Diseño del blog

A Deputación de Pontevedra publica as bases e convocatoria para 2 prazas de técnico/a auxiliar en educación diurna

nov 28, 2022

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 2 PRAZAS DE TÉCNICO/A AUXILIAR EN EDUCACIÓN DIURNA

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Deberán posuír o título de bacharelato ou de técnica/o ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo o día en que remate o prazo de presentación de instancias.


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1

Obrigatorio e NON eliminatorio

Tempo: 90 minutos (50 + 40)


Primeira Parte:

Consistirá en contestar por escrito un test de 40 preguntas con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ás materias contidas no programa.


Segunda Parte:

Consistirá en contestar por escrito 5 preguntas curtas relacionadas coas materias do programa.


EXERCICIO 2

Obrigatorio e NON eliminatorio

Tempo: 5 minutos


Consistirá nunha conversa do tribunal cualificador coa persoa aspirante en idioma galego que permita acreditar a capacidade de comunicación nesta lingua da persoa aspirante coa cidadanía


No caso de non achegar a acreditación de coñecemento da lingua galega coa solicitude de participación no proceso selectivo, poderá presentala ata a data que determine o tribunal no anuncio do exercicio inmediatamente anterior


TEMARIO:

  1. A provincia: concepto e caracteres. A organización provincial. Competencias.
  2. A función pública local. Conceptos e clases de persoal. Dereitos e deberes das e dos empregados públicos. Réxime disciplinario
  3. Prevención de riscos laborais. Dereitos e obrigas. Protección de datos. Principios e dereitos da persoa. Igualdade. Principios reitores.
  4. Instrumentos para a observación e a recollida de datos. A entrevista: metodoloxía, tipos e obxectivos.
  5. Normativa sobre a responsabilidade penal de menores. Medidas susceptibles de ser impostas a menores infractoras e infractores e medidas alternativas ao internamento. Intervención socioeducativa con menores en conflito coa lei penal
  6. Acoso entre menores. Medidas de prevención. Detección das situacións. Medidas de actuación nun centro de menores.
  7. A intervención en contextos familiares en risco social: intervención, orientación e metodoloxía da intervención. Marco normativo en materia de familias no ámbito estatal e autonómico: principais instrumentos normativos.
  8. Alimentación e nutrición na infancia e na adolescencia. Hábitos de hixiene, autocoidado e vestido, segundo as etapas evolutivas da e do menor. O traballo do persoal técnico educativo nestes ámbitos
  9. Os centros de menores na Comunidade Autónoma de Galicia. Lexislación. Organización e documentos de planificación: Proxecto educativo de centro e Regulamento de réxime interior
  10. Documentos de aplicación nun centro de menores (I): protocolo de ingreso e acollida, protocolo de elaboración e seguimento do proxecto educativo individualizado (PEI) e protocolo de saída
  11. O persoal técnico educativo e a súa intervención en contextos multiculturais. Intervención con minorías étnicas. O papel do persoal técnico educativo na intervención con menores con dificultades asociadas a discapacidades: motoras, sensoriais e cognitivas.
  12. As e os menores como suxeitos de dereitos e deberes nos centros de protección. Lexislación. Maltrato infantil e abuso sexual a menores. Protocolos de actuación e intervención socioeducativa.
  13. Principais instrumentos xurídicos de protección á infancia e á adolescencia. Situacións de desprotección e medidas protectoras que se poden adoptar, segundo os casos.
  14. Alimentación e nutrición na infancia e na adolescencia (II). O tempo de comer como momento educativo. Actitudes das e dos menores ante a comida. Problemas máis frecuentes que poden presentarse segundo a etapa evolutiva.
  15. O desenvolvemento da autonomía na infancia. A participación e colaboración das nenas e dos nenos nas actividades da vida diaria e na satisfacción das súas necesidades básicas. O cambio de cueiros. O control de esfínteres. Principios de intervención.
  16. Programa de atención a menores en centro de día. Organización e funcionamento: finalidade e obxectivos. Tipos de atención. Metodoloxía da intervención. Características das persoas destinatarias. Modelo educativo.
  17. Programa de atención residencial a menores. Características. Elementos básicos da atención residencial: a interacción e a comunicación coas e cos menores. Áreas da atención residencial: obxectivos e método de intervención.
  18. Marco legal dos servizos sociais a nivel autonómico e local. A Lei 3/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia
  19. Técnicas de habilidades sociais e resolución de conflitos. Manexo de habilidades e comunicación para a resolución de conflitos con menores e entre menores.
  20. Documentos de aplicación nun centro de menores: protocolo de reforzo educativo e medidas correctivas e protocolo do réxime de visitas, saídas e comunicacións. Aspectos internos derivados da súa aplicación.
  21. A organización e o funcionamento dun centro de acollemento. Órganos internos (unipersoais e pluripersoais). O papel do persoal técnico educativo nestes órganos. Documentos programáticos e de avaliación do centro: Programación anual e memoria anual.
  22. O xogo: teorías, tipoloxías e destinatarios. O traballo do persoal técnico educativo.

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: