Diseño del blog

O Concello de Sarria publica as bases e convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de auxiliar xerocultor/a

sept 27, 2022

O CONCELLO DE SARRIA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIAR XEROCULTOR/A

REQUISITOS E SOLICITUDES: A selección efectuarase mediante concurso-oposición, debendo respectar en todo caso os principios de igualdade, mérito, capacidade, publicidade e transparencia.
  • Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no articulo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto Básico do Empregado Público.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. 
  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin estar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolucións xudiciais, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario ou para exercer funcións nacionais de outro Estado. No caso de ser nacional doutro Estado, non ser inhabilitado ou estar en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida o acceso o emprego público.
  • Non estar en causa de incapacidade o incompatibilidade conforme á lexislación vixente. 
  • Estar en posesión do certificado de escolaridade, do título de estudios primarios ou equivalente.

As solicitudes, requirindo tomar parte nas correspondentes probas de acceso nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas presentes bases para a praza que se opte, dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Sarria, e presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Sarria ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de 10 días naturais cont ados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, é dicir, ate o día 07/10/2022
PROCESO SELECTIVO : Proba de Idioma galego.  Obligatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 10 minutos
Consistirá na tradución directa do castelán ao galego dun pequeno texto proposto polo órgano de selección inmediatamente antes de celebrarse o exercicio.
Quedarán exentos de celebrar este exercicio aqueles aspirantes que aporten antes da súa celebración título oficial de coñecemento do idioma galego Celga 1 ou equivalente, debidamente homologado, correspondente ao nivel de estudios esixidos para participar nas probas selectivas, segundo a Orde de 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014.
PROBA PRÁCTICA.  Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 25 minutos
C onsistirá na realización dunha proba de aptitude proposta polo Tribunal, de carácter práctico, atendendo ás características típicas do posto de traballo e relacionada coas funcións a realizar.
A proba estará relacionada co temario incluido n as Bases, podendo consistir nunha ou varias actuación a realizar ou ben na resposta a actuación que se debería realizar ante unha ou varias situacións concretas que se poidan producir dentro do traballo diario dun auxiliar xerocultor/a
TEMARIO:
  1. Os Estatutos do Organismo Autónomo Nosa Señora do Carme. 
  2. O Concello de Sarria.
  3. Concepto de xeriatría e xerontoloxía.
  4. As persoas anciáns e a alteración do sono, o exercicio físico e a promoción da saúde.
  5. Primeiros auxilios básicos.
  6. Principios básicos de funcionamento dun centro xeriátrico
  7. Técnicas de mobilización, de deambulación e de traslado de anciáns.
  8. A habitación residencial I
  9. A habitación residencial II
  10. Hixiene da pel. 

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: