Diseño del blog

O Concello de Teo publica as bases e a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de Animador/a deportivo/a

oct 03, 2022

O CONCELLO DE TEO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE ANIMADOR/A DEPORTIVO/A

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • T er a nacionalidade española ou algunha outra que, consonte o disposto no artigo 52 da LEPG, permita o acceso ao emprego público. 
  • T er cumpridos os dezaseis (16) anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa. 
  • E star en posesión ou en condición de obter, antes do remate do prazo de presentación das instancias, o título de :
  • Técnico/a Superior en Ensinanza e animación deportiva
  • Técnico/a Superior en Animación de Actividades físicas e deportivas
  • Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte
  • Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e o Deporte
  • As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, de ser o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtiveran o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea. 
  • P osuír a capacidade funcional para o desempeño das funcións que se deriven do posto a desempeñar. As persoas con diversidade funcional (con algunha discapacidade recoñecida), haberán de acreditar a discapacidade e a capacidade para desempeñar as tarefas ou funcións das prazas ás que aspiran, mediante a oportuna certificación do órgano correspondente
  • N on ter sido despedida mediante expediente disciplinario de ningunha Administración Pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas (CCAA), nin estar na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional á cal se pertencía. 
  • No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
  • N on estar incursa en causa de incompatibilidade de conformidade co previsto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas
  • Estar en posesión do nivel de CELGA 4 ou equivalente ou estar en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación das instancias
  • A dita acreditación do coñecemento de lingua galega realizarase de conformidade ao previsto na normativa de aplicación, con arranxo ao Sistema de Certificación de Lingua galega (CELGA) actualmente vixente, ou as súas certificacións equivalentes, debidamente homologadas polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, nos termos do previsto na Orde de 16 de xullo de 2007 e na Orde de 10 de febreiro de 2014, que modifica a anterior, ao respecto dos certificados oficiais acreditativos dos niveles de coñecemento de lingua galega. 
  • Non ser condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos. 

As instancias para tomar parte neste proceso selectivo presentaranse conforme ao modelo que figura como Anexo I, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 horas, e no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
PROCESO SELECTIVO: EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 120 minutos.
C onsistirá na resolución por escrito dun cuestionario tipo test composto por 100 preguntas, máis 5 de reserva, con 4 respostas alternativas, sendo só unha delas a correcta, relacionado co contido funcional do posto e coas materias contidas no temari o
EXERCICIO 2. A proba eliminatoria, e obrigatoria para quen non acredite o nivel CELGA 4 cun tempo máximo de 60 minutos
C onsistirá en traducir un texto, facilitado polo Tribunal inmediatamente antes de celebrarse a proba, e sen axuda de dicionario, do castelán ao galego.
TEMARIO:
  1. A Constitución Española de 1978. 
  2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.
  3. A Coroa.
  4. A organización territorial do Estado
  5. A Comunidade Autónoma de Galicia
  6. O municipio
  7. A organización municipal.
  8. Principios de actuación da Administración pública
  9. Principios xerais do procedemento administrativo
  10. Os interesados no procedemento administrativo
  11.  As fases do procedemento administrativo
  12. O acto administrativo
  13. Eficacia dos actos administrativos
  14. Administración electrónica
  15.  Potestade regulamentaria local.
  16. O Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da lei do estatuto básico do empregado público
  17. O Convenio Colectivo do Concello de Teo.
  18. Seguridade e saúde no traballo
  19. Os contratos do sector público
  20. Normas específicas de contratación nas entidades locais
  21. Procedementos de concesión de subvencións
  22. Recomendacións mundiais sobre actividade física para a saúde no marco da Organización Mundial da Saúde (OMS)
  23. Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia 
  24. Competencias locais en materia de deporte, instalacións deportivas e ocupación do tempo libre
  25.  Actividade deportiva e actividade física. Protección e asistencia sanitaria. Beneficios fiscais.
  26. O deporte entre sectores sociais de especial sensibilidade. Actividade no medio natural. Deportes autóctonos. 
  27. Actividade deportiva. Competicións e eventos deportivos. Consideracións xerai s
  28. Protocolos de seguridade e loxística na organización de eventos deportivos. 
  29. O deporte en idade escolar e deporte universitario. 
  30. Fomento e impulso da actividade física. Consideracións xerais.
  31. Os axentes da actividade deportiva. 
  32. As entidades deportivas. Consideración xerais.
  33. Conceptos e características de clubs deportivos e agrupacións deportivas segundo a lei galega do deporte. 
  34. As instalacións deportivas. Consideracións xerais. Requisitos e usos das instalacións.
  35. As Ordenanzas do Concello de Teo: ordenanza reguladora do prezo público polo servizo de piscinas de titularidade municipal. Ordenanza reguladora de prezo público por realización de actividades culturais e deportivas. Ordenanza fiscal reguladora da taxa por utilización das instalacións deportivas e culturais municipais.
  36. Rede de instalacións deportivas municipais do concello de Teo. Tipoloxía e utilización.
  37. Escolas deportivas municipais. Organización, estrutura e finalidades
  38. O medio natural do concello de Teo como recurso deportivo.
  39. Actividade física para a saúde. Concepto e programas de actuación. 
  40. Calidade de vida e actividade física. Consideracións xerais.
  41. O sedentarismo e sobrepeso en escolares. Programas de actuación.  
  42.  A readaptación física no deporte. Ferramentas básicas da recuperación funcional. 
  43. A coeducación na actividade física. Estereotipos, actitudes sexistas e estratexias. 
  44. Principios básicos no desenvolvemento da condición física. 
  45. A importancia do control postural. Consideracións xerais e programa
  46. As cualidades motrices.
  47. O desenvolvemento motor na adolescencia. A actividade física en persoas con necesidades especiais. Consideracións xerais
  48. O xogo como ferramenta da actividade deportiva organizada. 
  49. Os xogos populares e tradicionais en Galicia. Conceptos básicos e valor educativo 
  50. Soporte vital básico en primeiros auxilios segundo o Protocolo do Consello Europeo de Resucitación (ERC) vixente. Actuación do primeiro interveniente. Resucitación cardiopulmonar básica (RCPB): valoración do nivel de consciencia, comprobación da ventilación, protocolo de RCPB ante unha persoa inconsciente con signos de actividade cardíaca, protocolo de RCPB ante unha persoa con parada cardiorrespiratoria, RCPB en casos especiais: embarazadas, lactantes e nenos.

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: