Diseño del blog

O Concello de Navia de Suarna publica as bases e convocatoria para 2 prazas de Auxiliar Administrativo/a

jul 26, 2022

O CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 2 AUXILIARES ADMINISTRATIVOS/AS CON CARÁCTER INTERINO, FINANCIADOS CON CARGO Ó “PROGRAMA DE FOMENTO DE EMPREGO 2022” DA EXCMA. DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO. 

REQUISITOS E SOLICITUDES:
A vixencia da bolsa será ata o 31 outubro de 2023. A duración das interinidades será  como máximo de seis meses cada unha, sendo as funcións a realizar as seguintes: O  aspirante con maior puntuación realizará funcións de atención ao público, axuda na  tramitación e arquivo de expedientes e administración electrónica, o segundo aspirante  realizará funcións de apoio á Secretaría-Intervención en traballos de contabilidade.
  • Nacionalidade
    • Ter a nacionalidade española
    • Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional d algún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
    • Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, e dos nacionais dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estivesen separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de 21 anos ou maiores de dita idade dependentes
  • Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións. A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación.
  • Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.
  • Graduado en ESO ou equivalente.
  • Posuir un nivel de coñecemento do idioma galego equivalente o CELGA 4, de non ter o título haberá que realizar unha proba.
  • Estar en situación de desemprego ou de mellora de emprego. De acordo co establecido no último parágrafo do artigo 11.1 das Bases reguladoras do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2022: “É imprescindible que as persoas a contratar a través deste programa produzan novas contratacións no Concello, polo que a situación ou procedencia dos candidatos debe provir de situación de desemprego ou de mellora de emprego con independencia de que a xornada laboral sexa parcial ou completa, quedando excluídos os custos de persoal referidos a traballadores incluídos no cadro de persoal vixente do Concello”.
A solicitude para tomar parte nas correspondentes probas selectivas axustarase ó  modelo que figura como Anexo II das Bases, que se facilitará no Rexistro  Xeral do Concello e dirixirase ao Sr. Alcalde, no prazo de 5 días hábiles  contados dende a publicación do anuncio de convocatoria no Boletin Oficial da  Provincia de Lugo, é dicir, ate o día 01/08/2022

A presentación de solicitudes farase no Rexistro do Concello de Navia de Suarma en  horas de 9 a 14, ou a través das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1  de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas. No  caso de presentarse a solicitude en rexistro distinto ao do Concello de Navia de Suarna  deberá adiantarse por e-mail copia da instancia dentro do prazo de presentación das  solicitudes (concello.naviadesuarna@eidolocal.es). Tamén poderán presentarse a  través da sede electrónica do Concello na seguinte dirección  https://concellonaviadesuarna.sedelectronica.gal

PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO ÚNICO . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos

Cuestionario tipo test de 40  PREGUNTAS con respostas alternativas baseadas no contido do programa

PROBA DE GALEGO:
A proba consistirá na tradución dun texto en castelán para o galego ou en  galego para o castelán. Esta proba é obrigatoria e eliminatoria e cualificarase con apto  ou non apto. Os/as aspirantes que acrediten posuír con anterioridade ao día en que  remate o prazo de presentación de solicitudes o nivel de galego esixido nas Bases  específicas non terán que realizar esta proba

TEMARIO :
  1.  A Constitución Española de 1978
  2. As Comunidades Autónomas na Constitución Española de 1978
  3. A administración local.
  4. O procedemento administrativo
  5. O rexistro e arquivo de documentos.

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: