Diseño del blog

O Concello de Avión publica as bases e convocatoria para cubrir 1 praza de administrativo/a

jul 21, 2022

O CONCELLO DE AVIÓN PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ter a nacionalidade española. Ademais, de conformidade cestablecido nos artigos 57 do texto refundido da Lei do Estatutbásico do empregado público e 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, poderán acceder as persoas que posúan a nacionalidade doutros estados membros da Unión Europea así como as persoas estranxeiras que sexan cónxuxes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separadas de dereito, e os seus descendentes e os do cónxuxe, sempre que non estean separados de dereito, que sexan menores de 21 anos ou maiores que vivan as súas expensas. As mesmas regras aplicaranse, de ser o caso, ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa aplicable a libre circulación de persoas traballadoras.
  • Ter cumpridos 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Estar en posesión, ou en condición de obter, o título académico oficial de bacharel, formación profesional de segundo grado ou equivalente de conformidade co disposto na Orde EDU/1603/2009, de 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
    • As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, de ser o caso, a homologación do título. Este requisito non se lles aplicará ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional no ámbito das profesións reguladas ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea
  • Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións, sen prexuízo de que sexan admitidas persoas con diversidade funcional en igualdade de condicións ca as demais persoas aspirantes
  • Non estar separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais do Estado ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial firme. No caso de ser nacional doutro estado, non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida o acceso ao emprego público no seu estado nos mesmos termos
  • Non incorrer en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente
  • Acreditar o coñecemento da lingua galega de acordo co establecido no artigo 51 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e na forma establecida na base seguinte
As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica, a través da sede electrónica ou por calquera dos procedementos que prevé o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de  outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública. As instancias dirixiranse ao alcalde do  Concello de Avión, e presentaranse no prazo de 20 días hábiles,  contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio  da convocatoria no Boletín Oficial do Estado, e dicir, ate o 18/08/2022

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 60 minutos

En ningún caso será antes do  mes de novembro de 2022, deberá anunciarse cun mínimo de  15 días naturais de antelación no Boletín Oficial da Provincia de  Ourense

Cuestionario tipo test  de 50 preguntas, con catro respostas alternativas das que só  unha será a correcta, sobre o contido do programa da convocatoria

EXERCICIO 2 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 60 minutos

Desenvolver por escrito un tema entre dous propostos polo Tribunal sobre o contido do programa da convocatoria aínda que  non necesariamente pode circunscribirse a un tema en concreto senón que pode comprender asuntos relacionados con dous  ou máis temas

EXERCICIO 3 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 90 minutos

Resolver un ou varios supostos prácticos que  determinará o Tribunal, con supostos relacionados coas materias obxecto do temario relativas ás tarefas administrativas  propias desta praza

EXERCICIO 4. Cun tempo de 30 minutos

As persoas aspirantes que non demostren o coñecemento da  lingua galega a través do correspondente certificado (Celga 3  ou equivalente) terán que realizar obrigatoriamente unha  proba específica de lingua galega que consistirá nunha tradución do castelán ao galego, adecuada ao nivel e contido da  praza convocada

TEMARIO:
  1. A Constitución española de 1978
  2. A Coroa na Constitución de 1978.
  3. As Cortes Xerais
  4. O Goberno na Constitución
  5. O Poder Xudicial
  6. O Estado
  7. A organización territorial do Estado español
  8. O acto administrativo
  9. O procedemento administrativo
  10. A terminación do procedemento
  11. A revisión dos actos administrativos
  12. Especialidades do procedemento administrativo local.
  13. Os dereitos das persoas nas súas relacións coas administracións públicas.
  14. As formas da actividade administrativa
  15. O servizo público
  16. Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector  público.
  17. As partes na contratación pública
  18. O procedemento de contratación
  19. O municipio
  20. A organización municipal
  21. Funcionamento dos órganos colexiados locais
  22. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais.
  23. As formas de actividade das entidades locais.
  24. A licenza urbanística
  25. A provincia
  26. Outras entidades locais
  27. O persoal ao servizo das entidades locais
  28. Dereitos e deberes dos empregados públicos
  29. A potestade sancionadora
  30. Os bens das entidades locais
  31. O orzamento das entidades locais
  32. Principios orzamentarios.
  33. As facendas locais
  34. Contabilidade da execución do orzamento de gastos. Contabilidade do orzamento de ingresos. Contabilidade do activo non corrente e activos financeiros. Pasivos financeiros.
  35. Operacións non orzamentarias.
  36. A liquidación do orzamento e a conta xeral.

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: