Diseño del blog

A Diputación de Pontevedra publica as bases e convocatoria para 1 praza de Administrativo/a

nov 28, 2022

A DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN

REQUISITOS E SOLICITUDES:


Posuír o título de bacharelato ou de técnica/o, ou estar en condicións de obtelo o día en que remate o prazo de presentación de instancias.


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1

Obrigatorio e NON eliminatorio

Tempo: 90 minutos (50 + 40)


Primeira Parte:

Consistirá en contestar por escrito un test de 40 preguntas con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ás materias contidas no programa.


Segunda Parte:

Consistirá en contestar por escrito 5 preguntas curtas relacionadas coas materias do programa.


EXERCICIO 2

Obrigatorio e NON eliminatorio

Tempo: 5 minutos


Consistirá nunha conversa do tribunal cualificador coa persoa aspirante en idioma galego que permita acreditar a capacidade de comunicación nesta lingua da persoa aspirante coa cidadanía


No caso de non achegar a acreditación de coñecemento da lingua galega coa solicitude de participación no proceso selectivo, poderá presentala ata a data que determine o tribunal no anuncio do exercicio inmediatamente anterior


TEMARIO:

  1. A Constitución española de 1978. Os principios constitucionais. Os valores superiores. Os dereitos e deberes fundamentais. A protección e suspensión dos dereitos fundamentais.
  2. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. Requisitos: a motivación e forma.
  3. A eficacia dos actos administrativos: o principio de autotutela declarativa. Condicións. A notificación: contido, prazo e práctica. A notificación defectuosa. A publicación. A aprobación por outra Administración. A demora e a retroactividade da eficacia. A executividade dos actos administrativos. A coacción administrativa directa. A vía de feito
  4. A invalidez do acto administrativo. Supostos de nulidade de pleno dereito e anulabilidade. O principio de conservación do acto administrativo. A revisión de actos e as disposicións pola propia Administración: supostos. A acción de nulidade, procedemento e límites. A declaración de lesividade. A revogación de actos. A rectificación de erros materiais ou de feito.
  5. Disposicións xerais sobre o procedemento administrativo. Os medios electrónicos aplicados ao procedemento administrativo común. A iniciación do procedemento: clases, corrección e mellora de solicitudes. Presentación de solicitudes, escritos e comunicacións. Os rexistros administrativos. Termos e prazos: cómputo, ampliación e tramitación de urxencia.
  6. Ordenación. Instrución: intervención das persoas interesadas, proba e informes. Singularidades do procedemento administrativo das entidades locais.
  7. Terminación do procedemento. A obriga de resolver. Contido da resolución expresa: principios de congruencia e de non agravación da situación inicial. A terminación convencional. A falta de resolución expresa: o réxime do silencio administrativo. A desistencia e a renuncia. A caducidade. A tramitación simplificada do procedemento administrativo común.
  8. Recursos administrativos: principios xerais. Actos susceptibles de recurso administrativo. Regras xerais de tramitación dos recursos administrativos. Clases de recursos. Procedementos substitutivos dos recursos administrativos: conciliación, mediación e arbitraxe.
  9. A xurisdición contencioso-administrativa. Natureza, extensión e límites. Órganos da xurisdición e as súas competencias.
  10. As partes: lexitimación. O obxecto do recurso contencioso-administrativo. O procedemento e a súa finalización: as sentenzas.
  11. As fontes do dereito local. Regulación básica do Estado e normativa das comunidades autónomas en materia de réxime local. A potestade regulamentaria das entidades locais: regulamentos e ordenanzas. Procedemento de elaboración. O regulamento orgánico. Os bandos.
  12. A provincia como entidade local. Organización e competencias. A cooperación municipal.
  13. O orzamento xeral das entidades locais: concepto e contido. A elaboración e a aprobación do Orzamento xeral. A prórroga orzamentaria. As modificacións de crédito: clases, concepto, financiación e tramitación.
  14. O persoal ao servizo das entidades locais: clases e réxime xurídico. A función pública local: clases de persoal. Os instrumentos de organización do persoal: cadros de persoal e relacións de postos de traballo. Os instrumentos reguladores dos recursos humanos: a oferta de emprego.
  15. Os dereitos e os deberes do persoal funcionario local. O réxime disciplinario. O réxime de responsabilidade civil, penal e patrimonial. O réxime de incompatibilidades
  16. Os bens das entidades locais: clases. Bens de dominio público. Bens patrimoniais. Bens comunais. Os montes veciñais en man común.
  17. A potestade sancionadora: concepto e significado. Principios do exercicio da potestade sancionadora. Especialidades do procedemento en materia sancionadora. Medidas sancionadoras administrativas. Especial referencia á potestade sancionadora local.
  18. Os contratos administrativos de obras, subministracións e servizos na esfera local. Procedemento para a selección de contratistas.
  19. A responsabilidade da Administración pública: caracteres. Os presupostos da responsabilidade. Danos resarcibles. A acción de responsabilidade. Principio do procedemento administrativo en materia de responsabilidade. A responsabilidade patrimonial das autoridades e do persoal ao servizo das administracións públicas.
  20. A expropiación forzosa. Suxeitos, obxecto e causa. O procedemento xeral. Garantías xurisdicionais. A reversión expropiatoria. Tramitación de urxencia. Procedementos especiais.
  21. Actividade subvencional das administracións públicas. Procedementos de concesión e xestión das subvencións. Reintegro de subvencións. Control financeiro. Infraccións e sancións administrativas en materia de subvencións.
  22. Prevención de riscos laborais: dereitos e obrigas. Protección de datos de carácter persoal: principios e dereitos da persoa. Igualdade efectiva de mulleres e homes: principio de igualdade. Violencia de xénero: principios reitores. Discapacidade e dependencia: principios.

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: