Diseño del blog

A Deputación de Lugo publica as bases e convocatoria para Aux. Administrativo

jul 22, 2022

A DEPUTACIÓN DE LUGO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 3 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO

REQUISITOS E SOLICITUDES: 

Para poder acceder a esta praza deberase estar en posesión do título de Graduado en ESO, equivalente ou superior así como Celga 4 ou equivalente.
O prazo de presentación de solicitudes aberto ate o 11/08/2022

PROCESO SELECTIVO
EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio 

A elección do tribunal, o primeiro exercicio poderá consistir nas seguintes opcións:
  • Exposición por escrito de 1 tema de carácter xeral relacionado cas materias comúns cun tempo máximo para realizar o exercicio de 1 hora e 30 minutos
  • Exposición por escrito de 1 tema seleccionado por sorteo entre os contidos das materias comúns cun tempo máximo para realizar o exercicio de 1 hora
  • Exercicio tipo test dun máximo de 20 preguntas e 2 preguntas de reserva, con 3 respostas alternativas que abarque a totalidade do programa de materias comúns cun tempo máximo para realizalo de 25 minutos.
EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos

Exposición por escrito de 1 tema seleccionado por sorteo entre os temas de materia específica. 

Este exercicio será lido polas persoas aspirantes diante do tribunal, na data que este determine, podendo asistir á mencionada lectura as mesmas aspirantes. 
O tribunal poderá realizar preguntas sobre o contido dos temas ou solicitar aclaracións en relación coa proba realizada, de xeito que lle permita formar unha opinión máis precisa dos coñecementos de cada persoa aspirante. 

EXERCICIO 3 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos
Suposto práctico que terá por obxecto comprobar a aplicación práctica dos coñecementos que se inclúen nas materias específicas nun suposto concreto que responda ás funcións ou tarefas das prazas que se convocan.

Este exercicio poderá ser lido polas persoas aspirantes diante do Tribunal, a proposta deste, na data que este determine, podendo asistir as demais persoas aspirantes.
O tribunal poderá formular preguntas sobre o contido do exercicio ou solicitar aclaracións en relación coa proba realizada, de xeito que lle permita formar unha opinión máis precisa das hablidades profesionais de cada persoa.
O tribunal decidirá se as persoas aspirantes, para a realización do exercicio poden vir provistas da normativa, exluíndose textos doutrinais, textos legais concordados, anotados e/ou comentados, formularios ou similares. 
Este exercicio poderá ser realizado ou transcrito utilizando as ferramentas informáticas que sexan necesarias a criterio do tribunal 

EXERCICIO 4.

Exentos aqueles aspirantes que acreditasen estar en posesión do título, Celga4 ou equivalente

TEMARIO: 
  1. A Constitución española de 1978
  2. Nocións xerais sobre a Coroa e os Poderes do Estado.
  3. Réxime local español. 
  4. As Comunidades Autónomas
  5. Organización territorial do Estado na Constitución
  6. A provincia no réxime local
  7. Principios de actuación da Administración Pública
  8. O sometemento da Administración á Lei e ao Dereito
  9. A Unión Europea
  10. Concepto de interesado
  11. Os rexistros
  12. Os Documentos Públicos
  13. O acto administrativo
  14. Fases do procedemento administrativo
  15. A obriga de resolver
  16. O persoal ao servizo das Entidades Locais
  17. As Facendas Locais
  18. Os Orzamentos Locais
  19. O contrato administrativo
  20. Competencias dixitais

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: