Diseño del blog

A Dieputación de Pontevedra publica as bases e convocatoria para 5 prazas de Auxiliar Administrativo/a

nov 28, 2022

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 5 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Título de Grao en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo o día en que remate o prazo de presentación de instancias.


Deberán terse en conta as equivalencias nas titulacións establecidas pola normativa reguladora aplicable, entre elas, a fixada na Orde EDU/1063/2009, de 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de Grao en Educación Secundaria Obrigatoria, regulados na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación.



PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1.

Obrigatorio e NON eliminatorio

Tempo: 75 minutos


Primeira Parte:

Consistirá en contestar por escrito un test de 30 preguntas con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ás materias contidas no programa.


Segunda Parte:

Consistirá en contestar por escrito un test de 10 preguntas prácticas con catro respostas alternativas relacionadas coas materias contidas no programa. 


EXERCICIO 2

Obrigatorio e NON eliminatorio

Tempo: 5 minutos


Consistirá nunha conversa do tribunal cualificador coa persoa aspirante en idioma galego que permita acreditar a capacidade de comunicación nesta lingua da persoa aspirante coa cidadanía


No caso de non achegar a acreditación de coñecemento da lingua galega coa solicitude de participación no proceso selectivo, poderá presentala ata a data que determine o tribunal no anuncio do exercicio inmediatamente anterior


TEMARIO:

  1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais das e dos españois.
  2. O acto administrativo: concepto, clases e elementos; requisitos dos actos administrativos. A obriga de resolver e actos presuntos
  3. A notificación: contido, prazo, práctica en papel e a través de medios electrónicos. A notificación infrutuosa. A publicación
  4. Eficacia nos actos administrativos. Nulidade e anulabilidade. Principio de conservación do acto administrativo
  5. O procedemento administrativo común. Fases do procedemento. A revisión de actos administrativos. A revogación de actos. A rectificación de erros materiais ou de feito. A declaración de lesividade. Os recursos administrativos.
  6. A provincia. Concepto e caracteres. Organización e competencias.
  7. A función pública local. Concepto e clases de persoal. Dereitos e deberes das e dos empregados públicos. O réxime disciplinario.
  8. Os contratos administrativos de obras, subministracións e servizos na esfera local. Procedemento para a selección de contratistas.
  9. O orzamento das entidades locais: concepto e contido. Elaboración, aprobación e prórroga. As modificacións de crédito.
  10. Os recursos das facendas locais. Clasificación dos recursos locais. Os tributos locais: principios. A potestade regulamentaria das entidades locais en materia tributaria. Contido e tramitación das ordenanzas fiscais
  11. Prevención de riscos laborais: dereitos e obrigas. Protección de datos de carácter persoal: principios e dereitos da persoa. Igualdade efectiva de mulleres e homes: principio de igualdade. Violencia de xénero: principios reitores. Discapacidade e dependencia: principios.

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: