O Concello de Vigo publica as bases e convocatoria para 1 praza de enxeñeiro/a técnico/a forestal
21 de septiembre de 2022
O CONCELLO DE VIGO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE EXEÑEIRO/A TÉCNICO/A FORESTAL

SISTEMA SELECTIVO:
Oposición Libre
REQUISITOS : A s/os aspirantes deberán estar en posesión do título académico oficial enxeñeiro técnico forestal ou equivalente
PROCESO SELECTIVO: EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 2 horas.
Consistirá en desenvolver un tema de composición determinado polo órgano de selección no momento de realizar a proba, que garde relación directa con un dos temas do programa, elixido por sorteo numérico.
Neste exercicio avaliaranse os coñecementos sobre os temas expostos, a claridade e orde de ideas, a facilidade de exposición escrita e a capacidade de síntese e o rigor e precisión na súa exposición.
Esta proba deberá ser lida obrigatoriamente perante o órgano de selección, en sesión pública e concluída a lectura da totalidade dos temas, este poderá pedirlle á/ao aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna
EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 2 horas.
Consistirá en desenvolver por escrito 4 temas elixidos ao chou.
Neste exercicio avaliaranse os coñecementos sobre os temas expostos, a claridade e orde de ideas, a facilidade de exposición escrita e a capacidade de síntese e o rigor e precisión na súa exposición. Esta proba deberá ser lida obrigatoriamente perante o órgano de selección, en sesión pública e concluída a lectura da totalidade dos temas, este poderá pedirlle á e ao aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna.
EXERCICIO 3. Obrigatorio e eliminatorio nun tempo máximo de 3 horas.
Consistirá na resolución por escrito de dous supostos teórico-prácticos de carácter procedemental e administrativo que determinará o órgano de selección inmediatamente antes do comezo do exercicio, relativos as tarefas propias da praza.
Durante o desenvolvemento desta proba as/os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais dos que acudan provistos; non se permite o manexo de textos comentados nin libros de formularios.
Os e as aspirantes deberán expoñer este exercicio perante o órgano de selección en sesión pública, o que poderá, ao final da exposición, solicitarlle á/ao aspirante calquera aclaración que considere oportuna, sobre o suposto práctico desenvolvido.
EXERCICIO 4 . Obrigatorio e eliminatorio
Consistirá nunha proba de carácter práctico, dirixida a avaliar as competencias dixitais a nivel usuaria/o de entornos e ferramentas dixitais, aplicacións de carácter básico, contornos operativos Windows, Linux ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (Open Office ou similar) e de utilidades básicas de internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico, etc), no tempo que estableza o órgano de selección, e avaliarase de 0 a 2 puntos
EXERCICIO 5. Obrigatorio e NON eliminatorio,
Consistirá na realización dunha proba escrita de coñecemento da lingua galega, que se realizará conforme ao previsto na base 10ª das xerais que determinará o órgano de selección co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística
Estarán exentas/os da realización deste exercicio as/os aspirantes que acrediten no prazo de presentación de instancias, posuír o título CELGA 4 ou equivalente homologado, segundo o disposto na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega
TEMARIO:

- A Constitución española de 1978
- A Unión Europea
- A organización territorial do Estado.
- O municipio
- Organización municipal
- O acto administrativo
- A invalidez do acto administrativo
- O procedemento administrativo
- Os contratos do sector público
- A potestade sancionadora
- O orzamento das Entidades Locais
- A igualdade de xénero
- A Lei 7/2012, de montes de Galicia: concepto de monte. Definicións. Competencias da administración local, autonómica e estatal. O Consello Forestal de Galicia. Decreto polo que se desenvolve o Consello Forestal de Galicia. Outras mesas sectoriais.
- O plan forestal de Galicia. Obxectivos estratéxicos e programáticos. Principais medidas e programas. Horizonte temporal e orzamento asignado. Procedementos de revisión. Os plans de ordenación dos recursos forestais.
- Prevención de riscos laborais nos traballos de mantemento de xardíns e parque forestais
- Deseño de áreas infantís. Normativas. Labores de conservación mantemento.
- Deseño de áreas biosaudables deportivas. Normativas. Labores de conservación e mantemento
- Nodos de infraestruturas espaciais e Xeoportais. A directiva Inspire .
- As infraestruturas de datos espaciais como complemento dos Sistemas de Información Xeográficos.
- Os metadatos nos sistemas de información xeográficos: definición e obxectivos, normas e os seus elementos.
- A Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. O Pladiga. Os centros de coordinación
- Os incendios forestais. Incidencia en Galicia. Clase, causas, factores que interveñen na súa propagación e distribución xeográfica. Prevención de incendios: accións sobre o territorio e sobre a poboación. Restauración de zonas afectadas por grandes incendios. A estadística xeral de incendios forestais
- Base Cartográfica Catastral, o seu contido .
- A referencia catastral.
- Reprodución vexetativa: métodos tradicionais e novas tecnoloxías. As plantacións o o material de reprodución vexetativa. Os viveiros. Sistemas e estruturas. Produción, conservación e transporte das plantas. Substratos e colectores.
- Técnicas de rexeneración e de repoboación. Repoboación en zonas húmidas e subhúmidas. Principais especies forestais usadas na Comunidade Autónoma. Métodos, técnicas e maquinaria. Impacto das repoboacións forestais.
- Arboredo viario. Selección de especies. Formación e mantemento. Análise e diagnóstico.Medidas correctoras
- Modelado de datos de Sistemas de Información Xeográficos. Comparativa entre os distintos modelos e conversión dos mesmos.
- Modelado espacial vectorial. Primitivas xeométricas e tipolóxicas. Topoloxía e as súas relacións.
- Estrutura de datos xeográficos no modelo vectorial e no modelo raster.
- Sistemas de Información Xeográficos. Sistemas de coordenadas, sistemas de referencia. Conceptos de Xeodesia, xeoide e elipsoide.
- Métodos de captura da información xeográfica. procesos de integración, edición xeométrica, edición semántica, construción e revisión dos datos
- Principais elementos ou compoñentes dunha rede para rego de zonas verdes. Cálculos, necesidades, instalación, mantemento.
- Redacción de proxectos. Requisitos xerais. Documentos básicos. Dirección de obra. Certificado de fin de obra. Libro de ordes e asistencias. Libro de incidencias. Coordinador/a de seguridade e saúde.
- Nocións básicas dos Sistemas de Información Xeográficos: definición e compoñentes. Desenvolvemento de proxectos GIS.
- Fase de explotación dun proxecto de xestión de información xeográfica vectorial. As súas principais operacións e ferramentas
- Fase de explotación dun proxecto de xestión de información xeográfica rasterl . As súas principais operacións e ferramentas.
- Clasificación de residuos segundo diferentes aspectos. Xerarquía no tratamento de residuos.
- Sanidade forestal: principais enfermidades, pragas forestais e danos en Vigo. Medidas culturais, preventivas e terapéuticas. Tratamentos biolóxicos. Marco xurídico da sanidade forestal no contexto autonómico, español e da Unión Europea. Marco competencial en materia fitosanitaria na Xunta de Galicia. Declaración de pragas e enfermidades forestais
- O mantemento de zonas verdes de uso público. Labores de conservación e reposición.
- Áreas recreativas e parques periurbanos de uso público. Labores de mantemento e conservación. Medidas enfocadas á potenciación de actividades sociais
- A calidade dos datos nos sistemas de información xeográfica.
- Tratamento da información xeográfica: procesos de integración, edición xeométrica, edición semántica, construción e revisión dos datos
- Almacenamento e xestión da información xeográfica: datos orientados cara o proceso, arquitectura , modelo de referencia, bases de datos.
- Almacenamento e compresión da información xeográfica: clasificación dos modelos, formatos, bases de datos
- Funcións de análise temática nos sistemas de información xeográficos.
- Actualización da información en sistemas de información xeográficos.
- Funcións, obxectivos e operacións realizadas por un servizo web de Mapas e servizos teselados. As súas características e operacións
- Os sistemas de información xeográfica como ferramenta de xestión aplicada a ámbitos metropolitanos, os principais campos e ámbitos de implementación
- Os sistemas de información xeográficos do Catastro . O sistema corporativo de cartografía catastral. A Sede Electrónica do Catastro.
- Formatos para intercambio xeográfico de información e actualizacións catastrais . Estrutura e contidos da información
- O Catastro Inmobiliario: contido, concepto e clases de inmobles a efectos catastrais.
- O catastro inmobiliario: procedementos para a modificación das bases de datos catastrais, modelos , documentación e información asociada ao procedemento.
- O valor catastral : concepto e compoñentes do valor catastral, aproximación ao valor catastral de bens inmobles urbanos e de características especiais
- Valoración de bens inmobles rústicos. Valoración do solo urbanizable sectorizado sen determinacións de ordenación detallada ou pormenorizada. A Renovación do Catastro de Rústica.
- O Catastro Inmobiliario: Formación e mantemento
- Gravación de datos catastrais nos expedientes de incorporación de bens inmobles ou de alteración das súas características
- Estudos estatísticos: conceptos básicos, tipoloxía, fases de desenvolvemento. As variables: definición, tipos e características. Estatísticos. Estatística descritiva bivariante e regresión lineal. Representación gráfica.
- Modelos probabilísticos: funcións asociadas. Descrición dos principais modelos de variables aleatorias. Mostraxe: sesgo, clases, estimación, técnicas de mostraxe de resposta aleatorizada.
- Bases de datos en Access: vistas, deseños, manexo de táboas, consultas avanzadas, formularios, informes e macros. Bases de datos en rede. Conservación da integridade da información.
Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación
Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.