Diseño del blog

O Concello do Barco de Valdeorras publica as bases e convocatoria para varias prazas

jul 27, 2022

O CONCELLO DE O BARCO DE VALDEORRAS PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A E 2 DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ter a nacionalidade española ou ser nacional dalgún dos estados aos que se refiren os apartados 1 e 3 do artigo 57 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público ou ben atoparse relacionado cun nacional indicado no apartado 1 do artigo 57 do xeito indicado no apartado 2 do artig57 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas
  • Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que tivese sido separado ou inhabilitado. Será aplicable, por contra, o beneficio da rehabilitación conforme coas normas penitenciarias e administrativas, que o aspirante deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
  • Non atoparse incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.
  • No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá acreditarse que se está en posesión da correspondente homologación expedida polas autoridades educativas pertinentes na data na que remate o prazo de presentación de instancias.
Presentaranse preferentemente no Rexistro Xeral Electrónico do Concello do Barco de  Valdeorras (situado na sede electrónica do Concello) ou nas oficinas de asistencia en materia de rexistros (que nesta  Administración se atopa no edificio núm. 2 da praza do  Concello da Vila do Barco de Valdeorras e conta co horario de  09:00 a 14:00 en días hábiles) no prazo de vinte días hábiles  contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da  correspondente convocatoria no Boletín Oficial do Estado. As  solicitudes poderanse remitir tamén na forma determinada no  artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro

CREACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO:
Crearase unha bolsa de emprego para cada procedemento cos  aspirantes que aprobase o primeiro e o segundo exercicio, para  futuros nomeamentos como funcionarios interinos para postos  das correspondentes subescalas para o caso de que o Concello  teña a necesidade de acudir ao seu nomeamento por producirse  algunha das circunstancias que sinale a lexislación vixente

Para formar parte da bolsa, deberase indicar expresamente  na solicitude presentada e facilitar un correo electrónico na  solicitude e/ou un número de teléfono.

A orde dos integrantes da bolsa virá determinada pola suma  da puntuación obtida en todos os exercicios nos que participen  os aspirantes.

Realizarase o chamamento por rigorosa orde de puntuación, é  dicir, realizándoo á persoa que se sitúe no primeiro lugar da  bolsa e podendo soamente seleccionar á seguinte persoa cando  a primeira rexeitase o posto de traballo ofertado ou non contestase ao chamamento no prazo dado para os efectos. O chamamento ou ofrecemento poderá realizarse por teléfono ou por  correo electrónico e publicarase tamén no taboleiro de anuncios do Concello. Cando se empregue a comunicación telefónica a persoa encargada de realizalo deberá deixar por escrito  constancia das incidencias que xurdan.

2 PRAZAS AUXILIAR ADMINISTRATIVO:
Estar en posesión ou en condición de obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Así mesmo, observarase o establecido na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola  que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en  educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, regulados  na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada mediante a Orde EDU/520/2011, do 7 de marzo. As persoas  aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da  credencial que acredite, no seu caso, a homologación do título.

Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que  obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional no  ámbito das profesións reguladas, ao amparo das disposicións de
dereito da Unión Europea

Os aspirantes deberán estar en posesión da devandita titulación, na data en que remate o prazo de presentación de instancias. É dicir, os aspirantes deberán ter o título ou presentar a  acreditación do órgano educativo correspondente de que o  aspirante ten dereito á súa expedición por ter aprobado a totalidade dos estudos precisos para a súa obtención e ter realizado  as actuacións precisas para a súa expedición (xa sexa a mera  solicitude da expedición ou o pagamento das taxas correspondentes, de proceder estas). É dicir, que de ser o caso de que o
aspirante non posúa fisicamente o documento acreditativo da  titulación na data de remate de presentación de instancias  podería posuílo ao cumprir con todas as esixencias establecidas  para posuílo.

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 110 minutos

Consistirá nun cuestionario, que se responderá por escrito, de  90 preguntas tipo test (máis 6 de reserva) con 4 alternativas de  resposta cada unha.

EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 1 hora

A proba de coñecemento da lingua galega estará dirixida á  comprobación, por parte do tribunal, de que os aspirantes comprenden, falan e escriben correctamente o galego, someténdoos á proba ou probas que consideren máis adecuadas para tal  comprobación.

Poderá consistir na tradución dun ou varios textos. Unha vez rematado o  exercicio, o tribunal chamará aos aspirantes para que dean lectura total ou parcial do exame.

Quedarán exentas da realización desta proba aquelas persoas  que acrediten estar en posesión do Celga 3 ou título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do  19 de febreiro).

EXERCICIO 3. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 60 minutos

Consistirá na redacción por escrito, dun ou varios supostos prácticos de carácter  procedemental e administrativo que determinará o tribunal  antes do comezo do exercicio, relativos ás tarefas administrativas propias da subescala. Este exercicio poderá ser lido polos  aspirantes no caso de que o estableza o tribunal, lectura que  será, nese caso, obrigatoria e que se anunciará cando se publique a data e a hora na que se realizará o exercicio. Os aspirantes serán chamados á lectura mediante anuncio publicado no  taboleiro de anuncios do Concello.

TEMARIO: 
  1. A Constitución española.
  2. A organización do Estado español na Constitución.
  3. A Coroa
  4. O Poder Xudicial
  5. O Estatuto de autonomía de Galicia
  6. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  7. O municipio
  8. Os recursos das facendas locais
  9. As fontes do ordenamento xurídico.
  10. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.I
  11. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.II
  12. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.III
  13. Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector  público.
  14. Singularidades dos procedementos administrativos das entidades locais.
  15. O patrimonio das administracións públicas.
  16. Actividade subvencional das entidades locais
  17. Os contratos do sector público
  18. A organización municipal.
  19. O sistema electoral local
  20. Réxime de sesións dos órganos de goberno local
  21. O persoal ao servizo das administracións públicas
  22. A Secretaría, a Intervención e a Tesourería municipal no Decreto 128/2018, do 16 de marzo.
  23. O orzamento xeral das entidades locais
  24. A execución do orzamento de gastos e de ingresos
  25. A tesouraría das entidades locais
  26. O imposto sobre bens inmobles.
  27. Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno
  28. Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes
  29. Discapacidade
  30. Informática básica
1 PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A
Estar en posesión ou en condicións de obter o título de bacharel  ou técnico. Así mesmo, observarase o establecido na Orde  EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de  maio, de educación, modificada mediante a Orde EDU/520/2011,  do 7 de marzo. As persoas aspirantes con titulacións obtidas no  estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, no seu caso,  a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás  persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao  amparo das disposicións de dereito da Unión Europea

Os aspirantes deberán estar en posesión da correspondente titulación na data en que remate o prazo de presentación de instancias. É dicir, os aspirantes deberán ter o título ou presentar a  acreditación do órgano educativo correspondente de que o aspirante ten dereito á súa expedición por ter aprobado a totalidade  dos estudos precisos para a súa obtención e ter realizado as  actuacións precisas para a súa expedición (xa sexa a mera solicitude da expedición ou o pagamento das taxas correspondentes,  de proceder estas). É dicir, que de ser o caso de que o aspirante  non posúa fisicamente o documento acreditativo da titulación na  data de remate de presentación de instancias podería posuílo ao  cumprir con todas as esixencias establecidas para posuílo.

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 120 minutos

Consistirá nun cuestionario, que se responderá por escrito, de  100 preguntas tipo test (máis 6 de reserva) con 4 alternativas  de resposta cada unha

EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos

A proba de coñecemento da lingua galega estará dirixida á  comprobación, por parte do tribunal, de que os aspirantes comprenden, falan e escriben correctamente o galego, someténdoos á proba ou probas que consideren máis adecuadas para tal  comprobación

Unha vez rematado o  exercicio o tribunal chamará aos aspirantes para que dean lectura total ou parcial do exame.

Quedarán exentas da realización desta proba aquelas persoas  que acrediten estar en posesión do Celga 4 u o título equivalente  debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional  segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os  certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da  lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola  Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

EXERCICIO 3 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 90 minutos

Consistirá na redacción por escrito, dun ou varios supostos prácticos de carácter  procedemental e administrativo que determinará o tribunal  antes do comezo do exercicio, relativos ás tarefas administrativas propias da subescala. 

Este exercicio poderá ser lido polos  aspirantes para o caso de que o estableza o tribunal, lectura  que será, nese caso, obrigatoria e que se anunciará cando se  publique a data e a hora na que se realizará o exercicio.

TEMARIO :
  1. A Constitución española.
  2. A Constitución española de 1978
  3. A organización do Estado español na Constitución.
  4. A Coroa.
  5. As Cortes Xerais
  6. O Poder Xudicial.
  7. O Poder Executivo.
  8. Os estatutos de autonomía.
  9. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  10. A Administración local
  11. O municipio
  12. A Facenda local na Constitución
  13. As fontes do ordenamento xurídico.
  14. O Estatuto de autonomía de Galicia
  15. O procedemento administrativo
  16. Fases do procedemento administrativo xeral
  17. A tramitación electrónica do procedemento administrativo.
  18. O acto administrativo.
  19. O procedemento administrativo local.
  20. Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector  público.
  21. O Estatuto básico do empregado público.
  22. O persoal ao servizo da Administración local.
  23. Actividade subvencional das entidades locais
  24. A responsabilidade patrimonial da Administración pública
  25. A protección de datos de carácter persoal.
  26. O padrón de habitantes
  27. O estatuto dos veciños.
  28. A potestade regulamentaria dos entes locais territoriais
  29. Os bens das entidades locais
  30. Os impostos locais obrigatorios sobre bens inmobles, actividades económicas e sobre vehículos de tracción mecánica.
  31. As taxas municipais e as súas clases.
  32. A Secretaría, a Intervención e a Tesourería municipal no Decreto 128/2018, do 16 de marzo.
  33. O control interno da actividade económico-financeira das entidades locais
  34. O réxime xurídico da recadación das entidades locais.
  35. O orzamento das entidades locais.
  36. A execución do orzamento de gastos e de ingresos
  37. A liquidación do orzamento.
  38. A tesouraría das entidades locais.
  39. A conta xeral das entidades locais
  40. A Lei do solo de Galicia
  41. Réxime xurídico dos contratos do sector público
  42. Clases de contratos
  43. Preparación e actuacións preparatorias nos contratos. Selección do contratista e adxudicación dos contratos
  44. O municipio
  45. Organización municipal no réxime común.
  46. O sistema electoral local.
  47. Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes
  48. Discapacidade.
  49. Informática básica.

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: