Diseño del blog

O Concello de Carballedo publica as bases e a convocatoria para 4 prazas de operario/a de servizos múltiples

dic 05, 2022

O CONCELLO DE CARBALLEDO PUBLICA AS BASES E A CONVOCATORIA PARA 4 PRAZAS DE OPERARIO/A DE SERVIZOS MÚLTIPLES

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no art. 57 do TREBEP: Ser cidadán da Unión Europea ou seu cónxuxe, sempre que non estean separados/as de dereito, así como os seus descendentes e os do/a seu/súa cónxuxe sempre que non estean separados/as de dereito, sexan menores de vinte e un (21) anos ou maiores dependentes. Estar incluído/a no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrado pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de persoas traballadoras. 
  •  Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas das prazas/postos que se convocan. 
  • Ter cumpridos dezaseis (16) anos e non alcanzar a idade de xubilación forzosa. 
  • Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban, no seu caso, o persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional de outro estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público
  • Estudios primarios 
  •  Celga 2


O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOE. 


PROCESO SELECTIVO

EXERCICIO 1.

Obrigatorio e non eliminatorio

Tempo: 1 hora


Consistirá nun exercicio tipo test de 10 preguntas con tres respostas alternativas e 2 preguntas de reserva


PROBA DE GALEGO 

Obrigatoria e eliminatoria


Consistirá na tradución dun texto de castelán para galego ou de galego para castelán, cuxo contido corresponderá ao esixido para a obtención da acreditación do nivel de galego que se esixe.


Estarán exentos da realización da proba de galego as persoas aspirantes que acrediten posuír, dentro do prazo de presentación de solicitudes, o nivel de galego Celga 2 ou equivalente.


TEMARIO:

  1. Drenaxe. Cunetas ou gabias: materiais e execución. 
  2. Drenaxes profundas: materiais e execución. Execución das obras en casos normais. 
  3. Firmes e pavimentos. Capas granulares. Mesturas bituminosas. Composición, materiais, ensaios elementais e execución. 
  4. Formigóns: características, composición e dosificación. Encofrados. 
  5. Coñecementos xerais da maquinaria empregada na construción e conservación de estradas. 6.- Operacións de conservación ordinarias: descrición e tarefas. 
  6. Atención de emerxencias. Viabilidade invernal. Limpeza de neve e tratamento antixeo.
  7. Principios xerais en materia de seguridade e saúde aplicables ás actuacións en estradas. 
  8. Sinalización de seguridade e saúde no lugar de traballo: cores de seguridade. 
  9. Tipos de sinais. Sinalización, balizamento e defensas. Sinalización horizontal e vertical de estradas. 

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: