Diseño del blog

O Concello de Oleiros convoca seis prazas de auxiliar administrativo/a

ene 18, 2022

Convocatoria e publicación das bases para cubrir seis prazas de auxiliar administrativo/a polo sistema selectivo de concurso-oposición libre, aprobada por resolución da segunda tenente de alcalde delegada de Persoal, nº 2022000035, do 11 de xaneiro de 2022, ditada en uso das competencias atribuídas polo Decreto da alcaldía nº 2019002619, do 20 de xuño.

REQUISITOS

1. Ter a nacionalidade española ou algunha outra que, de acordo co disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, permita o acceso ao emprego público. 

2. Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Así mesmo, estarase ao establecido na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite a súa homologación ou a credencial de recoñecemento do título a efectos profesionais. 

3. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoa funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada. 

4. No caso de nacionais doutros estados, non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
 
5. Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima de xubilación forzosa. 
6. Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas

SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do rexistro na sede electrónica do Concello de Oleiros (Sede electrónica -> Servizos xerais -> Rexistro electrónico -> Inscrición nos procesos de selección de persoal).
Tamén se poden presentar por vía telemática nas oficinas de Correos, mediante ORVE ao código dixital de destino “L01150584”.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As taxas por dereitos de exame fíxanse nun importe de 13,20.-€ para o posto obxecto desta convocatoria, de acordo coa ordenanza fiscal reguladora en vigor

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE
1. DNI ou NIE da persoa solicitante. 

2. DNI ou NIE da persoa representante, de ser o caso. 

3. A instancia normalizada, que figura na sede electrónica do Concello de Oleiros (Sede electrónica -> Servizos xerais -> Rexistro electrónico -> Inscrición nos procesos de selección de persoal). Tamén poderase atopar na páxina web municipal (Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos » Recursos Humanos). 

4. Título da ESO ou equivalente 

5. Certificado Celga 3 ou equivalente, no seu caso. 

6. Xustificante do ingreso da taxa, co selo da entidade bancaria con indicación da data, ou xustificante electrónico. 
7. No caso de bonificación, copia do título de familia numerosa

8. A relación de méritos alegados para a fase de concurso e os seus documentos acreditativos

PROCESO SELECTIVO. FASE DE OPOSICIÓN

PRIMEIRO EXERCICIO

Contestación por escrito dun cuestionario de 60 preguntas tipo test, con 4 respostas alternativas cada unha, que serán propostas polo tribunal e deberán amosar o dominio dos contidos do temario 

As persoas aspirantes disporán dun tempo máximo dunha hora para a súa realización.

SEGUNDO EXERCICIO

De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá na realización de 2 supostos prácticos a escolla do órgano de selección, en relación ás funcións que se desenvolverán na praza obxecto da convocatoria e de acordo co temario 
O tempo máximo para a súa realización será de 3 horas.

TERCEIRO EXERCICIO

Consistente na realización de probas de contido administrativo, correspondentes ás funcións a desenvolver, a realizar con ferramentas informáticas no entorno . Microsoft Office 2013-profesional / Libre Office 5.0....
As persoas aspirantes disporán dun tempo máximo de trinta minutos para a súa realización

CUARTO EXERCICIO

Realizarase a continuación da proba de coñecementos, e consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego. 
Os textos serán elixidos polo tribunal inmediatamente antes de celebrarse a proba.
O exercicio terá unha duración máxima de trinta minutos.

As persoas aspirantes que estivesen en posesión do Celga 3 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo) estarán exentos da realización desta proba.

QUINTO EXERCICIO

Esta proba, no eliminatoria, consistirá en realizar unha entrevista profesional que versará sobre as tarefas a desenvolver no posto de traballo e a súa relación coa experiencia profesional para tal fin.

TEMARIO

1. A Constitución española de 1978. Estrutura. Especial referencia aos dereitos fundamentais e liberdades públicas. 

2. As Cortes xerais. Composición, regulación e funcionamento das cámaras. 

3. O Goberno e a Administración na Constitución española. Relacións entre o Goberno e as Cortes xerais

4. Organización territorial do Estado na Constitución. O Estado das autonomías: principios e características. 

5. A Comunicade Autónoma de Galicia. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente

6. Réxime local español: clases de entidades locais. Especial referencia ao municipio: elementos e competencias. 

7. A organización municipal. O Concello. Órganos básicos: alcalde, tenentes de alcalde, pleno e xunta de goberno local. Órganos complementarios. 

8. Réxime de sesións e acordos dos órganos colexiados locais. 

9. A potestade regulamentaria das entidades locais: ordenanzas, regulamentos e bandos. 

10. A Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.
 
11. O persoal ao servizo da administración local: funcionarios propios das entidades locais. Integración en escalas, subescalas e clases. Dereitos e deberes. 

12. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: Disposicións, xerais, interesados nos procedementos, actividade das administracións públicas, os actos administrativos. 

13. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:. Disposicións sobre o procedemento administrativo común, revisión de actos en vía administrativa

14. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: órganos das administracións públicas, principios da potestade sancionadora. 

15. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: Responsabilidade patrimonial das administracións públicas, funcionamento electrónico do sector público. 

16. Dereitos e deberes dos veciños no eido local. Información e participación cidadá. 

17. O rexistro de documentos: Concepto. O rexistro de entrada e saída: o seu funcionamento nas corporacións locais. Presentacións de instancias e outros documentos nas oficinas públicas. 

18. Os bens das entidades locais, con especial referencia ás características dos bens de dominio público. Tipos de xestión dos servizos públicos locais. 

19. O orzamento das corporacións locais: elaboración, aprobación e execución. 

20. As facendas locais: recursos das facendas locais. Impostos, taxas e contribucións especiais

¿Necesitas más información o bien quieres reservar tu plaza con  nosotros?

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: