Diseño del blog

O Concello de Avión publica as bases e convocatoria para 1 praza de limpador/a

jul 21, 2022

O CONCELLO DE AVIÓN PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE LIMPADOR/A

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ter a nacionalidade española. Ademais, de conformidade co establecido nos artigos 57 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público e 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, poderán acceder as persoas que posúan a nacionalidade doutros estados membros da Unión Europea así como as persoas estranxeiras que sexan cónxuxes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separadas de dereito, e os seus descendentes e os do cónxuxe, sempre que non estean separados de dereito, que sexan menores de 21 anos ou maiores que vivan as súas expensas. As mesmas regras aplicaranse, de ser o caso, ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa aplicable a libre circulación de persoas traballadoras.
  • Ter cumpridos 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Estar en posesión, ou en condición de obter, o certificado de escolaridade, de estudos primarios ou equivalente
  • Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións, sen prexuízo de que sexan admitidas persoas con diversidade funcional en igualdade de condicións ca as demais persoas aspirantes.
  • Non estar separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais do Estado ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial firme. No caso de ser nacional doutro estado, non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida o acceso ao emprego público no seu estado nos mesmos termos.
  • Non incorrer en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.
As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica, a través da sede electrónica ou por calquera dos procedementos que prevé o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de  outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública. As instancias dirixiránselle ao alcalde do  Concello de Avión e presentaranse no prazo de 20 días hábiles, é dicir, ate o día 18/08/2022

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1.   Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 30 minutos

Cuestionario tipo test de 20 preguntas, con varias  respostas alternativas das que só unha será a correcta, sobre o  contido do programa da convocatoria 

O comezo do exercicio da oposición, que en ningún caso será  antes do mes de novembro de 2022, deberá anunciarse cun  mínimo de 15 días naturais de antelación no Boletín Oficial da  Provincia de Ourense


TEMARIO :
  1. A Constitución española de 1978
  2. O Estatuto de autonomía de Galicia
  3. O municipio
  4. Conceptos xerais sobre sistemas de limpeza de edificios  públicos.
  5. Os produtos de limpeza
  6. Útiles, instrumentos, ferramentas e maquinaria de uso común en labores de limpeza
  7. A desinfección pola limpeza.
  8. Procedementos para limpeza de chans, de mobiliario de oficina, de equipos informáticos, de material técnico e de sanitarios, baños e duchas. Produtos de uso habitual
  9. Eliminación de diferentes tipos de manchas das superficies lavables
  10. Manipulación, transporte, almacenamento de produtos.
  11. Medidas de seguridade e hixiene para a protección dos/as traballadores/as
  12. Prevención de accidentes

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: