Diseño del blog

A Deputación de Lugo publica as bases e a convocatoria para 3 prazas de conductor/a maquinista

sept 30, 2022

A DEPUTACIÓN DE LUGO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 3 PRAZAS DE MAQUINISTA CONDUCTOR/A

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria, Graduado Escolar, Formación Profesional de primeiro grao ou equivalente. 
  • Titulación de Galego Celga3 ou equivalente
  • P ermiso de condución tipo A, B, C e C+E.

PROCESO SELECTIVO: PRIMEIRO EXERCICIO. Obrigatorio e non eliminatorio cun tempo máximo de 1 hora e 20 minutos Dividese en duas partes:
Primeira parte: Consistirá nun exercicio tipo test de 16 preguntas con tres respostas alternativas e 2 preguntas de reserva, sobre o temario
Segunda parte: Consistirá na exposición por escrito dun tema, seleccionado por sorteo entre os temas contidos no temario.
SEGUNDO EXERCICIO : Obrigatorio e non eliminatorio cun tempo máximo de 2 horas.
Consistirá na resolución dun suposto práctico que terá por obxecto comprobar a aplicación práctica dos coñecementos que se inclúen no programa, nun caso concreto que responda ás funcións ou tarefas da praza/posto que se convoca.
O Tribunal poderá determinar que o exercicio sexa lido polas persoas aspirantes, na data que este determine, podendo asistir a este acto as demais persoas aspirantes.
Neste suposto a lectura será obrigatoria quedando eliminados do proceso selectivo as persoas que non comparezan.
O Tribunal poderá formular preguntas sobre o contido do exercicio ou solicitar aclaracións en relación coa proba realizada, de xeito que lle permita formar unha opinión máis precisa das habilidades profesionais de cada persoa aspirante. 
As persoas aspirantes que se presentasen ao primeiro e segundo exercicio, deberán alcanzar entre os dous a puntuación mínima de 15 puntos para continuar no procedemento selectivo, sendo eliminadas as persoas aspirantes que non alcanzasen a dita puntuación.
PROBA DE GALEGO: Obrigatoria e eliminatoria
En cumprimento do sinalado no art. 51 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a proba de galego consistirá na tradución dun texto de castelán para galego ou de galego para castelán, cuxo contido corresponderá ao esixido para a obtención da acreditación do nivel de galego Celga 3
Estarán exentos da realización da proba de galego as persoas aspirantes que acrediten posuír, dentro do prazo de presentación de solicitudes, o nivel de galego  CELGA 3 ou equivalente
TEMARIO :
  1. A Constitución Española. Principios xerais. A provincia como entidade local. A Deputación Provincial de Lugo, as súas competencias, organización e dependencias.
  2. A organización territorial do estado na Constitución Española de 1978. Os estatutos de autonomía con especial referencia ao Estatuto de Galicia. 
  3. A lexislación sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial: disposicións xerais. Réxime competencial. Normas de comportamento na circulación. 
  4. Sinalización. Tipo e significado das sinais de circulación e marcas viais e sinais nos vehículos. 
  5. Chasis e carrozaría. Pintura. Motores. Clasificación dos motores atendendo a súa constitución e funcionamento. Técnicas de desmontaxe, verificación, reparación e montaxe de motores.
  6. Sistemas auxiliares de motor. Sistemas de admisión do aire. Sistemas de escape. Sistemas de alimentación do combustible. Elementos e compoñentes dos circuítos hidráulicos e pneumáticos. 
  7. Sistemas de suspensión: tipos de suspensión, características, constitución e funcionamento, suspensións convencionais, pneumáticas e hidropneumáticas. Técnicas de desmontaxe, reparación e montaxe.
  8. Sistema de dirección: direccións convencionais, pneumáticas e hidráulicas. Control de axuste de eixe dianteiro e traseiro. Características de rodas e pneumáticos. Técnica de desmontaxe, reparación e montaxe. 
  9. Sistemas de transmisión e freado. Transmisión de forza. Embrague e convertedores. Sistema de freos: hidráulicos, pneumáticos e eléctricos. O sistema de freos con ABS. Técnicas de desmontaxe, reparación e montaxe
  10. Electricidade do automóbil. Sistemas de acendido. Alternador, batería, motor de arranque. Sistema de alumeado

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: