208-0131-1000-0059. 5.     Documentación que acredite os méritos alegados para a fase de concurso. A prestación de servizos na Administración deberá acreditarse co certificado de servizos prestados expedido pola administración correspondente. Os servizos na empresa privada acreditaranse co contrato de traballo e informe de vida laboral. · Relación de méritos alegados que acheguen as persoas aspirantes, pola orde que se estable na convocatoria, unindo á dita relación os documentos xustificativos dos mesmos.
PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN
PRIMEIRO EXERCICIO Consistirá en realizar unha proba escrita sobre o coñecemento da lingua galega. As persoas aspirantes deberán traducir un texto, facilitado polo Tribunal, de castelán a galego ou de galego para o castelán. Esta proba terá a duración de 30 minutos e cualificarase de “apto/a” ou “non apto/a”, quedarán eliminadas as persoas aspirantes que non acaden a cualificación de apto ou apta. Estarán exentas da realización deste exercicio as persoas aspirantes que teñan acreditado o coñecemento da lingua galega, mediante a presentación do correspondente certificado de aptitude do curso de perfeccionamento da lingua galega ou Celga 4, dentro do prazo de presentación de solicitudes
SEGUNDO EXERCICIO Consistirá en contestar por escrito un cuestionario tipo test de 34 preguntas, sobre o contido do temario anexo á convocatoria. O tempo máximo para a realización deste exercicio será de 45 minutos. A cualificación máxima deste exercicio é de 34 puntos, e será necesario acadar 17 puntos para superalo. Como criterio de valoración o tribunal considerará o seguinte: Cada pregunta acertada equivale a un punto (1,0)  TERCEIRO EXERCICIO Terá por obxecto valorar a aplicación práctica dos coñecementos teóricos das persoas aspirantes mediante a resolución dun suposto práctico proposto polo Tribunal, antes da celebración do exercicio, referido ao contido do temario anexo e relacionado coas funcións propias do posto de traballo. O tempo máximo de realización deste exercicio será de 2 horas. Neste exercicio valorarase a formación xeral, a claridade e orde de ideas, facilidade de exposición escrita, e a capacidade de síntese. Tras o remate do tempo de exposición escrita, o tribunal determinará a lectura e defensa individualizada do exercicio, podendo requirir á persoa aspirante aclaracións explicativas ao respecto da exposición escrita así como outro tipo de preguntas relacionadas coas funcións do posto de traballo. O exercicio poderá ser gravado incorporando a gravación ao expediente para posibles impugnacións. A cualificación máxima deste exercicio é de 34 puntos. Cualificarase de 0 a 17 puntos a parte da resolución e de 0 a 17 puntos a exposición e defensa. Deberase acadar unha puntuación mínima de 8,5 puntos para superar cada unha das partes, sendo preciso superar as dúas partes para aprobar a proba. Para realizar este exercicio as persoas aspirantes poderán facer uso dos textos, documentación ou libros de consulta que consideren oportuno sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material a utilizar non poderá ser susceptible da devandita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.)
CUARTO EXERCICIO Consistirá na realización dunha proba oral na que se realizarán preguntas para avaliar a capacidade competencial das persoas candidatas, ao abeiro dos artigos 61.5 da RDL 5/2015 e 55.3 da Lei 2/2015. A duración da proba será de 30 minutos. A proba avaliará as seguintes competencias: 1.     Efectividade 2.     Orientación ao servizo á cidadanía 3.     Aprendizaxe permanente 4.     Toma de decisións 5.     Traballo en equipo 6.     Visión global Cada aspecto valorarase atendendo á seguinte distribución: 1.     Moi axeitado. 2 puntos. 2.     Bastante axeitado. 1,5 puntos. 3.     Axeitado. 1 puntos. 4.     Pouco axeitado. 0,5 puntos 5.     Nada axeitado. 0 puntos. A cualificación máxima deste exercicio é de 12 puntos. Deberase acadar unha puntuación mínima de 1 punto en cada un dos aspectos valorados para superar a proba.  A proba poderá ser gravada incorporando a gravación ao expediente para posibles impugnacións.
FASE DE CONCURSO 1.     Experiencia profesional (máximo 12 puntos) 2.     Titulacións académicas relevantes para a praza convocada (máximo 3 puntos)
TEMARIO 1.     A Constitución española de 1.978. Estrutura e contido. Principios xerais e dereitos e deberes fundamentais dos españois. 2.     A organización territorial do Estado. Natureza xurídica e principios. 3.     O Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e competencias. 4.     Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local: Titulo I: Disposicións Xerais 5.     Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local: Titulo II: O municipio. 6.     Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local: Titulo V: Disposicións Comúns ás Entidades Locais. Capítulo I: Réxime de funcionamento e Capítulo II: Relacións interadministrativas. 7.     Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: dos interesados no procedemento; da actividade das administracións públicas: normas xerais de actuación; termos e prazos. 8.     Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: dos actos administrativos: requisitos dos actos administrativos, eficacia dos actos, nulidade a anulabilidade. 9.     Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: das disposiCións sobre o procedemento administrativo común: garantías do procedemento; tramitación simplificada do procedemento administrativo común; execución. 10.  Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: da revisión dos actos en vía administrativa: revisión de oficio; recursos administrativos. 11.  Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime xurídico do sector público: Disposicións xerais e principios de actuación e funcionamento do sector público. 12.  A administración electrónica. Normativa de aplicación. Instrumentos para a cooperación entre Administracións Públicas en materia de Administración Electrónica. Órganos. Infraestruturas e servizos comúns. Plataformas de validación e interconexión de redes. 13.  Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais: Título I, Título II, Título III e Título X. 14.  Texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 7/2015. Disposicións xerais. Dereitos e deberes dos cidadáns. 15.  Lei 2/2016 de solo de Galicia: Título preliminar (Capítulo I e Capítulo II, Sección 3ª) e Título II (Capítulo III: Disposicións xarais). 16.  Lei 2/2016 de solo de Galicia: Título VI, Capítulo III: Disciplina urbanística. Inspección urbanística. Protección da legalidade urbanística. Infraccións urbanísticas e sancións. 17.  O proxecto de PXOM do Concello de San Sadurniño. 18.  Regulación integrada do exercicio de actividades: A Lei 9/2013 do emprendemento e da competitividade de Galicia. 19.  Decreto 144/2013, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos. 20.  Lei 10/2017, de 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia. Título I, Título II e Título IV, capítulo I 21.  Decreto 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia: Título preliminar, Título I, Título II e Título III. 22.  A clasificación documental como proceso arquivístico. As agrupacións documentais. Tipos de sistemas de clasificación. 23.  A xestión documental. Concepto e modelos. Cadros de clasificación dos concellos. 24.  A actividade subvencional das Entidades Locais: Regulación. Procedementos de concesión de subvencións. Especial análise do procedemento de concorrencia competitiva. Beneficiarios de subvencións. Xustificación de subvencións. Infraccións e sancións en materia de subvencións. 25.  Atención ao público. acollida e información. O dereito da cidadanía á información. A atención ao cidadán na administración pública: conceptos e formas 26.  Aptitudes profesionais da atención ao cidadán: fases das situacións de atención ao público, estratexias comunicativas e condicións para unha comunicación efectiva co cidadán. 27.  Técnicas de comunicación e atención ao público: presencialmente, telefonicamente, telematicamente. 28.  A asertividade e a empatía como técnicas de comunicación para utilizar en situacións de conflito. 29.  O Concello de San Sadurniño. Configuración xeográfica. Límites. Termo municipal. Situación das parroquias e principais núcleos de poboación. Localización dos lugares do Concello de San Sadurniño. Organización Administrativa. 30.  A poboación do Concello de San Sadurniño. Principais características demográficas e socioeconómicas e a súa evolución. 31.  Normativa municipal do Concello de San Sadurniño: ordenanzas fiscais de subministro de auga, saneamento e recollida de residuos. 32.  Normativa municipal do Concello de San Sadurniño: ordenanzas fiscais de taxis, pasaxes permanentes e expedición de documentos 33.  Normativa municipal do Concello de San Sadurniño: ordenanza fiscal do Centro municipal de empresas 34.  Normativa municipal do Concello de San Sadurniño: ordenanza fiscal da Escola infantil municipal A Rolada 35.  Normativa municipal do Concello de San Sadurniño: ordenanzas fiscais de apertura de establecementos e licenzas urbanísticas. 36.  Normativa municipal do Concello de San Sadurniño: ordenanza municipal de normalización lingüística. 37.  Normativa municipal do Concello de San Sadurniño: regulamento orgánico do Concello e regulamento de participación veciñal. 38.  A xestión do padrón municipal 39.  A numeración de vivendas. 40.  O Inventario municipal  


16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: