Diseño del blog

O Concello de Triacastela publica as bases e a convocatoria para 5 prazas de auxiliar de axuda no fogar

dic 12, 2022

O CONCELLO DE TRIACASTELA PUBLICA AS BASES E A CONVOCATORIA PARA 5 PRAZAS DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

REQUISITOS E SOLICITUDES

  • Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no art. 57 do TREBEP:
  • Ser cidadán da Unión Europea ou seu cónxuxe, sempre que non estean separados/as de dereito, así como os seus descendentes e os do/a seu/súa cónxuxe sempre que non estean separados/as de dereito, sexan menores de vinte e un (21) anos ou maiores dependentes. 
  • Estar incluído/a no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrado pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de persoas traballadoras.
  • Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas das prazas/postos que se convocan.
  • Ter cumpridos dezaseis (16) anos e non alcanzar a idade de xubilación forzosa. 
  • Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban, no seu caso, o persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional de outro estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
  • Titulacións académicas
  • Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería (Real Decreto 546/1995, de 7 de abril); ou equivalente segundo Real Decreto 777/1998, de 30 de abril.
  • Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia (Real Decreto 1593/2011, de 4 de novembro ou equivalente segundo Real Decreto 496/2003, de 2 de maio), ou no seu caso, calquera outro que se publique cos mesmos efectos profesionais. 
  • Título de Técnico Superior en Integración Social, establecido polo Real Decreto 1074/2012, de 13 de xullo, ou título equivalente de Técnico Superior en Integración Social establecido polo entonces Real Decreto 2061/1995, de 22 de decembro, para aqueles profesionais que á data de publicación do presente Acordo encóntrense traballando na categoría profesional de coidador o gerocultor. 
  • Certificado de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais (Real Decreto 1379/2008, de 1 de agosto), ou no seu caso, calquera outro que se publique cos mesmos efectos profesionais. 
  • Certificado de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoasno Domicilio, regulado polo Real Decreto 1379/2008, de 1 de agosto, ou o equivalente Certificado de Profesionalidade da ocupación de auxiliar de axuda a domicilio, regulado polo entonces Real Decreto 331/1997, de 7 de marzo, ou no seu caso, calquera outro que se publique cos mesmos efectos profesionais. 
  • Nivel de galego: Celga 3.
  • Estar en posesión do permiso de conducir clase B, o que se acreditará mediante copia do mesmo e dispor de vehículo para desplazarse.


O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOE. 


ROCESO SELECTIVO

EXERCICIO 1.

Obrigatorio e NON eliminatorio

Tempo: 1 hora


Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 30 preguntas tipo test, baseadas no contido do programa


Cada pregunta terá tres repostas alternativas, das que só unha será a correcta


O exercicio disporá , a maiores, de 2 preguntas de reserva, que serán valoradas só en caso de que se anule algunha das preguntas do mesmo. 


EXERCICIO 2.

Obrigatorio e NON eliminatorio

Tempo: 30 minutos


Consistirá na resolución dun suposto práctico proposto polo Tribunal. O seu contido situarase no ámbito das materias tratadas dentro do programa establecido


PROBA DE GALEGO

Obrigatoria e eliminatoria


En cumprimento do sinalado no artigo 51 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a proba de galego consistirá na tradución dun texto de castelán para galego ou de galego para castelán, cuxo contido corresponderá ao esixido para a obtención da acreditación do nivel de galego que se esixe na base específica 5.2 (Celga 3).


Estarán exentos da realización da proba de galego as persoas aspirantes que acrediten posuír, dentro do prazo de presentación de solicitudes, o nivel de galego esixido


TEMARIO:

  1. A Constitución de 1978. Dereitos fundamentais e liberdades públicas.
  2. O municipio: Concepto e elementos. Organización municipal: órganos municipais. 
  3. As competencias municipais. Termo municipal do concello de Triacastela: parroquias, núcleos de poboación, e diseminados. Concello limítrofes.
  4. Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o Servizo de axuda no fogar na comunidade autónoma de Galicia. 
  5. Ordenanza municipal reguladora do Servizo de axuda no fogar no Concello de Triacastela, publicada no Boletín Oficial da Provincia de Lugo número 148 do 30.06.2014. Regulamento do Servizo de Axuda no Fogar no concello de Triacastela. (Dispoñible na sede electrónica do concello de Triacastela. Portal de transparencia. Normativa. Ordenanzas e regulamentos). 
  6. Servizo de axuda no fogar no marco do sistema para a Autonomía persoal e a Atención á dependencia.
  7. Hixiene e aseo persoal a persoas maiores e dependentes. Mantemento, limpeza e organización do domicilio de persoas maiores e dependentes. 
  8. Nutrición, dietética e alimentación de persoas maiores e dependentes. Servizos complementarios: xantar na casa e teleasistencia domiciliaria. 

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: