Diseño del blog

O Concello de Ribeira de Piquín publicou as bases e a convocatoria para 2 prazas de auxiliar de axuda no fogar

sept 30, 2022

O CONCELLO DE RIBEIRA DE PIQUÍN PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 2 PRAZAS DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR.

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ser español ou nacional dalgún Estado membro da Unión Europea, ou ser o seu cónxuxe, sempre que non estean separados de dereito ou ser descendentes dos primeiros ou do cónxuxe, sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores dependentes, ou ser persoas incluídas no ámbito dos Tratados Internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos estabelecidos no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, ou ser estranxeiro con residencia legal en España.
  • Posuír capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas
  • Ter cumpridos os 18 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa
  • Non estar separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo ao Estado, as Comunidades Autónomas ou as Entidades Locais, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. No caso de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin estar sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos términos, o acceso ao emprego público.
  • Non estar afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.
  •  Estar en posesión do certificado de profesionalidade de atención socio-sanitaria a persoas no domicilio, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais emitido pola Xunta de Galicia ou estar en posesión do título de formación profesional de grao medio de atención socio-sanitaria, ou equivalente. Requisito de titulación que non será obxecto de valoración na fase de concurso. 
  • Posuír o permiso de conducir de clase B e vehículo propio. 
  • O coñecemento do idioma galego acreditarase mediante diploma, −Celga2−, certificado ou curso homologado polo órgano competente en materia de política lingüística, e, no seu defecto, mediante proba escrita que se lle realizará o aspirante. Esta proba consistirá na tradución dun texto do castelán ao galego na que o aspirante amose o seu coñecemento da lingua galega

A contratación farase polo período de seis (6) meses, a xornada completa baixo a modalidade de contratación de duración determinada por circunstancias de produción, consistindo este na prestación de atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas ou necesarias da vida diaria ou doméstica dos usuarios do servizo de axuda no fogar, atención de carácter psicosocial e educativo e actividades de acompañamento aos mesmos, socialización e  desenvolvemento de hábitos saudables, baixo a supervisión e coordinación da Traballadora Social do Concello. 
Os/As interesados/as poderán presenta-las súas solicitudes, dirixidas ao Sr. Alcalde-presidente do concello, no prazo de 5 días naturais, comezando a computarse dito prazo a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, en horario de 09.00 a 14.00 h, é dicir, ate o día 05/10/2022
PROCESO SELECTIVO: EXERCICIO ÚNICO. Tempo máximo de 1 hora.
A proba consistirá en contestar por escrito un exame tipo test de 20 preguntas e dúas preguntas a desenvolver sobre os contidos dos programas que se recollen no temario da convocatoria.
Os exercicios cualificaranse de 0 a 8 puntos, non será necesario un mínimo de puntos para superalo e polo tanto non tendo carácter eliminatorio. 
BOLSA DE TRABALLO: As persoas que superen o proceso selectivo e non obteñan praza pasarán a formar parte dunha bolsa de traballo, de tal maneira que, cando o concello necesite algún/ha traballador/a destas características para o mesmo servizo e posto obxecto da presente convocatoria, así como para cubrir calquera posto vacante de axuda no fogar dos existentes do persoal do concello, acudirase a dita bolsa, seleccionando ó/á primeiro/a deles/as e soamente poderá seleccionarse ó/á seguinte a este/a, sempre e cando aquel/a rexeitase o posto ou non cumpra nese intre cos requisitos do punto dous destas bases; o que suporá pasar ao final da lista salvo que se dean as circunstancias de estar traballando ou enfermo/a, o que deberá xustificarse mediante a documentación necesaria. Esta bolsa de emprego será válida para cubrir as necesidades do servizo de axuda no fogar para aqueles casos en que sexa necesario e/ou urxente a cobertura destes postos, en supostos de substitucións, vacacións, permisos, acumulación de tarefas de carácter puntual do servizo, calquera outra que esixa a inmediatez na contratación para atención do servizo. 
TEMARIO:
  1. Concello. Termo municipal. Datos de interese do municipio. Distribución xeográfica e parroquial. 
  2. Ordenanza municipal reguladora do servizo. (BOP Lugo. 19 maio 2014, núm: 112)
  3. Normativa que regula o servizo de axuda no fogar. 
  4. O código deontolóxico da auxiliar de axuda no fogar.
  5. Nutrición, dietética e alimentación: administración de alimentación, os nutrientes, manipulación, tratamento e conservación, elaboración de menús segundo as patoloxías. 
  6. Hixiene e seguridade persoal: intervención do/a auxiliar de axuda no fogar nos coidados do usuario. Hixiene persoal. Aseo persoal. Prevención de accidentes domésticos na hixiene e aseo do usuario.
  7. A mobilización dos enfermos: pautas xerais. Movementos a realizar. Traslados e deambulacións
  8. A prevención de accidentes e primeiros auxilios das persoas dependentes: caídas, queimaduras, intoxicacións, electrocución, atrangantamentos, pequenas feridas.
  9. Atención e apoio psicosocial domiciliario: mantemento e rehabilitación psicosocial das persoas dependentes, apoio en xestións cotiás, comunicación e asertividade.
  10. Control, administración e seguimento da medicación da persoa dependente. 
  11. Ámbito de actuación de axuda no fogar: maiores, demencias e alzheimer, enfermidades mentais, discapacidade física, psíquica e sensorial. 
  12. Coidado e atención das enfermidades máis frecuentes. Enfermidades respiratorias. Enfermidades vasculares. Diabetes Mellitus. Enfermidades osteoarticulares, Párkinson… 
  13. Prevención de riscos laborais. Os riscos domésticos. A vivenda e os seus riscos. Riscos asociados a tarefa. Pautas de actuación ante riscos laboráis.

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
12 sept, 2024
Grupo MEF ofrece cursos de inglés online 24/7 con becas disponibles
12 sept, 2024
Grupo MEF inaugura el curso 2024-2025 con su Escuela de Idiomas avalada por Cambridge English: ¡Plazos abiertos hasta el 10 de octubre!
03 sept, 2024
Descubre cómo preparar oposiciones para el SERGAS con nuestra guía para principiantes. En GRUPO MEF ofrecemos formación en todas las modalidades, con acceso a contenido actualizado las 24 horas del día. Consulta las convocatorias recientes en nuestra web y empieza a preparar tu futuro hoy mismo.
03 sept, 2024
Descubre cómo preparar oposiciones para la Xunta de Galicia desde cero con nuestra guía paso a paso. En GRUPO MEF te ofrecemos formación en todas las modalidades, con acceso a contenidos disponibles 24/7. Si prefieres estudiar por tu cuenta, prueba nuestro 'Método Estudio Fácil'. ¡Consigue tu plaza y asegúrate un futuro estable! Entra ahora en nuestro blog y empieza a prepararte para las oposiciones de la Xunta de Galicia.
22 jul, 2024
El Ayuntamiento de Manzanares Anuncia Concurso-Oposición para 15 Plazas de Auxiliar de Ayuda a Domicilio
15 jul, 2024
El Ayuntamiento de Eivissa Convoca 20 Plazas de Auxiliar Administrativo/a
11 jul, 2024
¡Gran Sorteo de Grupo MEF: Gana Entradas Dobles para el Parque Warner de Madrid!
10 jul, 2024
En un esfuerzo por atender las crecientes necesidades de personal de la Administración Pública, el Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública ha anunciado la convocatoria de procesos selectivos para el ingreso y acceso en diversos cuerpos de la Administración General del Estado. La resolución, publicada el 9 de julio de 2024, destaca especialmente la oferta de plazas para los cuerpos de Auxiliar Administrativo y Administrativo.
08 jul, 2024
De las 25 plazas convocadas, 22 están destinadas al cupo general y 3 al cupo reservado para personas con discapacidad de grado igual o superior al 33%. En caso de que las plazas reservadas no se cubran, se sumarán al cupo general de acceso libre. Las plazas convocadas se distribuirán entre las localidades de Santiago de Compostela y Lugo.
05 jul, 2024
El Gobierno aprueba la oferta de empleo público para 2024 con 20.840 plazas de ingreso libre
Más entradas
Share by: