Diseño del blog

Universidade de Vigo. Bases para adquisición da condición de personal funcionario de carreira

feb 22, 2022
RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2022 pola que se convocan na Universidade de Vigo, para o persoal laboral fixo de administración e servizos, os procesos selectivos para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira nas escalas e  subescalas propias desta universidade.

 Normas xerais.
O obxecto destes procesos é permitir o cambio do vínculo xurídico do persoal laboral fixo da Universidade de Vigo á condición de persoal funcionario de carreira das escalas
e subescalas propias dos diferentes grupos de titulación.
As especificidades do proceso baséanse no Acordo de funcionarización do 5 de xullo
de 2021.

1.2. De conformidade co artigo 8 do Acordo de funcionarización, desenvolveranse  dous (2) procesos diferenciados:

a) Proceso xeral: dirixido ao persoal laboral fixo que pretenda adquirir a condición de  persoal funcionario de carreira nas correspondentes escalas e subescalas.
As categorías de PAS laboral, as escalas e as subescalas en que se integran, así como  o programa de materias que rexerán este proceso xeral, son os reflectidos no anexo II  desta convocatoria.

b) Proceso específico: dirixido ao persoal laboral fixo do grupo III das categorías de
técnico/a especialista de tecnoloxías da información e comunicacións e de técnico/a especialista de laboratorio, de conformidade co previsto na disposición adicional novena do  II Convenio colectivo do PAS laboral, que pretenda adquirir a condición de persoal funcionario de carreira nas correspondentes escalas e subescalas do subgrupo A2.

As categorías de PAS laboral, as escalas e as subescalas en que se integran, así como  o programa de materias que rexerán este proceso específico, son os reflectidos no anexo III desta convocatoria.  O sistema de selección en ambos os procesos consistirá na superación dun concurso‑oposición coas características que se indican na base sétima.

1.3. De conformidade co estipulado no artigo 7 do Acordo de funcionarización, as persoas que reúnan os requisitos para participar neste proceso e non tomen parte nas probas  esgotarán esta convocatoria xeral e só lles quedará o dereito á segunda convocatoria,  agás causas de forza maior que valorará a Xerencia.

1.4. A este proceso selectivo aplicaránselle a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro,  de universidades; o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba  o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (EBEP); a Lei 2/2015, do  29 de abril, do emprego público de Galicia (LEPG); o II Convenio colectivo para o persoal  laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo; os estatutos da Universidade  de Vigo; o Acordo de funcionarización do 5 de xullo de 2021 e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

1.5. Os actos deste proceso que se deban publicar, agás cando a publicación se realice  no Diario Oficial de Galicia (DOG), terán como data de efectos a da súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo ( https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml ). Con efectos unicamente informativos tamén se publicarán no seguinte enderezo  electrónico https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo

1.6. Para os efectos de información e consultas, as persoas interesadas pódense dirixir  por correo electrónico a consultapas@uvigo.gal  

. Requisitos.
Poderá participar nos procesos de funcionarización para o acceso á escala ou subescala de que se trate o persoal laboral fixo de administración e servizos desta universidade  que reúna os seguintes requisitos:

a) Ser titular dun posto dos que figuran para cada escala ou subescala na listaxe que se
publicará no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo indicado na base 1. Así mesmo,  tamén poderá participar o persoal laboral fixo que se encontre en calquera situación administrativa distinta á de servizo activo, agás a de suspensión de funcións.

b) Estar en posesión do título que se exixa para cada categoría, segundo se establece  no anexo I. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión da  credencial que acredite a súa homologación.

c) No proceso específico, ademais, ter prestado servizos efectivos como PAS laboral na  categoría desde a cal se accede á promoción durante, polo menos, dous (2) anos.

Todos os requisitos enumerados anteriormente se deberán posuír no día de finalización  do prazo de presentación de solicitudes e se deberán manter durante todo o proceso selectivo ata a toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

 Solicitudes.

Para participar neste proceso deberase presentar unha solicitude seguindo o modelo oficial dispoñible no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo >Solicitude de admisión, seguindo as indicacións que
figuran nel, e cubrir todos os campos obrigatorios, validalos e confirmalos.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Universidade de  Vigo ( https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/22615947 ); tamén se poden presentar na  Oficina de asistencia en materia de rexistro do Campus de Vigo (Edificio Exeria, Campus  Universitario, 36310 Vigo), nas oficinas de asistencia en materia de rexistro dos Campus  de Ourense (unidade administrativa), Campus de Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal) e Vigo (r/ Torrecedeira, nº 86) ou segundo as restantes formas previstas no artigo 16 da  Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións  públicas (LPACAP). As solicitudes subscritas no estranxeiro poderanse cursar a través das  representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

 Co fin de garantir a participación en condicións de igualdade, as persoas aspirantes  cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % indicarán na solicitude as posibles  adaptacións de tempo e/ou medios que consideren necesarias para a realización das probas e o seu motivo; para este fin, deberase achegar coa solicitude un certificado que acredite a discapacidade, así como o ditame técnico facultativo emitido polo órgano técnico de
cualificación do grao de discapacidade. Para estes efectos, o ditame médico deberá ser  suficientemente explicativo para que o órgano de selección poida valorar a procedencia ou  non das adaptacións solicitadas.

 As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fixesen constar nas súas  solicitudes, e poderán unicamente demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 4.2. Transcorrido este prazo, non se admitirá  ningún pedimento desta natureza.

Admisión de aspirantes.

 Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Reitoría da Universidade de Vigo  ditará unha resolución que se publicará no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo  ( https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml ), en que se aprobe a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, indicando o nome, os apelidos e o  número de DNI, así como as causas que motivaron a exclusión, de ser o caso.

 As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da  dita resolución, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

A estimación ou desestimación das peticións de emenda ou corrección entenderase  implícita na resolución da Reitoría que aprobe a relación definitiva de persoas aspirantes  admitidas e excluídas.

 O feito de figurar na relación de persoas admitidas non implicará recoñecerlles ás  persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos, de xeito que a constatación de que  non os posúen producirá o decaemento de todos os dereitos que poidan derivar da súa  participación

Procesos selectivos.  Proceso xeral.

No anexo II reflíctense a relación de categorías de PAS laboral dos distintos grupos de  titulación obxecto de funcionarización, as escalas e subescalas de PAS funcionario en que  se integran, así como como o programa de materias que rexerán este proceso xeral.

Fase de oposición:

Consistirá na superación dunha proba tipo test, de carácter eliminatorio, con catro respostas alternativas, das cales só unha delas será correcta; todas as preguntas terán a  mesma puntuación e non puntuarán negativamente as respostas incorrectas.
O número de preguntas do cuestionario e o tempo de realización por cada grupo ou  subgrupo de titulación será o seguinte:

a) Subgrupo A1: 80 preguntas con 4 respostas alternativas das cales só unha será  correcta. O tempo de realización será 120 minutos. O cuestionario incluirá 3 preguntas de  reserva que substituirán, se é o caso, as anuladas pola súa orde.

b) Subgrupo A2: 70 preguntas con 4 respostas alternativas das cales só unha será  correcta. O tempo de realización será 110 minutos. O cuestionario incluirá 3 preguntas de  reserva que substituirán, se é o caso, as anuladas pola súa orde.

c) Subgrupo C1: 60 preguntas con 4 respostas alternativas das cales só unha será  correcta. O tempo de realización será 100 minutos. O cuestionario incluirá 3 preguntas de  reserva que substituirán, se é o caso, as anuladas pola súa orde.

d) Subgrupo C2: 50 preguntas con 4 respostas alternativas das cales só unha será  correcta. O tempo de realización será 90 minutos. O cuestionario incluirá 3 preguntas de  reserva que substituirán, se é o caso, as anuladas pola súa orde.

As preguntas do cuestionario serán seleccionadas entre unha batería de preguntas que  será previamente publicada no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo sinalado na  base 1. Para o desenvolvemento desta proba, poderanse servir de textos legais sen comentarios.
O exercicio cualificarase como apto ou non apto e para obter a cualificación de apto será  necesario responder correctamente ao 50 % das preguntas do cuestionario que corresponda a cada subgrupo.

 Fase de concurso:

O concurso de méritos, que non terá carácter eliminatorio, consistirá na valoración dos
seguintes méritos:

a) Antigüidade: os servizos prestados serán valorados consonte se establece no anexo III do II Convenio colectivo do PAS laboral da Universidade de Vigo.
Computaranse os servizos recoñecidos polo órgano competente de conformidade co  establecido na Lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento de servizos prestados  na Administración pública.
A valoración por cada grupo ou subgrupo de titulación será a seguinte:
– Subgrupo A1: ata un máximo de 10 puntos, a razón de 0,084 por mes completo traballado.
– Subgrupo A2: ata un máximo de 10 puntos, a razón de 0,093 por mes completo traballado.
– Subgrupo C1: ata un máximo de 10 puntos, a razón de 0,105 por mes completo traballado.
– Subgrupo C2: ata un máximo de 10 puntos, a razón de 0,139 por mes completo traballado.

b) Nomeamento na categoría de acceso á condición de persoal laboral fixo: 2 puntos.

A Comisión de Funcionarización publicará no taboleiro electrónico indicado na base 1 a  listaxe coa valoración provisional da fase de concurso de todas as persoas admitidas antes  de realizar a fase de oposición, detallada para cada unha das epígrafes indicadas, contra
a cal se poderá reclamar no prazo de tres días hábiles, contados desde o día seguinte ao  da súa publicación.

 Proceso específico.

No anexo III reflíctense a relación de categorías do grupo III de PAS laboral obxecto de  funcionarización, as escalas e as subescalas de PAS funcionario en que se integran, así  como como o programa de materias que rexerán este proceso específico.

 Fase de oposición:

Terá carácter eliminatorio. Consistirá en contestar un test de 100 preguntas, con 4 respostas alternativas, das cales só unha será correcta, acerca das materias do programa; todas as preguntas terán a mesma puntuación e non puntuarán negativamente as respostas  incorrectas. O cuestionario incluirá 5 preguntas de reserva que substituirán, se é o caso, as  anuladas pola súa orde. O tempo de realización será de 140 minutos.
O exercicio cualificarase como apto ou non apto e para obter a cualificación de apto será  necesario responder correctamente o 50 % das preguntas do cuestionario.
As preguntas do cuestionario serán seleccionadas entre unha batería de preguntas que  será previamente publicada no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo sinalado na  base 1. Para o desenvolvemento desta proba, poderanse servir de textos legais sen comentarios.

 Fase de concurso:

Non terá carácter eliminatorio. A Universidade publicará a avaliación dos méritos antes  de realizar a fase de oposición. Serán obxecto de valoración:

a) Antigüidade: ata un máximo de 10 puntos, a razón de 0,105 por mes completo traballado. Os servizos prestados serán valorados consonte se establece no anexo III do II  Convenio colectivo do PAS laboral da Universidade de Vigo.
Computaranse os servizos recoñecidos polo órgano competente de conformidade co  establecido na Lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento de servizos prestados  na Administración pública.

b) Nomeamento na categoría de acceso á condición de persoal laboral fixo: 2 puntos.  A Comisión de Funcionarización publicará no taboleiro electrónico indicado na base 1 a  listaxe coa valoración provisional da fase de concurso de todas as persoas admitidas antes  de realizar a fase de oposición, detallada para cada unha das epígrafes indicadas, contra  a cal se poderá reclamar no prazo de tres días hábiles, contados desde o día seguinte ao  da súa publicación.

Temario Subgrupo A1.

Área temática 1: Organización universitaria. Estatutos da Universidade de Vigo.

1. Título preliminar. Disposicións xerais (artigos do 1 ao 5).
2. Título I. Estrutura, goberno e administración da Universidade (artigos do 6 ao 50).
3. Título II. Comunidade universitaria (artigos do 51 ao 96).
4. Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia. Ordenación do Sistema universitario de Galicia.
5. O estudo, a docencia, a investigación e a transferencia do coñecemento.
6. A calidade no ensino universitario e a calidade nos servizos universitarios.

Área temática 2: Función pública. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de  Galicia.

7. Título III. Clases de persoal: (artigo 20. Concepto e clases de empregados públicos). Sección 2ª. Persoal funcionario de carreira: (artigo 21. Concepto. Artigo 22. Funcións e  postos de traballo reservados ao persoal funcionario). Sección 3ª. Persoal funcionario interino: (artigo 23. Concepto e requisitos. Artigo 24. Adquisición e perda da condición de persoal funcionario interino. Artigo 25. Réxime xurídico. Artigo 28. Persoal laboral indefinido). Sección 5ª. Persoal eventual: (artigo 29. Concepto e funcións. Artigo 30. Nomeamento e  cesamento do persoal eventual. Artigo 31. Réxime xurídico).

8. Capítulo II. Persoal directivo: (artigo 33. Concepto. Artigo 34. Adquisición da condición  de persoal directivo e carreira directiva).

9. Título IV. Organización do emprego público. Capítulo I. Estrutura do emprego público:  (artigo 37. Posto de traballo. Artigo 38. Relación de postos de traballo.). Sección 2ª. Ordenación dos empregados públicos: (artigo 40. Corpos e escalas). Capítulo II. Planificación  do emprego público: (artigo 45. Obxectivos da planificación. Artigo 47. Plans de ordenación
de recursos humanos. Artigo 48. Oferta de emprego público).

Área temática 3: Procedemento administrativo.

10. A iniciación do procedemento.
11. A instrución do procedemento.
12. A terminación normal do procedemento: a resolución.
13. A terminación do procedemento por silencio administrativo.
14. Os recursos administrativos.

Temario Subgrupo A2.

Área temática 1: Organización universitaria. Estatutos da Universidade de Vigo.

1. Título preliminar. Disposicións xerais (artigos do 1 ao 5).
2. Título I. Estrutura, goberno e administración da Universidade (artigos do 6 ao 50).
3. Título II. Comunidade universitaria (artigos do 51 ao 96).
Área temática 2: Función pública. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de
Galicia.
4. Título III. Clases de persoal: (artigo 20. Concepto e clases de empregados públicos). Sección 2ª. Persoal funcionario de carreira: (artigo 21. Concepto. Artigo 22. Funcións e  postos de traballo reservados ao persoal funcionario). Sección 3ª. Persoal funcionario  interino: (artigo 23. Concepto e requisitos. Artigo 24. Adquisición e perda da condición de persoal funcionario interino. Artigo 25. Réxime xurídico. Artigo 28. Persoal laboral indefinido).
5. Capítulo II. Persoal directivo: (artigo 33. Concepto. Artigo 34. Adquisición da condición
de persoal directivo e carreira directiva).
6. Título IV. Organización do emprego público. Capítulo I. Estrutura do emprego público:
(artigo 37. Posto de traballo. Artigo 38. Relación de postos de traballo). Sección 2ª. Ordenación dos empregados públicos:(artigo 40. Corpos e escalas). Capítulo II. Planificación  do emprego público: (artigo 45. Obxectivos da planificación. Artigo 47. Plans de ordenación  de recursos humanos. Artigo 48. Oferta de emprego público).

Área temática 3: Procedemento administrativo.

7. A iniciación do procedemento.
8. A instrución do procedemento.
9. A terminación normal do procedemento: a resolución.
10. A terminación do procedemento por silencio administrativo.
11. Os recursos administrativos.

Temario Subgrupo C1

Área temática 1: Organización universitaria. Estatutos da Universidade de Vigo.

1. Título preliminar. Disposicións xerais (artigos do 1 ao 5).
2. Título I. Estrutura, goberno e administración da Universidade (artigos do 6 ao 50).
3. Título II. Comunidade universitaria (artigos do 51 ao 96).

Área temática 2: Función pública. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de  Galicia.

4. Título III. Clases de persoal: (artigo 20. Concepto e clases de empregados públicos).  Sección 2ª. Persoal funcionario de carreira: (artigo 21. Concepto. Artigo 22. Funcións e  postos de traballo reservados ao persoal funcionario).

Área temática 3: Procedemento administrativo.

5. A iniciación do procedemento.
6. A instrución do procedemento.
7. A terminación normal do procedemento: a resolución

Temario Subgrupo C2

Área temática 1: Organización universitaria. Estatutos da Universidade de Vigo.

1. Título preliminar. Disposicións xerais (artigos do 1 ao 5)
2. Título I. Estrutura, goberno e administración da Universidade (artigos do 6 ao 50).
3. Título II. Comunidade universitaria (artigos do 51 ao 96).

Área temática 2: Función pública. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de  Galicia.

4. Título III. Clases de persoal: (artigo 20. Concepto e clases de empregados públicos). Sección 2ª. Persoal funcionario de carreira: (artigo 21. Concepto. Artigo 22. Funcións e  postos de traballo reservados ao persoal funcionario).



PROCESO ESPECÍFICO

Área temática 1: Organización universitaria. Estatutos da Universidade de Vigo.

1. Título preliminar. Disposicións xerais (artigos do 1 ao 5).
2. Título I. Estrutura, goberno e administración da Universidade (artigos do 6 ao 50).
3. Título II. Comunidade universitaria (artigos do 51 ao 96).  Área temática 2: Función pública. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de  Galicia.
4. Título III. Clases de persoal: (artigo 20. Concepto e clases de empregados públicos).  Sección 2ª. Persoal funcionario de carreira: (artigo 21. Concepto. Artigo 22. Funcións e  postos de traballo reservados ao persoal funcionario). Sección 3ª. Persoal funcionario interino: (artigo 23. Concepto e requisitos. Artigo 24. Adquisición e perda da condición de persoal funcionario interino. Artigo 25. Réxime xurídico. Artigo 28. Persoal laboral indefinido).
5. Capítulo II. Persoal directivo: (artigo 33. Concepto. Artigo 34. Adquisición da condición
de persoal directivo e carreira directiva).
6. Título IV. Organización do emprego público. Capítulo I. Estrutura do emprego público:  (artigo 37. Posto de traballo. Artigo 38. Relación de postos de traballo.). Sección 2ª. Ordenación dos empregados públicos: (artigo 40. Corpos e escalas). Capítulo II. Planificación  do emprego público: (artigo 45. Obxectivos da planificación. Artigo 47. Plans de ordenación
de recursos humanos. Artigo 48. Oferta de emprego público).

Área temática 3: Procedemento administrativo.

7. A iniciación do procedemento.
8. A instrución do procedemento.
9. A terminación normal do procedemento: a resolución.
10. A terminación do procedemento por silencio administrativo.
Área temática 4: Bloque específico.
11. Sinalización en centros e locais de traballo: concepto, tipos e características. Equipamentos de protección individual: xestión e análise de EPI. Protección colectiva.
12. Riscos relacionados coas condicións de seguridade en máquinas, equipamentos,
instalacións e ferramentas. Riscos eléctricos: factores que determinan os efectos, tipo de
contactos eléctricos e protección fronte a eles.
13. A ergonomía e o posto de traballo. A carga física de traballo: fatiga física. Ritmos de  traballo e movementos repetitivos. Factores psicosociais e organizativos.
14. Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes
(título V, capítulos I, II e III).





16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: