Diseño del blog

A Deputación de Pontevedra publica as bases e convocatoria para 1 praza de técnico/a auxiliar en educación nocturna

nov 28, 2022

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE TÉCNICO/A AUXILIAR DE EDUCACIÓN NOCTURNA

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Deberán posuír o título de bacharelato ou de técnica/o ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo o día en que remate o prazo de presentación de instancias.


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1

Obrigatorio e NON eliminatorio

Tempo: 90 minutos (50 + 40)


Primeira Parte:

Consistirá en contestar por escrito un test de 40 preguntas con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ás materias contidas no programa.


Segunda Parte:

Consistirá en contestar por escrito 5 preguntas curtas relacionadas coas materias do programa.


EXERCICIO 2

Obrigatorio e NON eliminatorio

Tempo: 5 minutos


Consistirá nunha conversa do tribunal cualificador coa persoa aspirante en idioma galego que permita acreditar a capacidade de comunicación nesta lingua da persoa aspirante coa cidadanía


No caso de non achegar a acreditación de coñecemento da lingua galega coa solicitude de participación no proceso selectivo, poderá presentala ata a data que determine o tribunal no anuncio do exercicio inmediatamente anterior


TEMARIO:

  1. A provincia: concepto e caracteres. A organización provincial. Competencias
  2. A función pública local. Conceptos e clases de persoal. Dereitos e deberes das e dos empregados públicos. Réxime disciplinario
  3. Prevención de riscos laborais. Dereitos e obrigas. Protección de datos. Principios e dereitos da persoa. Igualdade. Principios reitores
  4. A importancia do sono na saúde das e dos menores e no rendemento escolar. Relación entre alimentación e sono en menores. Intervención socioeducativa.
  5. Instrumentos para a observación e a recollida de datos. A entrevista: metodoloxía, tipos e obxectivos.
  6. Normativa sobre a responsabilidade penal de menores. Medidas susceptibles de ser impostas a menores infractoras e infractores e medidas alternativas ao internamento. Intervención socioeducativa con menores en conflito coa lei penal.
  7. Acoso entre menores. Medidas de prevención. Detección das situacións. Medidas de actuación nun centro de menores.
  8. Medidas preventivas e de hixiene do sono, segundo a idade das e dos menores. Causas e efectos da privación do sono en menores
  9. As e os menores como suxeitos de dereitos e deberes nos centros de protección. Lexislación. Maltrato infantil e abuso sexual a menores. Protocolos de actuación e intervención socioeducativa
  10. Problemas relacionados co control de esfínteres en menores. A enurese e a encoprese nocturnas en menores. Causas. Consecuencias. Medidas de intervención.
  11. Os centros de menores na Comunidade Autónoma de Galicia. Lexislación. Organización e documentos de planificación: Proxecto educativo de centro e Regulamento de réxime interior.
  12. Documentos de aplicación nun centro de menores: protocolo de ingreso e acollida, protocolo de elaboración e seguimento do proxecto educativo individualizado (PEI) e protocolo de saída.
  13. Os trastornos do sono na infancia e na adolescencia: pesadelos e terrores nocturnos. Insomnio e somnambulismo. Concepto, causas e consecuencias. Medidas de intervención
  14. O persoal técnico educativo e a súa intervención en contextos multiculturais. Intervención con minorías étnicas e intervención con MENAS.
  15. Actuacións ante unha emerxencia nocturna: trastornos gastrointestinais, procesos febrís, respiratorios (asma) e de ansiedade en menores.
  16. Principais instrumentos xurídicos de protección á infancia e á adolescencia. Situacións de desprotección e medidas protectoras que se poden adoptar, segundo os casos.
  17. Actuacións do persoal técnico de educación nocturna. Ingresos de emerxencia. Saídas non autorizadas. Protocolo de actuación.
  18. Actuacións do persoal técnico de educación nocturna ante problemas de orde ou alteración de condutas. Consumo de alcohol e doutras substancias. Actuacións. Manexo de habilidades e comunicación para a resolución de conflitos con menores e entre menores.
  19. Normativa reguladora en Galicia en materia de familia, infancia e adolescencia. Marco legal dos Servizos Sociais a nivel autonómico e local.
  20. O papel do persoal técnico educativo nocturno na intervención con menores con dificultades asociadas a discapacidades: motoras, sensoriais e cognitivas. Creación de hábitos de autonomía e recursos utilizables para o seu logro
  21. A organización e o funcionamento dun centro de acollemento. Órganos internos (unipersoais e pluripersoais). O papel do persoal técnico educativo nestes órganos. Documentos programáticos e de avaliación do centro: programación anual e memoria anual.
  22. Programa de atención residencial a menores. Características. Elementos básicos da atención residencial: a interacción e comunicación coas e cos menores. Áreas da atención residencial: obxectivos e método de intervención.

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: