Diseño del blog

O Concello de Taboadela publica as bases e convocatoria para 1 praza de traballador/a social

sept 30, 2022

O CONCELLO DE TABOADELA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL E CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ter cumpridos os 16 anos de idade e non ter acadado a idade de xubilación forz osa
  • Ter a nacionalidade española ou ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España sexa aplicable a libre circulación de persoas traballadoras. Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e as/os do seu cónxuxe, sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes
  • Estar en posesión, ou en condición de obtelo na data de remate do prazo de presentación de instancias, do título de diplomatura ou grao en Traballo Social. As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao amparo das disposicións de dereito da Unión Europea
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas, debendo posuír a aptitude psicofísica precisa e a compatibilidade da súa capacidade ou discapacidade para o normal desempeño das funcións e tarefas do posto de traballo ao que corresponden as prazas convocadas, con independencia das adaptacións no posto de traballo que, a teor da vixente normativa de prevención de riscos laborais resulte necesario levar a cabo para garantir a protección das persoas fronte aos riscos derivados do traballo.
  • Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin estar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada. No suposto de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, non seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
  • Non estar incurso/a en causas de incompatibilidade ou de incapacidade de conformidade co disposto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.
  • Acreditación do coñecemento do galego: as persoas aspirantes que non acrediten estar en posesión do Celga 4 ou equivalente, deberán facer unha proba que se valorará co resultado de apto/a ou non apto/a.
  • Nos supostos de discapacidade física ou psíquica, esta deberá acreditarse mediante a presentación, coa solicitude de participación no proceso de selección, do certificado de discapacidade igual ou superior ao 33% expedido polo órgano competente da Administración autonómica, xunto co certificado de compatibilidade co posto de traballo asociado á praza de traballador/a social antes relacionada. Igualmente, coas solicitudes de participación nos procesos de selección deberán achegarse as solicitudes de adaptación de tempos e medios ás que os/as aspirantes con discapacidade teñan dereito, para o desenvolvemento do proceso selectivo con plena garantía do dereito de acceso ao emprego público en condicións de igualdade, consonte ao disposto no Real Decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, así como á normativa vixente en materia de función pública de concordante aplicación, para os efectos tanto do seu estudo e resolución polo órgano de selección, como da adecuada disposición dos medios técnicos e humanos necesarios para o efecto con antelación á realización das probas selectivas. O órgano de selección poderá requirir informe e, se é o caso, colaboración dos órganos técnicos competentes da Administración laboral ou sanitaria da Xunta de Galicia para efectuar de xeito adecuado as ditas adaptació ns
  • Contar con certificación negativa de delitos sexuais de acordo co disposto no artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación do Código Civil e da Lei de Axuizamento civil

As persoas que desexen participar no proceso selectivo deberán remitir unha instancia dirixida á Alcaldía, conforme co modelo que consta no anexo I d as bases.
O prazo de presentación de instancias será de 10   días hábiles, contado dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Ourense
A s instancias presentaranse pola sede electrónica do concello.
En caso de acudir ao Rexistro Xeral deste organismo, en horario de oficina de 9.00 a 14.00 horas, será obrigatorio traer a titulación orixinal, a documentación en formato pdf e advírtese de que non se realizan fotocopias de ningún tipo de documentación.
Tamén poderán presentarse nos lugares e formas establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
No suposto de que se presente na oficina de Correos, deberá realizarse en sobre aberto para que a solicitude sexa datada e selada polo empregado/a de Correos antes do seu envío certificado.
PROCESO SELECTIVO: EXERCICIO 1 . Obrigatorio e eliminatocio cun tempo de 1 hora e 30 minutos
Realizarase un exame tipo test, de 30   preguntas, que versará sobre as materias e funcións propias do posto de traballo que se convoca, segundo o temario que se sinala no anexo II das base s.
Ademais das 30 preguntas iniciais do test, existirán 5 preguntas de reserva, que deben ser contestadas polas persoas aspirantes e que se utilizarán para substituír aquelas preguntas do exame inicial que fosen anuladas polo Tribunal, tras o acordo previo motivado ao respecto.
Neste suposto, a pregunta anulada do exame inicial terase por non formulada e será substituída pola primeira pregunta de reserva, e así sucesivamente no caso de que houbese máis dunha anulación.
EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 90 minutos
Realizarase un exame práctico, de carácter escrito, que versará sobre as materias e funcións propias do posto de traballo que se convoca, segundo o temario que se sinala no anexo II destas bases.
O Tribunal poderá solicitar aos/ás aspirantes a lectura do exercicio escrito.
O tribunal exporá tres casos, con seis preguntas curtas cada un deles, dos que cada opositor escollera dous para realizar
EXERCICIO 3 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos Constará de dúas probas.  
Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán ao galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos po lo tribunal.
Segunda proba : consistirá na tradución dun texto do galego ao castelán elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten posuír o día da publicación desta convocatoria o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).
CREACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO: O resto de candidatos que, superasen o proceso selectivo pero non obtivesen a praza ofertada, pasarán a formar dunha bolsa de agarda para cubrir calquera necesidade puntual no Servizo de Traballo Social do Concello de Taboadela.
O Tribunal ordenará a relación dos aspirantes, segundo a puntuación obtida, de maior a menor e cando xurda a necesidade de efectuar unha contratación temporal dun traballador/a, o alcalde realizará unha proposta en favor do aspirante que obtivese maior puntuación. 
A bolsa será dun ano prorrogable tacitamente. Esta estará vixente ata o seu esgotamento, ou ben ata a creación dun novo proceso.
TEMARIO;
  1. A Constitución española: estrutura. Os principios constitucionais: o estado social e democrático de Dereito. Os valores superiores na Constitución española. Título preliminar. Os dereitos e deberes fundamentais, as súas garantías e suspensión. As Cortes Xerais. A reforma constitucional. 
  2. O Goberno: composición e funcións. Relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais. A organización territorial do Estado. Réxime de competencias: sistema de distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas: competencias exclusivas, compartidas, concorrentes, de desenvolvemento e de execución. O Estado das Autonomías. Os Estatutos de Autonomía. Relación entre o Estado e as comunidades autónomas. 
  3. O Estatuto de Autonomía de Galicia: título preliminar. O poder galego: o Parlamento. A Xunta e o seu presidente. As competencias de Galicia.
  4. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: disposicións xerais. Dos interesados no procedemento. Da actividade das administracións públicas. Dos actos administrativos. A revisión de actos en vía administrativa: revisión de oficio. Recursos administrativos. 
  5.  Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: das disposicións sobre o procedemento administrativo común: garantías do procedemento. Iniciación do procedemento. Ordenación do procedemento. Instrución do procedemento. Execución. Finalización do procedemento. A tramitación simplificada do procedemento administrativo común.
  6. O réxime local. Regulación xurídica. O municipio: concepto e elementos: Territorio e poboación. Organización. Competencias. O réxime de organización dos municipios de gran poboación: ámbito de aplicación. Organización e funcionamento dos órganos municipais necesarios.
  7. O persoal ao servizo das administracións públicas: clases de persoal. Adquisición e perda da relación de servizo. Dereitos individuais. Deberes e código de conduta. Xornada de traballo permisos, licenza e vacacións. Dereitos retributivos. Incompatibilidades. 
  8. Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. Recursos das facendas locais: enumeración. Imposición e ordenación dos tributos locais. Taxas. Prezos públicos. Contribucións especiais. Impostos locais: enumeración, natureza e feito impoñible. Os orzamentos: contido e aprobación.
  9. Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público. Disposicións xerais. Dos órganos das administracións públicas: órganos administrativos, competencias, órganos colexiados, abstención e recusación. Os convenios. Principios da potestade sancionadora. Da responsabilidade patrimonial das administracións públicas. 
  10. Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Transparencia da actividade pública.
  11. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: disposicións xerais. Principios da protección de datos. Dereitos das persoas. Responsable e encargado do tratamento de datos. Réxime sancionador
  12. Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes: obxecto e ámbito da lei. O principio de igualdade e a tutela contra a discriminación. Políticas públicas para a igualdade. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: as condicións de emprego en igualdade na Administración pública galega
  13. A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. 
  14. O Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. O financiamento dos servizos sociais e a cooperación interadministrativa: o Plan concertado. Convenio entre o Ministerio de Asuntos Sociais e a Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento das prestacións básicas de servizos sociais das corporacións locais (BOE nº 163, do 08/07/1988).
  15. O Decreto 246/2011, do 15 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, no relativo aos órganos consultivos e de participación.
  16. O Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
  17. Formas de prestación dos servizos sociais en Galicia. O réxime de concertos sociais: Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
  18. A Orde do 18 de agosto de 2000, da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se aproba o Estatuto básico dos centros de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia. 
  19. O Decreto 40/2014, do 20 de marzo, polo que se crea a Axencia Galega de Servizos Sociais e se aproban os seus estatutos. 
  20. A historia social única electrónica. O Decreto 89/2016, do 30 de xuño, polo que se regula a creación, o uso e o acceso á historia social única electrónica
  21. O Decreto 119/2005, do 6 de maio, polo que se crea o Instituto de Medicinal Legal de Galicia. Estrutura e funcións. 
  22. O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. O acordo fundacional e estatutos. 
  23. O sistema español de Seguridade Social: pensións non contributivas. Modalidades e requisitos. O ingreso mínimo vital (IMV): os requisitos e a súa acreditación, as obrigas das persoas beneficiarias
  24. A Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia. 
  25. O Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes. 
  26. O Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias na financiamento do seu custo.
  27. Ordenanza municipal reguladora do servizo de axuda a domicilio del Concello de Taboadela. O servizo de teleasistencia
  28. A Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código Civil e da Lei de axuizamento civil. 
  29. A Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia. Programas e recursos. 
  30. O Decreto192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia
  31. A Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia. O Decreto 14/2019, do 31 de xaneiro, de desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no relativo á tramitación da renda de inclusión social de Galicia e das axudas de inclusión social.
  32. Deontoloxía no traballo social. A confidencialidade e o segredo profesional. 
  33. A Ordenanza municipal de emerxencia social do Concello de Taboadela. 
  34. O Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, polo que se define a carteira de servizos sociais de inclusión. A Orde do 25 de xaneiro de 2008 pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social. 
  35. A inclusión como obxectivo da política social europea. Os plans de inclusión social en Galicia. A estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020. Prioridades transversais e sectoriais na inclusión social. Estratexias, plans e programas de intervención específica. 
  36. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Definición de violencia, tipoloxía, principios xerais. Acreditación da situación de violencia de xénero
  37. A normativa galega en materia de igualdade: principais medidas contempladas polo Decreto 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: disposicións xerais. Apoio á conciliación e á corresponsabilidade. 
  38. A acción social. Concepto e etapas históricas. O estado de benestar. Os sistemas públicos de protección social. O Sistema de Servizos Sociais en Galicia. Etapas e configuración actual. 
  39. Fundamentos, principios e funcións do traballo social. O obxecto do traballo social: suxeito, obxecto e contido. Niveis de intervención no traballo social. 
  40. O proceso metodolóxico no traballo social. Correntes metodolóxicas. Proceso metodolóxico na planificación social. Planificación. Programación. Execución. Avaliación. Incorporación do principio de transversalidade á planificación social. 
  41. Técnicas en traballo social: instrumentais, de coñecemento, de diagnóstico, de intervención, e de avaliación. Principais técnicas e documentos en Traballo Social. 
  42. Ferramentas informáticas para o traballador social: Siuus-Gal, Sigad, Matiass, HSU, Ruepss, Benourense. Concepto e finalidade.
  43. O/A traballador/a social como membro dun equipo de traballo interdisciplinar: fundamento, funcións e principios básicos como persoal técnico do equipo e nos diferentes ámbitos de intervención.
  44. Deontoloxía e ética profesional. O Código deontolóxico dos/as profesionais do traballo social. Código ético en relación coas persoas usuarias, coas institucións e con outros/as profesionais. 
  45. O traballo social no sistema de servizos sociais. Servizos sociais. Concepto. Os servizos sociais e a Administración pública a nivel estatal, autonómico e local. Organización e competencias. Financiamento. Cooperación e coordinación. 
  46. Os servizos sociais comunitarios. Principios que os inspiran e obxectivos. Competencias e organización. Equipamentos e prestacións básicas. Equipos técnicos.
  47. Os servizos sociais especializados. Concepto. Competencias, organización. Referencias legais. Programas. Equipamentos.
  48. Os servizos sociais especializados en institucións. As institucións e a relación coa sociedade. A intervención social en institucións residenciais. Intervención social en institucións de persoas maiores, en institucións de persoas con discapacidade, en institucións de inclusión e en institucións de menores
  49. Intervención social en infancia e adolescencia. Acollemento familiar. Adopción. Programas de actuación. Equipos do menor; composición, funcións e metodoloxía de intervención. Institucións para menores na Comunidade Autónoma. 
  50.  Infancia e adolescencia. Os malos tratos na infancia. Definición. Tipoloxía. Factores de risco. O proceso de intervención ante o maltrato infantil. Prevención, detección e tratamento social. Inadaptación social e conduta delituosa na adolescencia. Protocolo de actuación ante o maltrato infantil. Problemática do menor institucionalizado. Medidas de protección de menores. Políticas europeas: investimento en infancia e garantía infantil.
  51. Intervención social e intervención familiar. Intervención social con familias e grupos. Enfoques e correntes actuais da intervención familiar. Intervención grupal. 
  52. Intervención coas mulleres en situación de vulnerabilidade. Violencia de xénero e violencia doméstica definición. Políticas de igualdade en Galicia: recursos, organización administrativa. 
  53.  Intervención social e discapacidade: discapacidade física, psíquica e sensorial. Os dereitos das persoas con discapacidade recollidos na convención internacional das persoas con discapacidade. Do modelo de negación ao modelo social de intervención coa discapacidade. Necesidades e recursos: centros e servizos especializados, axuda no fogar, axudas e subvencións. O papel do persoal técnico de servizos sociais na acción integradora: integración laboral, educativa, de ocio e tempo libre.
  54. Intervención social coas persoas maiores. Aspectos sociais do envellecemento. Necesidades sociais e recursos. Recursos e equipamentos. Servizos de apoio, axuda no fogar. Dereitos das persoas maiores. Tipoloxía de maltrato nas persoas maiores; físico, psicolóxico, emocional. Datos demográficos e proxeccións da poboación en Galicia. O traballo social coas persoas maiores en institucións e na comunidade. Políticas europeas e internacionais: o envellecemento activo e saudable e os coidados a longo prazo das persoas en situación de dependencia. 
  55.  Intervención social e condutas delituosas; consumos tóxicos, ludopatía. As novas adicións Conceptos. Aspectos sociais das condutas aditivas Prevención, tratamento e rehabilitación social. Reinserción social. Servizos e recursos.
  56. Intervención social e inclusión social: pobreza e exclusión social conceptos e diferenzas. Grupos de poboación máis vulnerables. Inmigrantes e minorías étnicas. Características e necesidades sociais. Recursos. Servizos e prestacións. Aspectos demográficos da poboación xitana en Galicia. Problemática específica e medidas para la integración social. 
  57.  Intervención social e espazo sociosanitario. Concepto do espazo sociosanitario. Poboación destinataria de atención sociosanitaria. A coordinación sociosanitaria en Galicia. 
  58. Modelos de intervención social. Modelo de intervención centrado na persoa. Modelo sistémico e ecolóxico. Modelo humanista, modelo cognitivo-conductual e psicodinámico. 
  59. O terceiro sector da acción social. Organizacións non gobernamentais. Concepto. Tipos. Sistema de financiamento. Organización e coordinación coas distintas administracións. As entidades prestadoras de servizos sociais. O rexistro unificado de entidades prestadoras de servizos. sociais (RUEPSS). 

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: