Diseño del blog

A Deputación de Pontevedra publica as bases e convocatoria para 1 praza de Técnico/a auxiliar de formación (Prom. Int.)

jul 26, 2022

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE TÉCNICO/A AUXILIAR DE FORMACIÓN POLO SISTEMA SELECTIVO DE CONCURSO-OPOSICIÓN (PROM. INTERNA)

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do TRLEBEP respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados.
  • Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non superar, no seu caso, a idade máxima de xubilación forzosa
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza á que aspiran.
  • Non estar separadas por un expediente disciplinario do servizo de calquera Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de persoal funcionario do que estivesen separadas ou inhabilitadas. No caso de ser nacionais doutro estado, non atoparse inhabilitadas ou en situación equivalente nin estar sometidas a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado e nos mesmos termos, acceder ao emprego público
  • Estar en posesión do título de bacharelato ou de técnica/o, ou estar en condicións de obtelo o día en que remate o prazo de presentación de instancias
  • Ser funcionaria ou funcionario de carreira da Deputación de Pontevedra en situación administrativa de servizo activo e acreditar unha antigüidade de, polo menos, dous anos de forma definitiva nunha praza de auxiliar de Administración xeral ou auxiliar informático do grupo C2 neste organismo provincial
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do  formulario normalizado “217424 Procedementos de selección para o acceso ao emprego  público”, dispoñiblena Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal),  de acordo co establecido no artigo 14.2.e) da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento  administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

En caso de presentar a solicitude de forma presencial requiriráselles que a emenden mediante  a súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da  solicitude aquela na que se realizase a emenda. En todo caso, se esta emenda se efectuase fóra do  prazo de admisión de solicitudes, esta deberá limitarse á presentación electrónica do entregado  previamente de xeito presencial, sen que poidan engadirse outros datos ou documentos ou  rectificar os xa achegados.

Para a presentación das solicitudes a través do rexistro electrónico, a Sede electrónica da  Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla  a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario  e contrasinal), e os certificados electrónicos (incluído o DNIe)

O prazo para presentar as solicitudes será de 20  días naturais, contados a partir do  día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante   extracto, e previa publicación do texto íntegro das bases e da convocatoria no Boletín Oficial da  Provincia de Pontevedra (BOPPO) e do extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG), é dicir, ate o día 15/08/2022

Será requisito necesario para participar nas probas selectivas aboar, dentro do prazo de   presentación de instancias, os dereitos de exame e os gastos de tramitación que no seu caso   determine a entidade bancaria. A falta de pago neste prazo non será emendable. O comprobante,  que se descargará xunto coa solicitude de participación, poderase pagar en calquera sucursal,  por banca electrónica e nos caixeiros habilitados de ABANCA. A través da súa páxina web  (http://www.abanca.com/gl/pago-de-recibos) poderase realizar o pagamento con tarxeta sen  necesidade de ser clienta ou cliente da entidade, introducindo os datos identificativos que  figuran na cabeceira do documento.

A taxa ascende a 15€

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 1 hora.

Consistirá en desenvolver por   escrito un tema, a elixir entre dous extraídos ao azar polo tribunal, un de cada unha das partes  específicas do programa. Posteriormente, as persoas  aspirantes serán convocadas polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que levará a cabo  a súa autora ou autor ou, se non fose posible, a persoa que designe ou un membro do tribunal.

EXERCICIO 2 . Obrigatorio e eliminatorio no tempo que marque o tribunal.

Resolución dun  suposto práctico relacionado coas materias xerais e específicas do programa. Posteriormente, e no caso de que proceda, as persoas aspirantes serán  convocadas polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que levará a cabo a súa autora  ou autor ou, se non fose posible, a persoa que designe ou un membro do tribunal

EXERCICIO 3. Obrigatorio e non eliminatorio 

Consistirá na tradución  directa ao idioma galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal.

No caso de non ter achegado a acreditación de coñecemento da lingua galega coa solicitude   de participación no proceso selectivo, poderá presentalo ata a data que determine o tribunal   no anuncio do exercicio inmediatamente anterior.

TEMARIO:
  1. A Constitución española de 1978
  2. A provincia.
  3. A función pública local.
  4. Prevención de riscos laborais. 
  5. Actividade subvencional das administracións públicas
  6. A formación para o emprego na Administración pública
  7. Os plans de formación das entidades locais.
  8. Tecnoloxías da información e da comunicación
  9. A teleformación na formación para o emprego
  10. A Administración electrónica.
  11. A xestión electrónica dos procedementos administrativos
  12. As indemnizacións por razón do servizo
  13. O entorno Moodle.
  14. Os bloques en Moodle
  15. Creación e configuración de categorías
  16. Xestión de persoas usuarias en Moodle
  17. Integración de contidos didácticos en Moodle
  18. Creación de actividades en Moodle.
  19. Principais ferramentas de interacción comunicativa en Moodle.
  20. Seguimento e avaliación do alumnado en Moodle

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: