Diseño del blog

O Concello de Carballedo publica as bases e convocatoria para 4 prazas de auxiliar de axuda no fogar

dic 05, 2022

O CONCELLO DE CARBALLEDO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 4 PRAZAS DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no art. 57 do TREBEP: Ser cidadán da Unión Europea ou seu cónxuxe, sempre que non estean separados/as de dereito, así como os seus descendentes e os do/a seu/súa cónxuxe sempre que non estean separados/as de dereito, sexan menores de vinte e un (21) anos ou maiores dependentes. Estar incluído/a no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrado pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de persoas traballadoras. 
  •  Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas das prazas/postos que se convocan. 
  • Ter cumpridos dezaseis (16) anos e non alcanzar a idade de xubilación forzosa. 
  • Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban, no seu caso, o persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional de outro estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público
  • Titulación académica (complemento da base xeral 4 apartado e) De acordo co apartado c) do art. 135, do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril; polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; co art. 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto: e coa disposición adicional sexta do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido la Lei do estatuto básico do empregado público (TREBEP), estar en posesión do título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real Decreto 496/03, de 2 de maio, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
  • Considerase como equivalente o título de técnico en cuidados auxiliares de enfermería ou o título de técnico en atención a persoas en situación de dependencia.
  • Nivel de coñecemento de Galego Celga 2 


O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOE.


PROCESO SELECTIVO

EXERCICIO 1.

Obrigatorio e non eliminatorio

Tempo: 1 hora


Consistirá nun exercicio tipo test de 10 preguntas con tres respostas alternativas e 2 preguntas de reserva


PROBA DE GALEGO 

Obrigatoria e eliminatoria


Consistirá na tradución dun texto de castelán para galego ou de galego para castelán, cuxo contido corresponderá ao esixido para a obtención da acreditación do nivel de galego que se esixe.


Estarán exentos da realización da proba de galego as persoas aspirantes que acrediten posuír, dentro do prazo de presentación de solicitudes, o nivel de galego Celga 2 ou equivalente.


TEMARIO:

  1. O servicio de axuda no fogar: obxectivos do SAF. Organización do SAF. Tema 2.- O auxiliar da axuda no fogar: concepto, marco legal. 
  2. O perfil dos auxiliares de axuda no fogar: condicións xerais da actuación do auxiliar da axuda a domicilio. Dereitos e deberes dos usuarios. 
  3. Funcións do auxiliar de axuda a domicilio: educación, formación, prevención, reacción ante as situacións de urxencia. Traballo en equipo. II) Actuacións de carácter doméstico
  4. Coidados da vivenda: limpeza diaria; limpeza semanal; limpeza temporal; reparto do material de limpeza. 
  5. Utensilios de limpeza. Os produtos químicos de limpeza. Interpretación da etiquetaxe. A roupa sucia. 
  6. Condicións de hixiene: a humidade; a calefacción; a aireación; a desinfección; a desinsectación; a desratización; a iluminación e o aillamento. 
  7. A vivenda. Economía doméstica: prezos de mercado e técnicas de compra. Manexo de electrodomésticos e útiles de cociña. Organización da despensa.
  8. Prevención de accidentes na vivenda: prevención de caídas e organización de espazos, iluminación, cuartos de baño e cociña. Aparatos eléctricos. III) Actuacións de carácter persoal
  9. Hábitos hixiénicos nas persoas maiores: a limpeza corporal e o vestido. 
  10. A cama: tipos de cama e accesorios. Xeitos de facer unha cama. 
  11. Administración de medicamentos: 1) condicións xerais; 2) vías de administración. IV) Actuacións de carácter xeral 
  12. Preparación para pasar a noite. A primeira vez que se levanta o encamado. Preparación técnica para comer na cama. 
  13. Manipulación de alimentos: hixiene alimentaria, intoxicacións alimentarias
  14. O maltrato: 1) definición; 2) clasificación; 3) signos indicadores de malos tratos; 4) diagnose; 5) perfil do mal coidador; 6) respostas ao problema. VI) Asistencia aos pacientes crónicos e terminais

Contáctenos

16 may, 2024
¡Nueva convocatoria! Deputación de Pontevedra
15 may, 2024
Convocatoria de Contratación de Socorristas en Malpica de Bergantiños
15 may, 2024
Convocatoria para Formación de Bolsa de Empleo de Socorristas en el Concello da Pobra do Caramiñal
15 may, 2024
Convocatoria y Bases Reguladoras del Proceso Selectivo para Cobertura en Propiedad de Plazas de Administrativo/a en el Ayuntamiento de Arteixo
15 may, 2024
Convocatoria de Listas para Desempeño Transitorio de Puestos Reservados en Galicia: Oportunidad Laboral para Funcionarios. Orientador Laboral A2
13 may, 2024
Oposiciones para Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos USC
12 may, 2024
Maximiza Tu Potencial Profesional con las Exclusivas Becas de 24 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
Despega Tu Carrera con las Exclusivas Becas de 12 Meses de GRUPO MEF para Estudiantes de Empleo Público
12 may, 2024
¡Acelera Tu Carrera con las Becas de 18 Meses de GRUPO MEF para Empleo Público!
03 may, 2024
Convocatoria del SERGAS. Tienes hasta el 30 de mayo de 2024
Más entradas
Share by: